Arquivo da etiqueta: o futuro da Revolución

TRES PREMISAS PARA O FUTURO DA REVOLUCIÓN, POR HEINZ DIETERICH

Aceptando o desafío de Fidel na Universidade, de discutir agora como se pode garantir o futuro da Revolución, o sociólogo xermano-mexicano Heinz Dieterich establece que reformas serán precisas no sistema de debate interno. Dieterich é autor con Chomsky do libro A Sociedade Global e é ben coñecida a súa opinión de que o Socialismo Real caeu por erros humanos internos.

  1. Fidel define a tarefa: 17 de novembro, 2005O 17 de novembro do 2005, Fidel advirte na Universidade da Habana sobre o risco de a Revolución Cubana ter un final coma o da soviética. Para impedilo define o labor por facer: cal serían as ideas ou o grao de conciencia que farían imposíbel a reversión dun proceso revolucionario?Trátase dunha invitación ao debate universal, unha convocatoria á solidariedade da razón. Pero a solidariedade mundial non o entende así. Entra nunha fase de choque, cando o Comandante que durante case cincuenta anos aseverou que a revolución é invencible, que “o socialismo é inmortal e o Partido eterno”, afirma de vez publicamente o contrario. É un terremoto epistemolóxico: o Comandante transmite a certeza, da vitoria final, reintroduce a dialéctica no discurso oficial cubano, sen advertencia, sen limiar, sen filtros. Trata de dialectizar o estancamento, coma diría Bertold Brecht,Incrédula ante o acontecido, a solidariedade mundial non reacciona ante a convocatoria do Comandante: non aporta as ideas que solicita Fidel; cala e, nalgúns casos, desaparece o discurso do Comandante dos foros públicos de debate. É unha reacción lóxica, humana, porque a pura idea da desaparición de Fidel enche o corazón de tristeza. Pero, obxectivamente, é un acto do que Herbert Marcuse chamaba a tolerancia represiva, unha tolerancia que prexudica á causa que o Comandante procura avanzar.
  2. O ministro de Estado reclama prestar atención á convocatoria de FidelO 23 de decembro, 2005, o capaz ministro de Estado e ex-secretario persoal de Fidel, Felipe Pérez Roque, chama outravolta a atención sobre o discurso de Fidel. Insiste ante o parlamento cubano, a Asemblea Nacional do Poder Popular (ANPP), que “debemos prestar toda a atención a ese chamado feito por Fidel na universidade, a esa frase non pronunciada publicamente antes na historia da Revolución: a Revolución pode ser reversible, e non polo inimigo que fixo todo o posible por conseguilo, senón polos nosos erros”
  3. Os tres aneis de defensa revolucionaria do MinistroFelipe suscita tres políticas ou premisas destinadas a salvar a Revolución, para cando a morte de Fidel “deixe o baleiro que ninguén pode encher e que teremos que encher entre todos como povo”, e pide aos futuros gobernantes que actúen dende agora para evitaren o posíbel regreso ao capitalismo.– Manter a autoridade moral da dirección, mediante un liderado baseado no exemplo e sen privilexios fronte ao pobo.– Garantir o apoio da maioría da poboación, “non sobre a base do consumo material, senón sobre a base das ideas e as conviccións”.– Impedir que xurda unha nova burguesía “que sería outra vez, se a deixamos saír, pro-ianqui, pro-trasnacional. Non podemos caer en inxenuidades; o asunto decisivo é a quen damos prioridade: se ás maiorías e ao pobo ou a minoría oligárquica transnacional e pro-ianqui; o asunto é de quen é a propiedade, se do pobo, das maiorías, ou se é da minoría corrupta e submisa fronte o imperialismo ianqui”
  4. ¿Darán salvado a Revoluciónas tres blindaxes?A primeira proposta do Ministro é, evidentemente, correcta e necesaria. Haberá que ver se a futura configuración do sistema político cubano permitirá impoñela. En canto ao segundo imperativo, que se refire á dialéctica entre o espiritual e o material, compre tomar en conta o dictum de Lenin de que a estabilidade dunha clase dominante, neste caso, unha clase dirixente, non pode desvincularse da súa capacidade de resolver a tarefa da produción. Dediquemos o seguinte punto a este problema.
  5. Ética, consumo e coñecementoA idea central expresada por Fidel en novembro e agora por Pérez Roque é que a lealdade do pobo aos dirixentes e o seu proxecto histórico ten o seu cerne na ética (valores, ideas e conviccións) e non do consumismo. Definida así, a unidade dialéctica dos contrarios da realidade cubana non é reflectida adecuadamente. A contradición correcta sería: ética e consumo, non ética e consumismo.Para toda época hai, como explicara Marx, un fondo de consunción do traballador históricamente determinado que se expresa, en termos do proceso de valorización do capital, no capital variábel. Ese fondo de consunción determina, esencialmente e en forma estratificada, a calidade de vida material da xente. Actualmente, este patrón de consumo dominante a nivel global é o da clase media do Primeiro Mundo e aínda que sega a ser inatinxíbel para as maiorías, exerce unha atracción irresistíbel: a tal grado que moitos arriscan a vida para chegaren aos países do consumo.A ética idealista que segue ao escurantismo platónico, reforzado diariamente pola hipócrita moralina do catolicismo, descoñece ese consumo -o material-sensual-carnal— como valor. Para o socialismo revolucionario e a ciencia, que parten do binomio constitutivo da materialidade-enerxía do universo, toda ética ha ser materialista-dialéctica, que inevitabelmente considera á reprodución, o goce e a sensualidad do material como parte integral da condición humana. E, de feito, a maioría da humanidade actúa empíricamente sobre este patrón. Para ela, atinxir a calidade de vida historicamente determinada é un valor: tan forte ou aínda máis forte como certos valores morais ou virtudes espirituais. Dialecticamente, o material convértese no seu contrario, o espiritual.Sendo o patrón de consumo e de cultura popular hoxendía un patrón universal e predominante, non unha variabel nacional, o choque en Cuba prodúcese entre o patrón universalizado de consumo de clase media primeiromundista -que lle chega anualmente á poboación por vía de dous millóns de turistas e, a diario polas películas estadounidenses que transmite a televisión- e o nivel de vida que permiten o nivel das forzas produtivas e o sistema redistributivo do país.Nestas circunstancias, unha campaña de concienciación pode reducir certos consumos superfluos, pero o acceso ao internet, á educación, a saúde, a mobilidade social e xeográfica, o transporte individual ou colectivo, determinadas formas e lugares de diversió, de encontro sexual, etcétera, do mesmo xeito que determinadas liberdades formais, son parte do patrón histórico vixente na actualidade latinoamericana, e ningunha campaña educadora poderá neutralizar este patrón.

    Neste sentido, vacunar a mocidade ideoloxicamente contra os elementos esenciais do patrón de vida que eles consideran xustos e necesarios, só alcanzará a unha minoría. Máis prometedor sería identificar eses elementos, entrar nun intenso debate público, sobre todo coa mocidade que é o punto neurálxico, pero non o único que debería desatar a alarma (¡!), un debate no estilo dos parlamentos obreiros dos noventa, e atinxir un acordo sobre o modelo de consumo viábel neste momento.

     

    Apelar á disciplina revolucionaria e os valores éticos nas actuais circunstancias de Cuba, ter que ser como Fidel ou o Ché, non cambiará o panorama xeral da situación, porque as condicións obxectivas non sosteñen ese discurso. Para as maiorías será máis eficiente discutir democraticamente as alternativas de consumo, por exemplo, se prefiren máis hospitais ou transporte, ou vivenda, consumo privado, etcétera, e as vías de contemporizar ese patrón coas posibilidades do país.

     

    Maior educación, coñecemento e información non son antídoto do consumo. A suma de intervencións deste xénero proporcionan máis conciencia e máis suxeito. E máis suxeito significa, inevitabelmente, máis desexo de democracia. Democracia en todos os sentidos -formal, social, participativa- que se converte, do mesmo xeito que o consumo históricamente xusto e necesario, nun valor fundamental da praxis humana; valor, ao que o goberno ten que dar respostas, para non xerar resistencias que o sistema non poida absorber.

     

    Da cibernética tecnolóxica e cognitiva sabemos que un problema sistémico detectado pode tratar de arranxarse (post festum) con regulacións proporcionais, integrais ou diferenciais. Máis eficiente, por suposto, é a normativización preventiva que é posibel en eventos estatísticamente detectabeis. Ambos requisitos cúmprense en Cuba. As dramáticas chamadas de atención de Fidel e Felipe refírense á regulación preventiva, é dicir, a necesidade de tomar medidas antes de que suceda a morte de Fidel; e as actitudes da poboación cubana constitúen eventos estatísticamente medibeis.

  6. O tema decisivo: a propiedade e o excedente económicoO Ministro define con razón o excedente económico como decisivo na economía. Pero hai que ampliar a determinación: non só é clave quen o recibe senón quen decide sobre el e en que forma. Este é o tema da democracia económica que na crematística burguesa é tabú, pero que na economía socialista é a clave do seu desempeño. Mentres as maiorías están de feito excluídas das decisións sobre o uso do surplus (investimento, consumo, orzamento nacional, pago da débeda externa, etc.), non lles importará realmente se é o Estado, as transnacionais ou os gringos quen se queden con el.Do mesmo xeito que no falso dilema de ética versus consumismo, a afirmación de que o decisivo é se o pobo ou as transnacionais reciben o ingreso ou teñen a propiedade produtiva, distorsiona a dialéctica real dos contrarios. O plus-produto cubano, na súa maior parte, non o reciben nin as transnacionales, nin as maiorías: recíbeo o Estado. E este é o punto nodal dos problemas do roubo e do mercado que Fidel denunciou.A propiedade produtiva en Cuba atópase, esencialmente, en mans do Estado, non en mans das maiorías. Se fose das maiorías, as maiorías protexeríana, porque é de sentido común que ninguén se rouba a si mesmo. O feito de que lla rouben e estraguen ten unha leitura irrefutábel: a propiedade estatal é percibida por moitos coma unha propiedade allea ou anónima, que se pode privatizar a través do roubo. Mentres isto sexa así, será difícil acabar coa corrupción e o roubo, como mostra o exemplo de China. En consecuencia, a idea da economía socialista, producir altruistamente para todos, faise inviabel.A percepción da propiedade estatal produtiva como algo alienado, semellante á propiedade do capitalista, que se pode privatizar, reafírmase diariamente polo feito, de que a xente non ten incidencia real sobre o seu uso. Propiedade significa na economía de mercado esencialmente, o dereito a alienar activos económicos. Por ben ou mal, isto non existe en Cuba. Mais o traballador tampouco determina o beneficio desta propiedade, o seu plus-produto, feito polo cal tampouco sería posuidor. Ao non ser propietario nin posuidor real da propiedade produtiva individual ou colectiva, o productor directo non a protexe.
  7. O perigo da nova burguesíaUnha nova burguesía “sería outra vez, se deixamos que agome, pro-ianqui e pro-transnacional”, advirte Pérez Roque. Unha hipótese que chama por outra reflexión: unha grande burguesía en Cuba non se debe permitir nin se necesita permitir, porque o Estado xa a substitúe nas súas funcións económicas. O complexo de innovación-produción-comercialización de biotecnología, por exemplo, cumpre as funcións das empresas transnacionais (competitividade, innovación, capital) xunto con contidos dunha economía máis humana que a capitalista.Daquela queda o problema da pequena burguesía; é dicir: da pequena produción mercantil. Recordemos as advertencias de Lenin sobre esta clase, pero recordemos tamén:– que en certo momento histórico tivo que introdfucir a Nova Política Económica (NEP), coa certeza de poder controlar as tendencias burguesas mediante o enorme poder monopólico do Estado soviético;– que en ningún país do mundo o Estado foi capaz de proporcionar servizos de calidade á xeito, por exemplo, na gastronomía;– ningún Estado puido darlle ás cidades esa diversidade de pequenas empresas, tendas, subculturas, etcétera, que lles dá vida, o que é particularmente importante en economías de turismo;

    – que o control político-económico desa clase pode lograrse probablemente co sistema impositivo e xudicial;

    – na economía global do ALCA, as garantías de reprodución económica do pequeno empresario só llas pode proporcionar o Estado a través do proteccionismo e dos subsidios, o que é unha razón fundamental, porque FEDEINDUSTRIA en Venezuela está co proceso bolivariano e porque o pequeno comerciante e os labregos latinoamericanos apoias o ALBA.

    En resumo: a situación da pequena burguesía na URSS baixo Lenin foi totalmente diferente á da pequena burguesía latinoamericana hoxe e haberá que analizala en concreto para saber ate que límite sería integrábel na Revolución.

  8. A superestructura políticaEn xuño do 2002 Pérez Roque falara sobre o mesmo tema e ante o mesmo Foro e daquela sinalaba que na eventual ausencia do Comandante a defensa da Revolución pasaba pola defensa do partido único, a economía centralizada, a unidade política e a integridade das forzas armadas. Manter ao Partido único é posibelmente vital mentres dure a agresión imperialista, pero igualmente vital é dotalo dun carácter cibernético real, se se quere evitar que o proxecto termine como a URSS e a RDA.
  9. Lenin, o partido único e a cibernética cognitivaLenin, definidor do partido do centralismo democrático, sabía que todo sistema de conducción política durabel ten que garantir tres fluxos simétricos de información e debate real: a) entre as fraccións da vanguardia ou o cumio do poder real, por exemplo, do Buró Político e do Comité Central; b) entre estes centros de decisión e a elite informativa e política do país, que, en teoría, estaría representada polos cadros medios e membros do partido; c) entre a vangarda, os cadros medios e as masas. Esa calidade cibernética ou retroalimentaria é fundamental para a optimización da práctica de todo sistema cibernético cognitivo, como o son o Estado, o partido e o ser humano.Na praxe, particularmente baixo Stalin, o necesario equilibrio entre democracia real e verticalidade, é dicir entre as estruturas de comunicación e poder simétricas e asimétricas, foi abandonado a favor da verticalidad. Os procesos de Moscova foron o rite de passage (anuncio de transición) do novo partido vertical e a advertencia pública sobre a desaparición da democracia na URSS; foron o equivalente secular das fogueiras da Inquisición na América, cuxas faíscas proclamaban o prezo de disentir da nova orde. Rituais de sometemento da personalidade, que coma a crítica e autocrítica, cumpriron o papel de humillación do confesionario clerical, cos informes da policía política a definir a calidade e as posibilidades de vida dos cidadáns.Deste xeito, Stalin xerou unha institución e unha cultura política do conformismo que liquidou a institucionalidade e a cultura da esfera pública das sociedades pre-socialistas, desde o ágora grego ate as sociedades literarias da Revolución francesa. De feito, a esfera pública de debate estratéxico do sistema burgués, que lle é constitutivo, desapareceu da superestructura do socialismo realmente existente con fatais consecuencias para a evolución socialista, deixando á superestructura política burguesa cunha superioridade funcional na optimización das decisións. A xeito de exemplo, válenos a guerra do Iraq: os grandes debates sobre posibeis retiradas de tropas danse no Congreso estadounidense, nas televisións e nos diarios máis importantes do país, o New York Times e o Washington Post e nas universidades.No socialismo realmente existente, esa esfera pública non existe. Os debates estratéxicos danse de porta pechada entre os cargos de máis responsabilidade do partido. Despois a posición oficial é transmitida ás instancias inferiores do partido para o debate. Finalmente, divúlgase entre as maiorías a medio da prensa e mesas redondas na televisión.Do debate estratéxico constitutivo están excluídas as maiorías e o que ven na televisión son discusións tácticas ou simples repeticións da visión oficial, proporcionados sempre polos mesmos xornalistas. A diferenza do que sucedeu na marabillosa experiencia dos parlamentos obreiros, o cidadán convértese en espectador do proceso político-económico, non no seu demiurgo.
  10. A pregunta vital para o Partido Comunista de Cuba

    A pregunta de se compre manter un sistema pluripartidista ou unipartidista de conducción social, é secundaria, polo simple feito, de que calquera das dúas formas fracasan evolutivamente no caso de perderen a súa capacidade cibernética. A pregunta capital é, polo tanto: Como podemos garantir o carácter vangardista ou cibernético dos sistemas de conducción que chamamos Estado e Partido?A calidade de calquera sistema de regulación depende esencialmente de dous parámetros: a) a súa sensibilidade, é dicir o tempo que transcorre até o descobremento ou recoñecemento dunha desviación do sistema, a respecto do valor programado (Sollwert) e, b) o tempo que o sistema require para corrixir a desviación (Istwert). Ambos parámetros determinan o comportamento dinámico do sistema, neste caso do Partido-Estado, e dependen, á súa vez, da calidade e cantidade das medicións do estado do sistema (p.e., inquéritos de opinión) e do poder relativo das diversas correntes e fraccións da clase dirixente, por exemplo, da corrente revolucionaria, a socialdemócrata, a tecnócrata, etcétera.Cando Fidel preguntou no discurso de novembro, por que os economistas cubanos non se deron conta do insensato de manter o sector azucareiro logo da caída da URSS, refírese ao parámetro a. Pero a resposta real atópase máis ben no parámetro b. Se os economistas cubanos non detectaron o contrasentido de manter o sector azucareiro, significa que carecen de formación profesional e sentido común. Con todas as reservas fronte aos meus colegas, paréceme que isto é un suposto irreal. É moito máis probabel que non falaron porque a superestructura cubana non prevé a esfera pública de debate estratéxico que sería o lugar para discutir a advertencia de que falamos.Outro exemplo do parámetro b pode tomarse da Revolución Bolivariana. Durante o goberno bolivariano os latifundistas asasinaron a máis de 130 líderes campesiños, sen que un só dos autores intelectuais e materiais destes asasinatos estea na cadea. Canto tempo de corrección desa desviación contrarrevolucionaria e do Estado de dereito ten a Revolución, para non perder credibilidade e poder na súa declarada guerra a morte ao latifundio?A interrogante de Felipe é vital, sempre que reciba unha resposta non formal, senón material; non táctica senón estratéxica. Se non se da devolto ao partido único a dialéctica ou cibernética prevista por Lenin e a restitución de esferas públicas de debate estratéxico, xunto coa transparencia pública das súas interaccións, non estará en condicións de defender á Revolución á morte de Fidel.O mesmo Ministro entende a fondo que a cibernética do Partido é a clave do futuro. Ao explicar no seu discurso, por que Cuba non caeu como a URSS, cita a García Márquez. A explicación que dá é que Fidel é ao mesmo tempo o xefe do Goberno e o líder da oposición. Pérez Roque agrega: “É a primeira persoa que non está conforme co que se deu feito, o principal crítico da obra e iso dálle unha peculiaridade ao noso proceso”.

    A pregunta política de vida ou morte para o Partido Comunista é polo tanto: Cal será o sistema de dialéctica institucional que substituirá o papel de dialéctica persoal de Fidel?