Arquivo da etiqueta: Obama

Estados Unidos protexe terroristas contra Cuba mentres mantén na cadea aos cinco presos cubanos

Estados Unidos aplica un inhumano castigo aos cinco presos cubanos mentres defende ao terrorista ao seu servizo Posada Carriles. Máis de 300 delegados de 50 países, reunidos en Holguín para o VI Coloquio Internacional pola Liberdade dos Cinco e contra o Terrorismo, acordaron salientar a natureza eminentemente política da condena norteamericana contra os cubanos.

Graciela Ramírez, presidenta do Comité Internacional pola Liberación dos Cinco Heroes cubanos, foi a encargada de dar leitura ás conclusións. Recordou que mentres os Cinco gardan inxusta prisión, connotados terroristas internacionais son homenaxeados en universidades de Miami, como foi o caso de Orlando Bosch Ávila; o criminal Luis Posada Carriles só será xulgado por mentir ás autoridades migratorias, e non por ser terrorista e responsabel da morte de miles de seres inocentes. Seguir lendo Estados Unidos protexe terroristas contra Cuba mentres mantén na cadea aos cinco presos cubanos

Máis personalidades de todo o mundo reclaman a liberdade de Os Cinco

Iroel Sánchez – La pupila insomne.

Celebridades e eminencias de todo o mundo expresan o seu apoio aos Cinco anti-terroristas cubanos presos nos Estados Unidos. Endosando a carta dirixida por un coro de notábeis norteamericanos ao presidente Obama, estas novas personalidades erguen a súa voz para que remate a tortura dos Cinco.

“Pedímoslle que despois de revisar os feitos deste caso e tomar en consideración o longo tempo pasado por estes homes na cadea, outorgue aos Cinco Cubanos unha Clemencia Executiva para poideren regresar ao seu país, aos seus fogares e as súas familias,” reza a misiva avalada pola escritora Alice Walker e a súa conterránea a ex congresista estadounidense Cynthia MacKinney e máis por nomes do mundo a representación coma os actores Danny Glover, Martin Sheen, Susan Sarandon, Sean Penn e Benicio del Toro; os directores de cinema Oliver Stone e Michael Moore, os músicos borincanos Olga Tañón, Andy Montañés e Calle 13 amais de Miguel Bosé e Willy Toledo. Seguir lendo Máis personalidades de todo o mundo reclaman a liberdade de Os Cinco

A liberación de presos: unha vitoria silenciosa da Revolución cubana

Enrique Ubieta (“La Isla Desconocida”)

O Arcebispado da Habana ven de facer pública a decisión do Goberno cubano de liberar a medio prazo 52 contrarrevolucionarios detidos e xulgados en 2003, coa precisión de que cinco deles serán excarcerados decontado. Como resultado dos contactos entre o Goberno e o Cardeal Jaime Ortega, Arcebispo de La Habana e Monseñor Dionisio García Ibáñez, presidente da Conferencia de Bispos Católicos de Cuba, fora liberado xa, por motivos de saúde, outro dos sancionados.

O sistema de prisións de Cuba contempla a licenza extrapenal para os sancionados que -con independencia do motivo do seu delito–, presenten problemas de saúde incompatibeis co rexime carcerario. Dende o ano 2004, beneficiáranse desa política outros 21 contrarrevolucionarios da mesma causa xudicial; catro deles viaxaron a España coas súas familias, como parte dun acordo co Goberno español. Seguir lendo A liberación de presos: unha vitoria silenciosa da Revolución cubana

Os grandes medios censuran a vital intervención dos médicos cubanos en Haití

José Manzaneda (Cubainformación)

A Brigada Médica Cubana destacada en Haití, con case 400 cooperantes, foi a máis importante asistencia sanitaria que tivo o povo daquel país nas primeiras 72 horas despois do sismo. Este feito noticiábel foi censurado polos grandes medios.

Con todo, a axuda de Cuba ao povo de Haití non encetou neste terremoto senón que é un relato que comeza en 1998, cando Cuba abordara en Haití un Plano Integral de Saúde (1), no que se desempeñaron sen interrupción 6.000 cooperantes cubanos. Pasadas as primeiras horas da catástrofe, o mesmo 13 de xaneiro, sumáronse á Brigada Médica cubana permanente 60 especialistas en catástrofes, integrantes do continxente “Henry Reeve”, chegado por avión dende Cuba con medicamentos, soro fisiolóxico, plasma e alimentos (2). Os médicos/as cubanos habilitaron un hospital de campaña, no que residían, e atenderon a miles de persoas diarias. Ao tempo, levaban a cabo centos de operacións cirúrxicas en 5 puntos asistenciais de Porto Príncipe. Outros 400 xoves médicos e médicas haitianos formados en Cuba, sumáronse como reforzo á brigada cubana (3). Seguir lendo Os grandes medios censuran a vital intervención dos médicos cubanos en Haití

Personalidades de todo o mundo piden a Obama a liberación dos Cinco

Intelectuais pertencentes ao Capítulo Peruano da Rede de Redes En Defensa de la Humanidade redactaron a carta que recibiu o apoio do Premio Nobel de Literatura, Wole Soyinka, a do filósofo, linguista e critico norteamericano Noam Chomsky, e do teólogo brasileiro Frei Beto.

Tamén asinaron Fatima Cleide, senadora brasileira, Cesar Brito, presidente da Orde de Avogados de Brasil, Danny Rivera, afamado artista portorriqueño, e o coñecido dramaturgo francés Jean Marie Binoche, entre outros. Seguir lendo Personalidades de todo o mundo piden a Obama a liberación dos Cinco