Arquivo da etiqueta: Poder Popular de Cuba

A futura Lei Cubana de Investimento Extranxeiro, preserva a soberanía e o patrimonio nacional

TERRA SEN AMOS/Redación.

A nova Lei Cubana de Investimento Extranxeiro, preserva a soberanía e o patrimonio nacional, os recursos naturais e o Medio Ambiente, precisou Rodrigo Malmierca, ministro de Comercio Exterior.

Falando na primeira sesión extraordinaria da Oitava Lexislatura do Parlamento de Cuba, o ministro dixo: “non volveremos ao pasado nin entregaremos as nosas riquezas. Nunca máis venderemos o país”.

A Lei será sancionada de a pouco polo Poder Popular de Cuba, e é resultado da reforma económica aprobada no Sexto Congreso do Partido. Seguir lendo A futura Lei Cubana de Investimento Extranxeiro, preserva a soberanía e o patrimonio nacional

O II Encontro Galego-Portugués tratou en Porto das reformas económicas e reclamou solidariedade coa resistencia de Cuba ao imperialismo

Terra Sen Amos, Porto 16.06.12.

”A Revolución consiste en mudar todo o que debe ser mudado”. Con esta cita de Fidel Castro resumiu Eduardo González Lerner, embaixador da República de Cuba en Portugal, o espírito das reformas abordadas por Cuba a partir do VI Congreso do PCC. Lerner falaba no II Encontro Galego-Cubano de Solidariedade con Cuba, que produciu dúas condenas contra o bloqueo e para o final da inxusta privación de liberdade dos Cinco Heroes. Porto com Cuba e a Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” aportaron ao II Encontro celebrado en Porto, información e propostas para o remate do bloqueo norteamericano contra Cuba.

Unha referencia á manifestación convocada na Praza do Marqués de Pombal en Lisboa pola Confederación Geral de Trabalhadores Portugueses contra as condicións do rescate imposto a Portugal, abriu as sesións do II Encontro. Presidia a mesa Gonçalo Duarte, presidente de Porto Con Cuba e acompañábano na mesa o presidente da “Francisco Villamil”, Valentín Alvite Gándara, o embaixador Eduardo González Lerner e Melne Martínez Hernández, primeiro secretario da Embaixada de Cuba en Lisboa. Seguir lendo O II Encontro Galego-Portugués tratou en Porto das reformas económicas e reclamou solidariedade coa resistencia de Cuba ao imperialismo