Terra Sen Amos, Porto 16.06.12.
”A Revolución consiste en mudar todo o que debe ser mudado”. Con esta cita de Fidel Castro resumiu Eduardo González Lerner, embaixador da República de Cuba en Portugal, o espírito das reformas abordadas por Cuba a partir do VI Congreso do PCC. Lerner falaba no II Encontro Galego-Cubano de Solidariedade con Cuba, que produciu dúas condenas contra o bloqueo e para o final da inxusta privación de liberdade dos Cinco Heroes. Porto com Cuba e a Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” aportaron ao II Encontro celebrado en Porto, información e propostas para o remate do bloqueo norteamericano contra Cuba.
Unha referencia á manifestación convocada na Praza do Marqués de Pombal en Lisboa pola Confederación Geral de Trabalhadores Portugueses contra as condicións do rescate imposto a Portugal, abriu as sesións do II Encontro. Presidia a mesa Gonçalo Duarte, presidente de Porto Con Cuba e acompañábano na mesa o presidente da “Francisco Villamil”, Valentín Alvite Gándara, o embaixador Eduardo González Lerner e Melne Martínez Hernández, primeiro secretario da Embaixada de Cuba en Lisboa.
González Lerner recordou que once administracións do pais máis rico e armado do mundo, os Estados Unidos, prometeran acabar coa independenza a o socialismo cubano. Ao cabo de medio século de resistencia, o imperialismo producira danos a Cuba por valor de case un billón de dólares, mais no entanto a Revolución consolidouse e está a por en prática normas e cambios acordados democraticamente, con efectos visibeis na sociedade cubana. Ao final da súa intervención, o Embaixador mantivo un animado diálogo coa Asemblea, no que predominaron preguntas sobre a realidade cubana e o proceso de reformas.
A Asemblea do II Encontro aprobou unha moción de Porto Com Cuba na que se esixe o termo inmediato do bloqueo. Outra ferreña condena contra a inxusta detención dos Cinco Heroes Anti-Terroristas foi igualmente aprobada por aclamación. A “Francisco Villamil” defendeu unha terceira moción na que se chama a definir os ámbitos de interese común a prol de Cuba, por parte das organizacións convocantes. Ao tempo reclama a devolución do territorio de Guantánamo afanado por Estados Unidos e tamén lembra a situación inacetábel dos Cinco Heroes e a inaceptábel persistencia do cerco gringo.
Valentín Alvite tratou da reformas económicas do VI Congreso do PCC que definiu como rectificación necesaria para a continuidade da obra da Revolución, dentro dunha situación de bloqueo, de crise do modelo de mono-produción colonial e de derrama do CAME. O presidente da “Francisco Villamil” salientou na súa intervención que todas as reformas da economía estaban orientadas a mellorar a eficiencia do traballo co obxectivo de defender a propiedade común e as metas socialistas.
Ao remate da Asemblea, os asistentes celebraron un xantar de confraternidade en Matosinhos, organizado por Porto Com Cuba.
Premendo no titular desta información, podemos acceder ao texto de Valentín Alvite sobre os acordos económicos do VI Congreso do PCC asi como ás mocións sobre os Cinco, o Bloqueo e a Declaración Final do II Encontro.
As reformas económicas do VI Congreso do PCC
A intervención de Valentín Alvite Gándara, presidente da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, refírese ás reformas económicas do VI Congreso do PCC. Comeza cunha descrición dos obxectivos destas reformas:
Nun discurso en agosto de 2009, Raúl Castro, afirma:
“Non fun elixido para restaurar o capitalismo, senón para defender, manter e continuar perfeccionando o socialismo.”
As conclusións aprobadas no VI Congreso do Partido Comunista de Cuba comezan dun modo moi clarificador.
“O sistema de planificación socialista continuará sendo a vía principal para a dirección da economía. A planificación terá en conta o mercado, influíndo sobre o mesmo e considerando as súas características.
O modelo de xestión recoñece e promove, ademais da empresa estatal socialista, que é a forma principal na economía, as modalidades de investimento estranxeiro (empresas mixtas, contratos de asociación económica internacional…), as cooperativas, os agricultores pequenos, os usufrutuarios, os traballadores por conta propia e outras formas, todas as cales deben contribuír a elevar a eficiencia.”
Raúl Castro, noutro discurso de decembro de 2010, di textualmente:
“O corazón dos Lineamientos é producir o que se pode exportar, aforrar importacións, elevar a eficiencia da economía, reducir gastos non esenciais, aumentar as exportacións e crear en cada cidadán unha conciencia económica.”
Con todo, os dirixentes cubanos son conscientes de que a situación é moi delicada. Así o expresa o propio Raúl noutra pasaxe do discurso anterior.
“Ou rectificamos ou xa se acaba o tempo de seguir bordeando o precipicio; afundimos e, así, afundiremos o esforzo de xeracións enteiras.”
Para comprender as causas que orixinan as reformas do VI Congreso, convén repasar brevemente a historia económica de Cuba no último medio século”.
A análise de Valentín Alvite prosegue nun esquema da historia económica de Cuba:
En 1959, cando triunfa a Revolución, o panorama económico era moi grave. As reservas financeiras eran de 70 millóns de dólares. En 1952, cando Batista deu o golpe de estado, esas reservas chegaban aos 570 millóns, pero o ditador fuxiu con 460 millóns. Non se trata dunha afirmación progagandística. O xornal New York Times, o 24 de febreiro de 1959, revelaba que “a maior parte dos fondos cubanos voaron ao estranxeiro con Batista”.
A economía dependía das exportacións de azucre, destinadas nun 85% ao mercado norteamericano. Cuba era un país agrícola, mono-produtor e mono-exportador.
Entre os indicadores sociais, citaremos unha esperanza de vida de 60 anos, unha mortalidade infantil de 60 por mil, unha porcentaxe de analfabetismo do 24% ou unha taxa de desemprego idéntica á anterior.
Coas primeiras medidas revolucionarias (reforma agraria, nacionalización de empresas norteamericanas…), iníciase o bloqueo, en 1960, e o illamento diplomático de Cuba, que é expulsada da OEA en 1962. Posteriormente, os países americanos rompen relacións coa illa, a excepción de México e Canadá.
O bloqueo ten gravísimas consecuencias. Case todo o que se consumía na illa fabricábase en EE UU.
Cuba establece, entón, acordos coa URSSS e, en 1972, entra no COMECOM, mercado ao que exporta materias primas (azucre, tabaco, níquel) e do que importa petróleo e produtos industriais.
A finais dos 80, Cuba deixara de ser un “país agrícola, mono-produtor e mono-exportador”, con altos niveis de analfabetismo, desemprego e pobreza, converténdose nun país con determinado desenvolvemento industrial e científico-técnico e cunha poboación con altos niveis educacionais e de saúde.
Aínda que a renda per cápita era inferior a doutros estados latinoamericanos, o poder adquisitivo dos salarios era bastante bo.
Existía un gran igualitarismo, sendo o salario máis elevado aproximadamente o cuádruplo do máis baixo. A canastra básica (“libreta de abastecimiento”) era suficiente e variada. Existían, incluso, certos hábitos de consumo propios de Primeiro Mundo.
Esas conquistas móstranse no Informe sobre Desenvolvemento Humano (1990) do Programa de Nación Unidas para o Desenvolvemento.
O cadro seguinte refrexa a esperanza de vida, a taxa porcentual de alfabetismo e PIB (en dólares) de Cuba e doutros paises de América
Cuba 74/ 96/ 2. 500
USA 76/ 96/ 17. 615
Canadá 77/ 99/ 16. 375
Brasil 65/ 88/ 4. 307
México 69/ 90/ 4. 624
Arxentina 71/ 96/ 4. 647
Venezuela 70/ 87/ 4. 306
En 1991, a desaparición da URSS cáusalle a Cuba a perda do 85% do seu comercio exterior. En 4 anos, o PIB cae un 35% e EEUU incrementa o bloqueo coa Lei Torricelli. Comeza o Período Especial.
Prodúcese un descenso brutal das importacións, desabastecemento de produtos básicos e un fortísimo incremento dos prezos. A carencia de petróleo paraliza o transporte, afecta gravemente á produción de electricidade, que se xera en centrais termoeléctricas (alimentadas con petróleo) e, en consecuencia, paraliza os centros de traballo.
Na agricultura, falta combustible para as máquinas, fertilizantes e pesticidas para os campos, alimentación para os animais… Centos de fábricas pechan, por falta de materia prima e de mercados, e miles de traballadores quedan sen emprego.
A partir de agora, Cuba terá que comprar en novos mercados, onde deberá pagar en moeda convertible. Non conta con créditos internacionais e EEUU presiona nos organismos financeiros para tratar de internacionalizar o bloqueo.
A urxente necesidade de conseguir moeda convertible para as importacións e de lograr novas ocupacións para os desempregados, leva a preparar un plan de emerxencia, que inclúe, entre outras medidas, a promoción do turismo, a autorización dos envíos de diñeiro dos cubanos emigrados aos seus familiares, as empresas de capital mixto ou traballo por conta propia.
A vontade de manter as conquistas do socialismo, entre elas o dereito ao traballo, levou a inflar os cadros de persoal nos centros de traballo, ocasionando serios desequilibrios. Sobran persoas persoas en actividades administrativas e faltan en sectores produtivos esenciais.
Na agricultura, un informe de hai varios anos, sinalaba que o 55% das terras produtivas están sen cultivar. Iso é grave nun país que, ata hai pouco, importaba o 85% dos alimentos.
Raúl Castro, nun discurso do ano 2007, afirma: “Sobra terra ociosa e impórtanse alimentos” Unha das conclusións do VI Congreso fala de “continuar reducindo as terras improdutivas”.
É necesario, pois, producir alimentos no propio país, xa que a capacidade do estado cubano para importalos é limitada e así o recoñece o Presidente noutro fragmento do discurso antes citado.
“O prezo do leite en po era de 2.100 dólares a tonelada en 2004, o que xa significaba un gran esforzo para garantir dito alimento, pois a súa importación requeriu 105 millóns de dólares. Comprar o leite necesario para 2007 esixiu gastar 160 millóns, xa que o prezo se elevou a 2.450 dólares a tonelada.”
Outro sector esencial con déficit de traballadores é a construción, algo igualmente grave, xa que, segundo datos oficiais de 2009, o 56% das vivendas estaban en regular ou mal estado e o país necesitaba construír 600.000 novas vivendas.
Por todo o anterior, outra das conclusións do VI Congreso alude a “eliminar os cadros de persoal inflados”.
Ao mesmo tempo, ábrense novas vías para a absorción laboral das persoas excedentes. Esas novas vías foron as xa aludidas con anterioridade: empresas de capital mixto, cooperativas, usufrutuarios de terras, traballadores por conta propia, etc.
Convén lembrar que o traballo non é un fin en si mesmo. É simplemente un medio para obter un salario mediante o cal satisfacer as necesidades da persoa e da súa familia. Con todo, proporcionarlle unha ocupación laboral a unha persoa non equivale a proporcionarlle un salario suficiente. Así o recoñece Raúl en xullo de 2007.
“O salario é claramente insuficiente para satisfacer todas as necesidades. Un aumento de salarios ou baixa de prezos require unha maior e máis eficiente produción ou prestación de servizos que permita dispoñer de máis ingresos”.
Para concluír este breve esquema, citaremos algúns fragmentos dalgúns “lineamientos” aprobados no VI congreso.
7. Lograr que o sistema empresarial estea constituído por empresas eficientes.
20. Os ingresos dos traballadores e dos xefes nas empresas estarán vinculados aos resultados.
39. Lograr o equilibrio financeiro externo, a partir dunha adecuada correlación entre os ingresos e os gastos en moeda libremente convertible.
76. Incrementar os ingresos por exportacións de bens e servizos.
140. Continuar preservando as conquistas da Revolución: atención médica, educación, cultura, deporte, ocio, tranquilidade cidadá, seguridade social e asistencia social ás persoas que o necesiten.
170. Asegurar que os salarios garantan que cada quen reciba segundo o seu traballo, que este xere produtos e servizos con calidade e incremento da produción, e que os ingresos salariais teñan un reflexo efectivo na satisfacción das necesidades básicas dos traballadores e a súa familia.
168. Ampliar o traballo no sector non estatal, como una alternativa máis de emprego.
169. Desenvolver un proceso de reordenación laboral que contribúa a eliminar os cadros de persoal inflados.
184. Primar a substitución de importacións daqueles alimentos que poidan ser producidos no país.
187. Continuar reducindo as terras improdutivas e desenvolver unha agricultura sustentable en harmonía co medio ambiente.
En resumo, as conclusións aprobadas no VI Congreso pretenden fundamentalmente lograr unha organización económica racional e eficiente que permita manter as conquistas sociais logradas ata agora e que faga viable conseguir os demais obxectivos económicos, sociais e éticos que conforman o modelo de sociedade que denominamos socialismo.
Saudação solidária e de admiração aos 5 .
Considerando que no quadro de uma longa luta de mais de meio século do povo cubano contra os ataques terroristas organizados por grupos de direita em Miami, em 1998 cinco patriotas revolucionários cubanos foram presos nos EUA, juntamente com presos de delito comum, por denunciarem os planos terroristas desses mesmos grupos paramilitares;
Considerando que os constantes ataques, impunemente desencadeados pelos sucessivos governos dos EUA, fizeram mais de 3500 mortos e mais de 2.900 feridos, causando elevados danos pela sabotagem económica contínua desencadeada ao longo do processo revolucionário;
Considerando que em 2011 (dia 9 de Agosto), o Tribunal de Recurso de Atlanta anunciou a sua decisão unânime de reverter as condenações e ordenar um novo julgamento, reconhecendo o direito dos Cinco a serem julgados de forma justa e num ambiente não-hostil, como previsto na Constituição dos Estados Unidos;
Considerando que sendo inquestionável a pressão internacional pela libertação dos 5 heróis cubanos a libertação de Rene Gonzalez é o 1º sinal nesse sentido ainda que condicional, impedindo o regresso ao seu país;
Considerando que, só pararemos o nosso protesto quando for reposta a justiça e libertados todos os revolucionários, anti terroristas, ainda encarcerados: Gerardo Hernández, Antonio Guerrero, Ramón Labañino, e Fernando González.
Os participantes no II Encontro Galaico Portuense, promovido pelas Associações de Solidariedade com a luta do Povo Cubano contra o Bloqueio, “PortoComCuba e Francisco Villamil” nas instalações da UPP (Universidade Popular do Porto), no dia 16 de Junho de 2012 Decidem: Reafirmar a sua solidariedade para com estes patriotas cubanos e a sua determinação em continuar a contribuir para o desenvolvimento da luta pela sua libertação; Saudar a luta do povo cubano contra a hegemonia imperialista norte-americana;
Enviar uma saudação solidária e de admiração aos 5 pela sua exemplar coragem e determinação em prosseguir a luta em defesa da sua Pátria e do seu Povo.
Porto, 16 Junho, 2012
MOÇÃO: CUBA E O BLOQUEIO ECONÓMICO
Desde o triunfo da Revolução, a 1º de Janeiro de 1959, que o império americano tenta sabotar as transformações sociais ocorridas em Cuba no caminho da construção de uma sociedade justa e igualitária;
Várias foram as tentativas, historicamente comprovadas de agressão imperialista contra Cuba e o seu povo. A invasão à Praia Girón, em 1961, e a criminosa guerra bacteriológica destinada a produzir epidemias na tentativa de acabar com a agricultura e a pecuária na ilha comprovam-no. A estas acções terroristas somam-se a expulsão de Cuba da OEA, e as mais de 600 tentativas de assassinato do seu líder histórico Fidel Castro, muitas destas, confirmadas e assumidas pela CIA;
Um bloqueio iniciado em 1962 que configura o mais deshumano e irracional ataque desferido à escala planetária contra um povo pacífico e solidário;
Um bloqueio que, desde o início, já custou cerca de 104 bilhões de dólares à economia cubana recursos que, seguramente, teriam como destino a melhoria das condições de vida do povo. Apesar da situação, profundamente injusta e desumana, Cuba orgulha-se de ser um país em que a saúde, o ensino, a habitação, o direito ao trabalho e à alimentação são direitos plenamente garantidos para todos os seus cidadãos;
Um bloqueio desencadeado pelos EUA e seus satélites, como Israel, formal e veementemente condenado, este ano, pela Cimeira das Américas e em sede da Assembleia Geral pelas Nações Unidas pela 21ª vez consecutiva.
Face à situação exposta, as Associações de Solidariedade com a luta do povo cubano contra o Bloqueio, “PortoComCuba e Francisco Villamil”, no II encontram realizados a 16 de Junho de 2012, Reafirmam:
*A sua vigorosa oposição ao Bloqueio económico a Cuba desencadeado e liderado pelos EUA e inserido numa estratégia imperialista, exigindo que de imediato lhe seja posto termo;
*Reforçar o seu apoio e solidariedade ao povo cubano na sua luta, inspiradora para todos os revolucionários do mundo, nomeadamente para os que combatem lutando por uma sociedade fraterna, livre, igualitária.
Porto, 16 de Junho, 2012
DECLARAÇAO FINAL
Os asistentes ao II ENCONTRO GALEGO-PORTUGUES DE SOLIDARIEDADE COM CUBA, depois de levar a cabo uma jornada de debate sobre as reformas económicas do VI Congresso do Partido Comunista de Cuba, estabelecem os seguintes acordos:
– Saudar o heróico povo cubano que, depois de mais de 50 anos, resiste o injusto bloqueio económico imperialista, condenado mais de vinte vezes pela Assembleia Geral da ONU, assim como as suas presións, ameaças e campanhas desinformadoras contra a Ilha, que se mantêm firme no seu rumo emancipador e socialista em defesa da sua soberania nacional e do seu povo trabalhador.
– Condenar com firmeza a moral hipócrita dos EEUU e dos seus aliados imperialistas que, na sua cruzada contra o “terrorismo”, ficam desenmascarados ao manter presos a cinco antiterroristas cubanos injustamente sentenciados desde há 13 anos. A tempo, amparam acções deste carácter contra outros países, singularmente contra Cuba socialista e asilam e protegem criminais confessos, entre eles, os maiores terroristas do hemisfério, Luis Posada Carriles ou Orlando Bosch.
– Chamar à solidariedade com os cinco cubanos que sao merecentes de ser considerados heróis da sua pátria e da humanidade, ao combater o terrorismo desde o própio território estadounidense, exortando ao mesmo tempo a continuar a luta pela libertação destes cinco companheiros mediante a criação de novos comités de solidariedade nos nossos respectivos países e ámbitos de intervenção.
– Denunciar a persisténcia da base norteamericana de Guantánamo e a sua utilização como centro de reclusao de tortura, exigindo a sua devolução à soberania cubana.
– Promover a continuidade e intensificação do trabalho conjunto das duas asociações a prol da Revolução Cubana, definindo os ámbitos de interesse comum para poder elaborar propostas de actuação concretas.
Todos os assistentes ao II ENCONTRO GALEGO-PORTUGUÉS DE SOLIDARIEDADE CON CUBA assumimos estes compromisos e acordamos fazer um seguimento da concreção dos mesmos ata a celebração de vindeiro encontro.
Porto, 16 de Junho, 2012