Os EUA presentan o seu pastel anual de millóns para comprar a subversión

Yisell Rodríguez Milán– Granma

A quén lle toca a prenda do roscón millonario? Rematando marzo, os EUA fachendearon dos cartos que van gastar nos paises que non dan endereitado unha oposición activa; coidan que unha suba dos subornos poderá lanzalos ao combate.  Un dos congresistas máis ferreñamente anti-cubanos dos EUA, Mario Díaz-Balart, celebra a aprobación pola Cámara de Representantes dos seis proxectos de Lei de asignacións restantes para o ano fiscal 2024:  defensa; servizos financeiros; seguridade nacional; traballo, saúde e servizos humanos; poder lexislativo; operacións estranxeiras e programas relacionados. Díaz- Balart, preside o Subcomité do Departamento de Estado, Operacións Estranxeiras e Programas Relacionados (SFOPS) e aseguróu que os orzamentos aprobados melloran “a seguridade e a defensa nacional dos EUA” ao tempo que “miran polo diñeiro dos contribuíntes estadounidenses, ao reducir gastos non procedentes”.

Compartirá realmente o pobo estadounidense que o seu diñeiro promoova disturbios e agresións noutros países? Un comunicado publicado na Rede do Departamento de Estado, afirma que este proxecto de lei apoia aos amigos e aliados dos EUA, “á vez que contrarresta adversarios como a China Comunista, Rusia, ou os Estados terroristas de Cuba e Irán”.

Abertamente intervencionista, a lexislación SFOPS proporciona “recursos de primeira liña» non relacionados coa defensa, por un total de 58.346 millóns de dólares, o que repreenta 3.412 millóns por baixo do nivel promulgado para o ano fiscal 2023 (un 5,5 % menos) e 10. 581 millóns (15,4 %) por baixo da proposta de orzamento do presidente Joe Biden.

O pretexto de promover liberdade e democracia segue a ser a bandeira do autonomeado policía do mundo que reserva cado ano unha mención especial a Cuba.

RECEITA BÁSICA PARA COCIÑAR A CONTRARREVOLUCIÓN

Uns 25 millóns de dólares, que significan un incremento dun 25 % con respecto ao período anterior, foron destinados para promover a democracia, ou sexa, para pagar a revolta contra o Estado e o pobo cubano. Aumentan 25 millóns para as nóminas da Oficina de Radiodifusión a Cuba, nome piadoso das funerais  Radio e tv Martí, coa credibilidade polo chan.

No manual básico das práticas das forzas anticubanas pagadas polos EUA, nunca faltan estratexias para acabar coa Revolución, sen medo a fracasar máis unha vez. Neste feixe de recursos, repiten algúns dos máis usados dos últimos 15 anos: a  denegación de visas a gobernos e organismos internacionais implicados no movemento solidario de médicos cubanos polo mundo, unha estratexia de cooperación internacional a que o Goberno estadounidense insiste en cualificar de tráfico, ante os ollos asombrados de millóns de seres humanos beneficiados pola prática médica cubana, mesmo no medio da pandemia da Covid-19 ou enfermidades terribeis coma o cólera.

Engaden agora fortes restricións para impedir que a administración de Biden utilice fondos para apoiar ao sector non estatal de Cuba. Os “programas de traballo», acariñados antes, son agora espurgados.

É o sector non estatal unha fonte de crecemento laboral e profesional para a cidadanía hoxe en Cuba? Claro. Medrou o abano de oportunidades para a mocidade, porque o Estado resolveu promover a vía aberta  (contra  o que esperaban na outra beiras das 90 millas) e a cada son máis os proxectos privados.  Un camiño aberto cara á responsabilidade social compartida que os EUA combaten.

Outro elemento rechamante deste orzamento é o financiamiento adicional para o Fondo de Tecnoloxía Aberta (OTF) que fomenta “a liberdade na internet». Non nos colle de sorpresa: a

Internet é unha gran plataforma de información, desinformación e combate na que a info-educación foi vital para aprender a identificar noticias falsas e reclamos para mobilizacións que alteren a vida no país.

A OUTRA AMEAZA

Para as manobras subversivas en Nicaragua, os fondos ascenden a 15 millóns e están especialmente atribuidos ao relacionado coa relixión; no caso de Venezuela, os orzamentos aseméllanse aos de Cuba, pois destinaron non menos de 50 millóns de dólares a atizar o enfrontamento baixo a suposta bandeira dos dereitos humanos e a sociedade civil, ao tempo que subornan a todas as formacións contrarias ao  actual presidente venezolano Nicolás Maduro Moro. Non faltan cartos para encirrar Centroamérica e o Caribe, e nin Haití, agora inmerso nunha monumental crise de gobernabilidade e violencia, fica fóra.

Non faltan medidas de importancia en relación coa China: a prohibición de calquera reembolso de débedas contraídas co xigante asiático por parte doutros países; apoian Taiwan, manteñen 300 millóns de dólares en financiamento militar estranxeiro, e 400 millóns para o Fondo de Loita Contra a Influencia Chinesa.

Israel, colaborador necesario de todas as inhumanidaades dos EUA, que agora precipita manifestamente unha solución final,  de exterminio do pobo palestino, ten asegurado o apoio inquebrantábel de Washington por valor de 3.300 millóns de dólares e a garantía do voto en contra de toda investigación promovida dende a ONU en defensa dos dereitos de Palestina, mesmo a retención dos fondos para o Consello de Dereitos Humanos no caso de emprenderen o que eles chaman accións antisraelíes.

ACCIÓNS DOS EUA CONTRA CUBA EN 2024

•        Usar anécdotas relacionadas cos médicos cubanos secuestrados na Quenia, para armar unha nova ofensiva comunicacional de descrédito contra Cuba.

•        Divulgar liñas de traballo para plataformas promotoras da subversión e para divulgadores de opinións anticubanas dende Miami.

•        Aproveitar todas as circunstancias particulares dos colaboradores internacionalistas para seguir emitindo mensaxes que definan o seu traballo como escravo.

•        Información filtrada recentemente mostra unha serie de manobras realizadas para fomentar a inflación no mercado interior cubano. A estratexia ten catro etapas: desabastecemento, inflación inducida, retención de subministros e bloqueo financeiro. Fontes de Miami revelaron conspiracións para afectar a empresarios cubanos dentro e fóra da Illa. Buscan extinguir toda forma de abastecemento de bens ao pobo antillano, tanto a través do sector gobernamental como do privado.

•        Saíu á luz a Operación Streaming, unha recente creación dos servizos de intelixencia de Estados Unidos, co obxectivo de manipular acontecementos e figuras da Historia de Cuba.

Tradución ao Galego por Mila Portas, para Terra Sen Amos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *