O goberno e  pobo de Cuba claman por xustiza e independencia para Palestina masacrada

Axencias de Cuba e TSA

Toda Cuba saiu sábado a rúa para esixir o cese inmediato da agresión israelí contra Gaza e a Cisxordania ocupadas. A Tribuna Anti-imperialista da capital concentrou unha masiva mobilización á que asistiu o presidente e membros do goberno. Os actos a prol de Palestina reproducíronse por toda a illa.

As bandeiras de Palestina e Cuba ondearon por toda a illa. A fotografía recolle un recanto da concentración habaneira, fronte a embaixada dos EUA.

O xornalista palestino Bassel Salem, perante a masiva concentración da Habana, agradeceu a solidariedade cubana co seu país e destacou que o pobo de Palestina sabe que pode contar con Cuba. “O único presidente do mundo que participa nunha marcha xigantesca a prol de Palestina é o cubano, que se manifesta fronte á Embaixada dos Estados Unidos na Habana, de enorme significación dada a complicidade deste goberno no masacre de Gaza”.

Salem lembrou o legado internacionalista do líder histórico da Revolución así como e o seu apoio ás causas xustas do mundo. Ao cabo de  148 días de xenocidio, de destruír e matar nenos, mulleres, persoas inocentes, dixo que era ben tempo de o mundo enteiro reclamar a retirada dos ocupantes e agresores de Palestina. “Niso a voz de Cuba ten un rol, unha voz de referencia a nivel internacional”.

Cubanos e cubanas convocados pola Unión da Mocidade Comunista e outras organizacións congregáronse desde o abrente en defensa de Palestina. O estudante Motte A.M. Almashar, en representación daa mocidade palestina en Cuba, condenou o xenocidio contra a poboación civil do seu país, esixiu o fin da agresión sionista e acusou Israel de violar a  Carta da Organización de Nacións Unidas e as normas do dereito internacional, con total impunidade; trinta mil asasinados, vinteseis mil desaparecidos e máis dun millón de desprazados a forza que malviven sen teito, con sede, fame e frío; Gaza vive a peor crise de alimentos da historia, debido ás restricións e as limitacións no acceso á axuda humanitaria; é insoportabelmente elevada a cifra de nenos mortos por desnutrición.

Perante un mar de bandeiras cubanas e palestinas ao vento, Almashar  invocou os valores desertados da civilización humana e da igualdade entre os pobos e dixo que hai catro meses choraba pola súa nai, amigos e veciños que perderon a súa familia.

A Academia de Ciencias de Cuba fixo unha chamada a condenar o xenocidio en Palestina e asumiu os pronunciamientos de científicos e investigadores de todo o  mundo contra a destrucción sistemática e xeneralizada por parte das armas sionistas de edificios culturais, e instituciíons que conservan a vida e a cultura palestina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *