Arquivo da etiqueta: Randy Alonso Falcón

“Bolivia, Venezuela, Cuba, Nicaragua, Salvador, Uruguay e Brasil, son razóns contra o pesimismo en América Latina” (Ignacio Ramonet na TV Cubana)

Cubadebate – Edición e traducción de Terra Sen Amos

Intervindo no popular programa Mesa Redonda da TV Cubana, Ignacio Ramonet dixo que habia razóns en América Latina contra o presimismo dos progresistas: “Evo Morais en Bolivia e Nicolás Maduro en Venezuela, dúas fortalezas que compre sumar ás xa existentes: Cuba baluarte absolutamente fortalecido; o Sandinismo en Nicaragua, Salvador en certa medida, Uruguay, onde a Fronte Ampla segue gobernando; e o Brasil, onde hai perspectivas. Ramonet foi entrevistado dia 25 polo xornalista  Randy Alonso , director do espazo de maior audiéncia da TV Cubana.

Ramonet confia nunha América Latina que defende as súas conquistas sociais. Na foto, con Randy Alonso, director de Mesa Redonda.

Seguir lendo “Bolivia, Venezuela, Cuba, Nicaragua, Salvador, Uruguay e Brasil, son razóns contra o pesimismo en América Latina” (Ignacio Ramonet na TV Cubana)

BUSH PROCURA TAPAR O FRACASO DA SÚA PRESIDENCIA CON NOVAS AMEAZAS CONTRA CUBA

Atilio A. Borón*

A clase dominante e os seus representantes políticos e ideolóxicos non poden por máis tempo coa roncha do seu fracaso no propósito de dobregar a resistencia de Cuba a pesar de medio século de agresión imperialista. O chasco sucesivo das conspiracións destinadas a “normalizar” a situación na illa -é dicir, a retornala á súa condición colonial- encirrou os seus institntos máis agresivos e criminais.

Hai anos, no 2004, o goberno de Bush inventara unha “Comisión para la Transición en Cuba” e deitou moreas de cartos para impor á democracia e o paraíso dos libres mercados na illa.

Roger Noriega, durante a audiencia ante o Comité de Relacións Exteriores do Senado, na súa condición do apoderado da presidencia para este proxecto, dixo que o que se propuña este grupo de “expertos”, empresarios e políticos convocados por Bush, era levar á práctica “a determinación presidencial de rematar co réxime de Castro e derrubar o sistema que o mantivera no poder durante tanto tempo”.

Tal como o formularan Wayne S. Smith and Chloe Schwabe na súa dura crítica a esta iniciativa, ista non só violaba flagrantemente ao dereito internacional, o principio de non-intervención e a Carta da OEA, que Washington dicía respectar, senón que, a maiores, os seus efectos serían totalmente nulos.

Con todo, a Casa Branca seguiu cos seus plans e o 29 de xullo de 2005: nomeou a Caleb McCarry, cadro técnico da dereita conservadora e fillo dun connotado axente da CIA, como coordinador do programa conspirativo. A súa misión era pór en pé o “cambio de réxime” -é dicir, construír dende a Roma americana unha oposición radical á Revolución mediante ríso de cartos e recursos de todo tipo- e conducir, á maneira dun antigo gobernador colonial, ao infortunado país á liberdade. Baixo a súa inspiración e liderado, este grupo produciu un informe de vulto no que aparecian os detalles do camiño polo que debería transitar o “cambio de réxime” que arelaban.

Non obstante, logo de varios anos de traballo todos os seus esforzos deron como resultado a máis completas das inutilidades. Un fracaso que non nos colle de sopresa porque o codigo da derrota inexorábel prometía era nada menos que a restauración da Cuba pre revolucionaria e un feroz escarmento contra os que guiaran e acompañaran á revolución.

Se algo faltaba para reafirmar aínda máis a Revolución Cubana era esa paifoca proclama da contra-rrevolución xunto cos detalles que manifestan a súa sede de vinganza.

O último episodio desta procesión de conspiradores coñeceuse Mércores pasado (21 de Maio) ao George W. Bush convocar na Casa Branca un feixe de contrarrevolucionarios, mafiosos e oportunistas para unha nova iniciativa propagandística, tan erma e inoperante coma as denanteriores: declarou esa data coma “Día de solidariedade co pobo cubano”. Abonda a mención dos asistentes ao encontro para poder comprender profundo desprezo que o pobo de Cuba sente por eles e por todos os que finxen solidarizarse con el.

Todas as flores do discurso que lle prepararon a Bush para o convivio merecen figurar na gloria do coro. O imperio trata aos seus incondicionais de badocos ignorantes e coida que os seus inimigos andan ás minchas. Cando pronuncian o nome do Apóstolo da independencia de Cuba, José Martí, co propósito de avaliar o seu plan de recolonizar Cuba -é dicir, de destruír a obra martiana, a obra pola que Martí ofrendou a súa vida para que fose consumada pola Revolución- é non só unha brutal terxiversación do legado martiano senón tamén unha infamia incualificable.

As referencias do ocupante da Casa Branca aos “prisioneiros políticos” en Cuba non son unicamente un disparate senón tamén a proba da esquizofrenia galopante que se apoderou da xerarquía do poder norteamericana: un presidente que avalou explicitamente a tortura, que promoveu os voos ilegais para torturar sospeitosos e que mantén en funcionamento dous campos de inhumana reclusión e permanente tortura como Guantánamo e Abu Ghraib; un presidente que, durante o Katrina que xostregou Nova Orleans descoidou o seu mandado e é culpable de practicar o xenocidio en contra dos afrodescendientes que alí vivían; o vándalo que destruíu un antergo berce da civilización, Iraq, séntese moralmente autorizado a ditar cátedra de dereitos humanos aos demais.

Esquizofrenia, ou estroboscopia moral, dun goberno que violou todas e cada unha das leis estadounidenses e que mantén na cadea, en condicións absolutamente desafiantes das máis elementais normas sobre a materia, aos cinco patriotas cubanos inxustamente detidos, e aos que se lles nega xuízo xusto que se lle concede mesmo aos delincuentes comúns, precisamente pola súa loita para combater ao terrorismo.

Ista nova fase da ofensiva en contra de Cuba tivo tamén outro lamentable protagonista: o Senador por Arizona John McCain, candidato republicano ás eleccións presidenciais do 2008. Se as asneiradas do “parrulo rengo” George W. poden interpretarse coma retrousos dun milhomes impotente no político e o militar, alí están Cuba, Venezuela, Iraq, Irán, Afganistán, Corea del Norte e tantos outros países para demostrar que os seus desafíos non dan acordado a ninguén.

No seu desespero por asegurar os votos republicanos de Florida e por gañar o apoio mafia cubana (excrecencia esta que non debe confundirse coa comunidade cubana residente na rexión, que como tantos outros de América Latina e o Caribe, emigran aos Estados Unidos en busca de oportunidades económicas), mafia que como toda a que aspire a tal nome mantén excelentes contactos con gobernantes, xuíces e policías o que lle permiten “corrixir” un resultado electoral desfavorable, coma fixeron con George W. Bush nas eleccións do 2000.

McCain dixo que “como presidente non hei esperar sentado o día no que o pobo cubano goce das bendicións da liberdade e a democracia. Non vou esperar porque este é un asunto que afecta tamén os intereses nacionais de Estados Unidos e non vou esperar. O pobo cubano esperou xa demasiado”.

¿Que quere dicir isto? ¿Que de gañar a presidencia ordenaría unha invasión sobre a illa, para levar aos seus habitantes as “bendicións da liberdade e a democracia” que tan pródigamente os Estados Unidos sementaran no Iraq? Secomasí, haberá que esperar que ao Senador se lle pase a intoxicación etílica que seguramente motivou as trementes ameazas para descubrir que é o que realmente pensa sobre a cuestión cubana. Sen esquecer, claro está, que as súas opcións de suceder a George W. Bush son bastante cativas e que, polo de agora cando menos, as súas ameazas non deberían ser consideradas seriamente.

Representan, iso si, un espectro do electorado norteamericano, sobre todo na Florida. Pero nen máis nen menos que iso.

Non é casual que este repetido bracear de Bush, McCain e compañía contra Cuba se produzan cando o goberno revolucionario achega novas evidencias que mostran irrefutablemente como a pretendida “oposición democrática” á Revolución non é senón un heteroxéneo grupúsculo de axentes a soldo do imperio, máis interesados en aseguraren as súas finanzas persoais que en calquera outra cousa.

Un dos seus principais financeiros dende as entrañas do monstro é Alvarez Fernández-Magriñá, recoñecido terrorista que, entre outros servizos brindados ao goberno dos Estados Unidos, figura o de ser quen meteu clandesrtinamente naquel país a Posada Carríles.

Nunha mesa redonda, conducida por Randy Alonso Falcón, informaron a xeito de algúns dos “líderes” desta chamada “oposición democrática”. Nalgúns casos aparecen filmados -en esceas que os afunden en deshonra perpetua – recibindo billetes de banco dos seus padriños estadounidenses e de funcionarios da propia Sección de Intereses de Estados Unidos en La Habana que, de feito, funciona como o estado maior da subversión contra a orde constitucional cubana. A cara lavada dun imperio sumido nunha irreversible decadencia moral, económica e política.

Digna foi a actitude do goberno cubano, que perante a burda intromisión do imperialismo actuou con prudencia, firmeza, sensatez e prudencia moi pouco habituais no mundo contemporáneo. Imaxinemos como reaccionaría a Casa Branca ante a inapelable revelación de que un goberno estranxeiro está a financiar e organizar unha oposición ilegal, anti constitucional e anti sistémica para derrocar as lexítimas autoridades dos Estados Unidos.

Se algún dos membros desa oposición quedase vivo aos poucos días de descuberta a conspiración seguramente sería para podrecer nunha cela de dous metros cadrados polo resto das súas vidas.

Nada diso aconteceu en Cuba.

Non estamos en presenza de nada novo. Esta foi a política seguida por Washington de xeito sistemático e global dende fins da Segunda Guerra Mundial.

Pero no caso de Cuba esta práctica adquiriu unha importancia enorme dada a prioridade que a Casa Branca lle asigna ao “cambio de réxime” na illa.

Ante ese obxectivo esvaécense todos os escrúpulos morais da xerarquía do poder norteamericana, que non deixa de arrogarse a mesiánica (e demencial) misión de espallar no mundo o que chama a liberdade, a xustiza, a democracia e o mercado sen fronteiras.

Pero Cuba resistiu medio século de agresións imperiais e ha resistir moito máis, todo o que sexa necesario.

Máxime cando unha serie de indicadores: dende a inconfesada pero real derrota das tropas imperiais no Iraq e Afganistán (convertido grazas aos Estados Unidos no paraíso mundial para a produción de heroína), até o esfarelamento do dólar, pasando polo crecente llamento político de Estados Unidos a causa da súa flagranteviolación da legalidade internacional nos cinco continentes, proba de que a súa capacidade para impoñer as súas políticas diminuíu de feito. Todo isto ratifica, unha vez máis, unha vella ensinanza da historia: existe unha correlación inversa entre a fachenda coa que se lanza unha ameaza e a capacidade efectiva para executala.

* Atilio A. Borón é profesor de Teoría Política na facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Bos Aires salienta a paradoxa de que o governo que máis violentamente escarnece no mundo a Lei internacional esixa publicamente a renuncia dos que cumpren e axudan internacionlamente na defensa dos dereitos humanos, como é o caso de Cuba.

(Artigo distribuido por Argenpress)

FEDOR NAS CLOACAS XORNALÍSTICAS DE MIAMI

Randy Alonso Falcón

Todo sabíase fai tempo, aínda que algúns agora déanse por sorprendidos. A noticia foi anticipada semanas atrás polo Duende de Miami, quen alertaba sobre a posibilidade de que se desatase un escándalo nos medios de comunicación locais pola aparición dunha lista de xornalistas de Miami ao servizo do goberno. A sacrosanta objetividade e a cacareada independencia de que se ufanaba a prensa e algúns “xornalistas” miameros podería quedar ao espido coas revelacións.

Unha investigación lanzada por The Miami Herald, sobre o uso dos fondos federales norteamericanos para os plans contra Cuba, destapó finalmente a cloaca xornalística. A mans de reporteros dese medio norteamericano chegou unha lista dunha ducia de xornalistas de medios privados do sur da Florida, que eran pagados polo goberno de Estados Unidos, a través da súa Oficina de Transmisións cara a Cuba, para facer propaganda anticubana por medio das infames e desacreditadas Radio e TV Martí.

As denuncias sobre as plumas e voces pagas, feitas unha e outra vez na Mesa Redonda e outros medios cubanos, mostraron o seu valía. Quen gastaban tinta e enchíanse a boca falando de “libre opinión” e atacando ao “xornalismo oficialista cubano”, resultaron ser non máis que simples asalariados de Washington na súa guerra sucia contra Cuba. Desde o “analista experto en poñer petardos en cines” Carlos Alberto Montaner, o mesmo que desde Madrid disputáballe a Mais Canosa o liderado da industria da contrarrevolución, ata o afiebrado columnista do Herald, Pablo Alfonso; desde a furibunda vocinglera do terrorismo anticubano Ninoska Pérez Castellón ata o director de noticias da Canle 41, o antro televisivo da mafia de Miami, aparecen no selecto listado de quen recibiron miles de dólares do goberno norteamericano.

Un dos máis conpiscuos asalariados, con 11 400 dólares en nómina, é o presentador dun noticiero dunha pequena televisora por cable, quen recientemente tratou de armar o seu show anticubano en Arxentina durante a vista de Fidel. Alí, o provocador, con apelido de ave de mal agüero, foi petrificado pola interrogante que lle lanzou o Comandante: ?¿A ti quen che paga???. A resposta entón e agora é fácil de adiviñar.

A revelación de The Miami Herald causou revuelo nos medios xornalísticos norteamericanos e doutras partes do mundo, á vez que fixeron recordar o caso do reportero Amstrong Williams, a quen o goberno de Bush pagoulle fortes sumas por propagandizar a súa lei de reformas da educación no seu programa de televisión transmitido de costa a costa. Expertos estadounidenses se cuestionan a credibilidade desta ducia de reporteros para cubrir objetivamente cuestións craves da política de Estados Unidos cara a Cuba, a cal permanece a maior parte do tempo secuestrada polas presións políticas e mediáticas de Miami.

A hipocresía e o mercenarismo fan estalar, polo seu endeblez, os supostos valores do xornalismo norteamericano, subordinado realmente ao poder do capital. O Novo Herald, temendo @afondar o seu desprestixio, viuse obrigado a despedir a dous xornalistas de persoal e unha colaboradora, que estaban na lista negra. A cadea televisiva Univisión parece disposta a aplicar similar medida a un mediocre comentarista deportivo do seu filial na Florida, tamén involucrado no escándalo. Máis, outros medios salpicados polos acontecementos parecen non darse por decatados.

En defensa dos xornalistas oficialistas da maquinaria anticubana de Washington saíu o congresista Lincoln Díaz Balart, quen entre outras cousas dixo que “alegar que hai falta de profesionalismo e objetividad en Radio e TV Martí é incerto e inxusto”.

Un informe deste ano do Consello de Asuntos Hemisféricos (COHA) mostra, con todo, que “Radio e TV Martí caracterízanse case completamente pola programación propagandística de baixa calidade, a mala administración e a sorprendente incapacidade para lograr os seus propósitos de chegar á audiencia da illa de Cuba”. O reporte tamén sinalaba: “a empresa completa é en realidade pouco menos que unha desacreditada expoliación do tesouro e unha maquinaria propagandística da dereita radical da comunidade cubana de Miami, así como unha fonte de emprego para os ideólogos desempleados inimigos da Habana”.

Pese á incompetencia, a corrupción, o descrédito e o despilfarro destas emisoras anticubanas, ambas seguen recibindo importantes aportes do erario público norteamericano ao amparo da obsesiva política de Washington. Este ano beneficiáronse con 37 millóns de dólares de orzamento, ao que se sumou a adquisición dun novo avión para as injerencistas e ilegais transmisións televisivas. Unha parte significativa dos recursos, como xa se coñece, dedícase a alugar analistas para defender a absurda e irracional política contra Cuba.

A ducia de mercenarios da prensa denunciados en Miami non son os únicos desa cidade. Algúns máis poden ser revelados. Outros poderán sumarse, ao amparo dos novos millóns aprobados para estes fins polo Plan Bush.

En Cuba, como sabemos, tamén hai mercenarios da pluma que forman parte do aparello propagandístico do imperio. Tralas revelacións destes días, tales almas vendidas ao diaño rumian o rancor de recibir só migallas mentres os seus “colegas” en Miami estábanse facendo de miles. Roma os recluta e paga… pero despreza.

FONTE: http://www.cubadebate.cu