Arquivo da etiqueta: Raúl Castro

A realidade cubana actual a discusión

Debates, realidades e concertos.

José Miguel Arrugaeta / Joseba Macías

A chegada do outono trae, unha vez máis, o cuestionamento do intransferible e habitual “ritmo cubano” á hora da toma de decisións que, en opinión de moitos, non poden ser postergadas por máis tempo. A outra cuestión esencial é se o debate social de novo formulado será capaz de incitar as vontades e os apoios necesarios entre unha poboación maioritariamente escéptica e cansa. A situación cubana, interna e externa, adquire por momentos matices difíciles de prever. Seguir lendo A realidade cubana actual a discusión

Xesto a xesto: Unha posible saída ao caso dos cinco

Precedentes históricos para un acordo de alto nivel político.

José Pertierra – Rebelión

INTRODUCION

Recentes declaracións do Presidente Raúl Castro suxiren a vontade de Cuba para iniciar negociacións con Washington que puidesen resultar no retorno dos Cinco cubanos presos nos Estados Unidos. Ao responder preguntas de correspondentes en Brasilia, Raúl revelou a súa disposición de liberar algúns dos presos que están en Cuba como resposta a un xesto dos Estados Unidos de devolver aos Cinco. Caracterizou a xestión como “xesto e xesto”.(1)

Gibbon dixo que o único xeito de xulgar o futuro é polo seu pasado. E a historia ilumínanos agora unha posible solución a un dos temas máis espiñentos que aínda entorpece as relacións entre os Estados Unidos e Cuba: os presos. Seguir lendo Xesto a xesto: Unha posible saída ao caso dos cinco

A mentira ao servicio do imperio

Fidel comenta a noticia da saída de Miret e Cienfuegos do goberno cubano.

A Reuters encabezou onte a lista das axencias internacionais de noticias que presentan a Pedro Miret e a Osmany Cienfuegos como figuras históricas destituídas por Raúl Castro

Séguelle en orde a EFE, que textualmente afirma: “foron destituídos como Vicepresidentes do Consello de Ministros o pasado 2 de marzo”. Seguir lendo A mentira ao servicio do imperio

Entrevista con Atilio Borón

Consolidada, a Revolución Cubana require rachar co inmobilismo social e burocrático.

Tal como o recorda todo o mundo, o 2009 comezou marcado polo cincuentenario da Revolución Cubana -cando, guiados polos posteriormente míticos Fidel Castro e Che Guevara, os guerrilleiros descenderon das montañas de Serra Mestra e derrubaron a sanguinaria ditadura de Fulgencio Batista.

Discutida segundo as preferencias persoais e ideolóxicas dos medios de comunicación e os seus respectivos opinadores, os acontecementos de medio século atrás permearon a vida de xeracións e inspiran ata hoxe ideais de ruptura e cambio social. Coa revolución consumada, o que se coloca de aquí para adiantes é o futuro da Illa, tema central da entrevista realizada por Correio da Cidadania co sociólogo arxentino Atilio Borón. Seguir lendo Entrevista con Atilio Borón

Discurso de Raul Castro no 50 Aniversario da Revolución

Una moitedume compacta escoitaba en silenzo no Parque Céspedes as palabras de honra que Raul Castro adicaba aos caidos na longa loita “Eles son o paradigma e símbolo do esforzo e o sacrificio de millóns de cubanos. En estreita unión, empuñando as poderosas armas que significaron a dirección, as ensinanzas e o exemplo de Fidel, aprendemos no rigor da loita a transformar sonos en realidades; a non perder a calma e a confianza fronte a perigos e ameazas; a levantar o ánimo tras os grandes reveses; a converter en vitoria cada reto e a superar as adversidades, por insuperabeis que puidesen parecer”. Seguir lendo Discurso de Raul Castro no 50 Aniversario da Revolución