Cubadebate – Terra Sen Amos
Máis estadounidenses sen recursos poderán estudar a carreira de médico en Cuba sen ter que empregar anos de traballlo para saldaren un crédito bancário privado que supera un carto de millón de Euros, única saida dos coitados que queren seguir estudos superiores. A atención médica cubana universal, reverso do capitalismo das armas, atrae a Escola Latinoamericana de Medicina (ELAM), estudantes de América, Africa e Asia. Dende 1999, a ELAM ten un programa de bolsas para cursar en Español a carreira de sete anos de medicina co compromiso de os estudantes prestaren os seus servizos en comunidades marginadas. Máis de 25,000 médicos de 84 países formáronse na ELAM, dos que 25 procedian dos EUA e traballan agora en Nova York, California, Novo México, Mississippi, Louisiana, Illinois, Ohio e Xeorxia.
Seguir lendo Máis estudantes pobres dos EUA poderán formarse coma médicos en Cuba