Arquivo da etiqueta: Terra Sen Amos

Raúl no Moncada: “A nosa seguerá a ser a Revolución socialista dos humildes polos humildes”

TERRA SEN AMOS / JUVENTUD REBELDE.

Comemorando o 60 aniversario do asalto aos cuarteis de Moncada e Carlos Manuel de Céspedes, Raúl Castro reafirmou o compromiso socialista e popular da Revolución: “A nosa seguerá a ser a Revolución socialista dos humildes polos humildes, proclamada por Fidel o 16 de abril de 1961, no sepelio das vítimas dos bombardeos que precederon a invasión de Praia Girón”.

Para a 60 efeméride do Moncada, Cuba contou coa presenza de governos do ALBA e do CELAC que desafían os paradigmas do capital na Nosa América. No seu parlamento, Raúl referiuse á extensión da disidencia das políticas do FMI e tivo palabras para cadanseu dignatario: “A Revolución Democrática e Cultural de Bolivia, encabezada por Evo Morales, símbolo da reivindicación dos povos orixinarios; a triunfante Revolución Ciudadana, que lidera con amplio apoio popular en Ecuador o Presidente Rafael Correa; os avances sociais como los do Uruguai que conduce o compañeiro José Mujica, guerrilleiro tupamaro, catorce años na cadea; os que se producen no Caribe que loita polo desenvolvimento sostíbel, a xustiza e a igualdade soberana, representado aqui nos primeiros ministros Roosevelt Skerrit, de Dominica; Baldwin Spencer, de Antigua e Barbuda; Ralph Gonsalves, de San Vicente a as Granadinas, e Kenny Anthony, de Santa Lucía”. Outras mencións de Raúl foron para honrar a lealdade de México coa Revolución Cubana, na Guerra de Liberación e durante o bloqueo, e para Nicaragua e o seu presidente Daniel Ortega, tamén desprazado a Santiago para o aniversario. A emoción embargou ao Presidente a facer a mención de honra de Chávez: “Ao invicto Comandante en Jefe da Revolución Bolivariana da irmá Venezuela, o querido compañeiro Hugo Chávez Frías, discípulo de mérito dos padroeiros da independencia latinoamericana e caribeña. Seguir lendo Raúl no Moncada: “A nosa seguerá a ser a Revolución socialista dos humildes polos humildes”

Homenaxe dos amigos de Cuba a Mirta Rodríguez en Compostela

Terra Sen Amos/Compostela

Mirta Rodríguez Pérez, a nai de Antonio Guerrero, falou en Compostela dos Cinco Heroes Cubanos presos do Imperio. Mirta representa o sacrificio das familias dos patriotas privados de liberdade por defenderen o seu País e con 80 anos divulga por todo o mundo o valor e renuncia de René, Antonio, Gerardo, Fernando e Ramón que puxeran en perigo as súas vidas para prever e evitar os atentados dirixidos a Cuba dende o centro de Miami.

En Compostela, Mirta Rodríguez participou nunha palestra á beira de Alberto Betancourt Roa, asesor da Asociación de Economistas de Cuba e do Deputado Luis Morlote Rivas, presidente da Asociación Hermanos Saíz. Presentounos Xesús Veiga, presidente da Fundación “Galiza Sempre”. Seguir lendo Homenaxe dos amigos de Cuba a Mirta Rodríguez en Compostela

CUBA AILLA A ESTADOS UNIDOS NA ONU

Ao cabo de 50 anos de bloqueo.

Ao cabo de 50 anos de hostilidade, bloqueo e compra de votos contra Cuba en todas as instancias internacionais, Estados Unidos está aillada na Asemblea das Nacións Unidas en defensa do bloqueo. O ministro de Estado de Cuba, Bruno Rodríguez Parrilla, notou no plenario da ONU, que o verdadeiro triunfo de Cuba despois de longos anos de estratexia anexionista norteamericana, baseada na inxerencia e no boicot internacional, non é tanto que 187 estados voten contra o bloqueo norteamericano senón en que Estados Unidos fica aillado internacionalmente na súa guerra contra Cuba.

NACIONS UNIDAS, 26 (Especial para Terra Sen Amos por Elisardo Dacosta) Seguir lendo CUBA AILLA A ESTADOS UNIDOS NA ONU