Arquivo da etiqueta: Valentín Alvite Gándara

A “Francisco Villamil” participa na homenaxe a Hugo Chávez celebrada no Consulado de Venezuela en Galiza

Dirixentes sindicais, representantes de formacións políticas da esquerda nacionalista e personalidades da cultura, homenaxearon no Consulado Xeral de Venezuela en Vigo ao líder da Revolución Bolivariana Hugo Chávez Frias, falecido en Caracas dia 5.

A Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, entregou unha carta de condolencia asinada polo seu presidente, Valentín Alvite Gándara á Cónsul Xeral de Venezuela en Galiza, Mónica Chacín.

O presidente da “Francisco Villamil sinala no seu escrito que Chávez “cambiou a folla de calendário da arrogante censura imperial contra Cuba e abriu camiño a una política continental de xustiza e solidariedade, sobre a base das mesmas ideas socialistas que os Estados Unidos combaten a ferro e fouce na Nosa América desde a Guerra Fria e nomeadamente a partir da entrada dos Revolucionários na Habana, no aninovo de 1959”. Seguir lendo A “Francisco Villamil” participa na homenaxe a Hugo Chávez celebrada no Consulado de Venezuela en Galiza

O aniversario de Martí reúne en Vigo á solidariedade con Cuba

A solidariedade con Cuba rendéu en Vigo homenaxe a José Martí, no cento sesenta aniversario do seu nacemento.

A xuntanza celebrouse ao pé da estatua do Apóstol da independencia de Cuba, obra do escultor cubano René Negrín, nos xardíns de Uxío Montero Ríos.

Valentín Alvite Gándara, presidente da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” dixo que forza do pensamento liberador de Martí cobraba trascendencia especial nun pais como Galiza, solidario e partícipe na loita de Cuba pola independenza, a paz e a xustiza. Seguir lendo O aniversario de Martí reúne en Vigo á solidariedade con Cuba

O II Encontro Galego-Portugués tratou en Porto das reformas económicas e reclamou solidariedade coa resistencia de Cuba ao imperialismo

Terra Sen Amos, Porto 16.06.12.

”A Revolución consiste en mudar todo o que debe ser mudado”. Con esta cita de Fidel Castro resumiu Eduardo González Lerner, embaixador da República de Cuba en Portugal, o espírito das reformas abordadas por Cuba a partir do VI Congreso do PCC. Lerner falaba no II Encontro Galego-Cubano de Solidariedade con Cuba, que produciu dúas condenas contra o bloqueo e para o final da inxusta privación de liberdade dos Cinco Heroes. Porto com Cuba e a Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” aportaron ao II Encontro celebrado en Porto, información e propostas para o remate do bloqueo norteamericano contra Cuba.

Unha referencia á manifestación convocada na Praza do Marqués de Pombal en Lisboa pola Confederación Geral de Trabalhadores Portugueses contra as condicións do rescate imposto a Portugal, abriu as sesións do II Encontro. Presidia a mesa Gonçalo Duarte, presidente de Porto Con Cuba e acompañábano na mesa o presidente da “Francisco Villamil”, Valentín Alvite Gándara, o embaixador Eduardo González Lerner e Melne Martínez Hernández, primeiro secretario da Embaixada de Cuba en Lisboa. Seguir lendo O II Encontro Galego-Portugués tratou en Porto das reformas económicas e reclamou solidariedade coa resistencia de Cuba ao imperialismo

Homenaxe a Martí e aos Cinco en Vigo

A ofrenda a José Martí no 159 aniversario do seu nacimento, foi tamén unha homenaxe aos Cinco Herois Cubanos encarcerados nos Estados Unidos.

Alejandro Fuentes, Cónsul Xeral de Cuba, situou aos Cinco nun lugar especial da longa batalla de Cuba pola independencia e a soberanía, da que Martí é síntese e modelo. O Cónsul adicou un recordo de admiración e respeto para os 5 presos políticos cubanos encerrados en cadeas norteamericanas.

A homenaxe a Martí fora organizada pola “Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, perante a estatua de José Martí nos xardíns de Montero Rios de Vigo, e comezou coa intervención do presidente da Asociación, Valentín Alvite Gándara, quen recordou que o mérito principal do poeta e escritor, fora o seu protagonismo político na historia de Cuba así como a súa exemplar coerencia entre discurso e conduta. Seguir lendo Homenaxe a Martí e aos Cinco en Vigo