Lendo nos anos mozos Os negocios do señor Xullo César, de Bertolt Brecht, chamoume a atención, e lembro ben, mália os anos, como a economía, por mor do mercado e do prezo do trigo, gobernaba a política de Roma. Probas temos abondas de cómo os mercadores de Roma levaban as rendas do goberno, mais quen diria que até no Chile actual, onde non hai a menor posibilidade de un proxecto ante-imperialista gañar o poder executivo, mandasen tamén os amos do mercado.
“Domingo 30 de julho de 2017, durante as eleições para a Assembleia Nacional Constituinte na República Bolivariana da Venezuela, o povo venezuelano demonstrou ao mundo que é dono pleno dos seus direitos soberanos e que milita decisivamente do lado da paz, em defesa da segurança cidadã, da independência e a livre determinação de sua Pátria como fez ao longo de toda a história da América Latina e o Caribe, desde Bolívar.”, assegura um comunicado do Ministério das Relações Exteriores de Cuba, publicado 1 de agosto, adjunto em versão integral.
Terra Sen Amos – ACN 19/03/16 A Orde de Martí, a máis alta distinción da República de Cuba, foi entregada sexta feira 18 ao presidente da República Bolivariana de Venezuela, Nicolás Maduro. Cuba, representada polo presidente Raúl Castro e o pleno da equipa de governo, rendeu unha homenaxe á Revolución Venezuelana mentres as comisións de ambos paises asinaron o Plano Anual de Colaboración dirixido a afortalar o intercambio comercial e económico e áreas de interese común. Cuba ratifica ao seu máis alto nivel o compromiso con Venezuela horas antes de o avión presidencial norteamericano pousar na Habana.
“A Delegación Cubana non compartirá o mesmo espazo que mercenarios e terroristas”, anunciou nun comunicado o grupo de intelectuais que asiste en Panamá aos Foros Paralelos do Cumio das Américas. O xornal “Juventud Rebelde” deu conta de a organización do Foro recusar a entrada na primeira sesión de 28 delegados de Cuba con todos os trámites de participación cumpridos. Entre eles estaban Omar González, Fernando Martínez Heredia, Abel Prieto, Luis Morlote e Heriberto Ferraudy aos que finalmente foi recoñecida a entrada xunto ao resto da Delegación. Unha vez dentro, denunciaron a presenza de mercenarios, ingresados no local do Hotel Panamá pola porta traseira, e anunciaron a súa retirada.
O xornalista Iroel Sánchez refírese a presenza de mercenarios ao servizo de EUA nos foros paralelos do Cumio das Américas e recorda a longa teima do poder norteamericano por cambiar mediante a compra millonaria de vontades, a inxerencia e o crime, o inequívoco comprommiso cubano pola independencia e a xustiza.Seguir lendo A Delegación Cubana en Panamá négase a compartir espazo cos mercenarios→
TSA-Axencias “Así como Cuba nunca estivera soia, Venezuela non o vai estar”, declarou o Goberno Revolucionario da República de Cuba ao ter noticia da alerta nacional decretada pola presidencia dos EUA contra a República Bolivariana. A pouco de Cuba, Bolivia e Ecuador solidarizarse con Venezuela, a “Alianza Bolivariana para los Pueblos de Nuestra América-Tratado de Comercio de los Pueblos” (ALBA-TCP) condenou de vez o decreto emitido dia 9 polo presidente dos EUA, Barack Obama. “A agresión norteamericana para a estabilidade da RBV e polo tanto para a nosa Rexión, non ten precedentes -precisa a ALBA-, viola toda norma internacional da vida entre Estados iguais e soberanos, despreza a tradición anti-imperialista e o acervo histórico dos nosos pobos, e ameaza a paz e a vida dos nosos países”. A ALBA-TCP recusa o intento de desprezar a soberanía, a paz y a orde democrática na República Bolivariana de Venezuela, e chama ao goberno dos Estados Unidos de América a respectar a autodeterminación dos povos e a non inxerencia nos asuntos internos, conforme o Dereito Internacional e o espírito de liberdade e independencia.