50 VERDADES SOBRE A REVOLUCIÓN CUBANA

Salim Lamrani – Opera Mundi.

A Revolución Cubana, símbolo do degaro de independenza de América Latina e do Terceiro Mundo, marcou a historia do século XX.50 VERDADES SOBRE A REVOLUCIÓN CUBANA

  1. O triunfo da Revolución Cubana 1 de xaneiro de 1959 é o suceso principal da historia de América Latina do século XX.
  2. As raíces da Revolución Cubana do século XX veñen do se século XIX y das guerras de independenza.
  3. Durante a primeira guerra de independenza, de 1868 a 1878, o exército español derrotara aos cubanos atascados por fondas divisións internas. Estados Unidos proporcionou apoio a España coa venda das armas máis modernas e opúxose á soberania cubanaia perseguindo os exiliados cubanos que tentaban contribuír á loita armada. 29 de outubro de 1872, o secretario de Estado Hamilton Fish comunicara a Sickles , daquela embaixador de Estados Unidos en Madrid, o seu degaro de España esmagar a rebelión”. Oposto á independenza de Cuba, Washington planeaba tomar posesión da illa.
  4. Cuba é de feito unha das preocupacións mais remotas da política exterior dos Estados Unidos. En 1805, Thomas Jefferson sinalou a importancia da illa, notando que a súa ” posesión era necesario para asegurar a defensa de Luisiana e Florida, tanto como fora a clave para o Golfo de México. Conquistala sería doado para os Estados Unidos-” En 1823, John Quincy Adams , daquela secretario de Estado e futuro presidente dos Estados Unidos, aalude á anexión de Cuba e desenvolve a teoría da “froita madura”: “Cuba, separada de España por mor da súa propia conexión desnaturalizado, é incapaz de sobrevivir por si soa e terá por forza de gravitar na órbita da Unión Norteamericana, e só arredor dela.” Durante o século XIX, os Estados Unidos tentaron seis veces de mercar Cuba á España.
  5. Durante a segunda guerra de independencia, entre 1895 e 1898, os revolucionarios cubanos, unidos ao redor do seu líder José Martí, tiveron que facer fronte outra vez á hostilidade de Estados Unidos que brindou o seu concurso a España vendéndolle armas e arrestando aos exilados cubanos que facian por axudar aos independentistas.
  6. José Martí, nunha carta profética ao seu amigo Gonzalo de Quesada, escrita 14 de decembro de 1889, advirte da posibilidade dunha intervención estadounidense: “Sobre a nosa terra, Gonzalo, hai outro plan máis tenebroso e inicuo: o de forzar á Illa, precipitala á guerra para ter pretexto de intervir, e, co crédito de mediador e de garantizador, quedar con ela”.
  7. En 1898, malia a súa superioridade material, España atopábase á beira do abismo, vencida no campo de batalla polos independentistas cubanos. Nunha carta ao presidente estadounidense William McKinley, de data 9 de marzo de 1898, o embaixador en Madrid, Woodford, sinalou que “a derrota” de España era “segura”. “[Os españois] saben que Cuba está perdida”. Segundo el, “se Estados Unidos desexa Cuba, debe conseguila mediante a conquista”.
  8. En abril de 1898, trala explosión misteriosa do buque de guerra estadounidense The Maine na bahía da Habana, o Presidente McKinley solicitou autorización do Congreso para intervir militarmente en Cuba e impedir que a illa conseguise a súa independencia.
  9. Varios congresistas denunciaron unha guerra de conquista. John W. Daniel, senador demócrata de Virginia, acusou ao Goberno de intervir para evitar unha derrota dos españois: “Cando chegou a hora máis favorable para un éxito revolucionario e a máis desventajosa para España, […] esíxese ao Congreso de Estados Unidos entregar o exército de Estados Unidos ao Presidente para ir impoñer un armisticio pola forza ás dúas partes, porén unha delas xa depuxera as armas”.
  10. En tres meses, Estados Unidos tomou o control do país. En decembro de 1898, Estados Unidos e España asinaran un tratado de paz en Paris sen a presenza dos cubanos, esnaquizando así o seu soño de independenza.
  11. De 1898 a 1902, Estados Unidos ocupou Cuba e obrigou á Asemblea Constituyente a integrar a Enmenda Platt na nova Constitución, so pena de prorrogar a ocupación militar.
  12. A Enmenda Platt prohibía a Cuba asinar calquera acordo cun terceiro país ou contraer débeda con outra nación. Tamén empoderaba a Estados Unidos para intervir en calquera momento nos asuntos internos de Cuba e obrigaba á illa a arrendar indefinidamente a Washington a base naval de Guantánamo.
  13. Nunha carta de 1901, o xeneral Wood, entón gobernador militar de Cuba, felicitou ao Presidente McKinley: “Hai pouca ou ningunha independenza para Cuba baixo a enmenda Platt e o único importante agora é buscar a anexión”.
  14. De 1902 a 1958, Cuba tiña o estatus de república neocolonial, política e económicamente dependente, malia a abrogación da Enmenda Platt en 1934, xa obsoleta.
  15. Estados Unidos interveu militarmente en Cuba en 1906, 1912, 1917 e 1933 trala caída do dictador Gerardo Machado, tan logo advertía amaeaza para o statu quo dun movemento revolucionario.
  16. A Revolución de 1933, liderada por Antonio Guiteras, foi frustrada pola traizón dun sarxento chamado Fulgencio Batista, auto-ascendido a xeneral e axente da embaixada de Estados Unidos para manter a orde establecida. Dirixiu o país entre bambalinas até a súa elección como presidente en 1940.
  17. Tralas presidencias de Ramón Grau San Martín (1944-1948) e Carlos Prío Socarrás (1948-1952), gangrenadas pola violenza e a corrupción, Fulgencio Batista puxo fin á orde constitucional 10 de marzo de 1952, orquestando un golpe de Estado militar.
  18. O 26 de xullo de 1953, un novo avogado chamado Fidel Castro, membro do Partido Ortodoxo fundado por Eduardo Chibás, púxose á fronte dunha expedición de 131 homes e atacou o cuartel Moncada na cidade de Santiago, segunda fortaleza militar do país, así como o cuartel Carlos Manuel de Céspedes na cidade de Bayamo. O obxectivo era tomar o control da cidade “berce histórico de todas as revolucións” e lanzar un chamado á rebelión en todo o país para derrocar ao dictador Batista.
  19. A operación foi un fracaso e numerosos combatentes 55 en total, foron asasinados tras ser brutalmente torturados polo exército. En efecto, só seis deles morreron en combate. Algúns lograron escapar grazas ao apoio da poboación.
  20. Fidel Castro, capturado uns días despois, debeulle a vida ao sarxento Pedro Sarría, quen se negou a seguir as ordes dos seus superiores e executar ao líder de Moncada. “¡Non disparen! ¡Non disparen! ¡As ideas non se matan!”, exclamou fronte aos seus soldados.
  21. Durante o seu histórico alegato titulado “A Historia absolveráme”, Fidel Castro, encargado da súa propia defensa, denunciou os crimes de Batista e a miseria padecida pobo cubano e presentou o seu programa para unha Cuba libre.
  22. Condenado a 15 anos de prisión, Fidel Castro foi liberado en 1955, logo da amnistía que lle concedeu o réxime de Batista e exiliouse en México onde organizou a expedición do Granma, cun médico arxentino chamado Ernesto Guevara.
  23. O 2 de decembro de 1956, Fidel Castro desembarcó na provincia oriental de Cuba á cabeza de 81 revolucionarios co obxectivo de desatar unha guerra de guerrillas nas montañas da Sierra Maestra.
  24. Estados Unidos xamais brindou o seu apoio ao Movemento 26 de Xullo, organización político-militar dirixida por Fidel Castro, durante toda a guerra insurreccional do 2 de decembro de 1956 ao 1 de xaneiro de 1959.
  25. Ao revés, Washington perseguiu con saña a todos os simpatizantes do Movemento 26 de Xullo exilados en Estados Unidos, que facían por fornecer armas aos rebeldes.
  26. O Presidente Dwight D. Eisenhower seguiu provendo armas ao exército de Batista, para alén dun embargo de fachada decretado en marzo de 1958.
  27. O 23 de decembro de 1958, a unha semana do triunfo da Revolución, mentres o exército de Fulgencio Batista estaba en desbandada pesia súa superioridade en armas e homes, tivo lugar a 392 reunión do Consello de Seguridade Nacional, coa presenza do Presidente Eisenhower. Allen Dulles, entón director da CIA, expresou claramente a posición de Estados Unidos: “Temos que impedir a vitoria de Castro”.
  28. Como en 1898, o Presidente Eisenhower estaba a favor dunha intervención armada para impedir o triunfo de Fidel Castro. Preguntou si o Departamento de Defensa pensara “nunha acción militar que podería ser necesaria en Cuba”. Os seus asesores puideron disuadilo.
  29. A hostilidade de Estados Unidos cara á Revolución Cubana non ten relación co contexto da Guerra Fría. Empezou antes da chegada ao poder de Fidel Castro, antes da alianza con Moscú en mayo de 1960, e seguiu logo da desaparición do bloque soviético en 1991.
  30. O 1 de xaneiro de 1959, cinco anos, cinco meses e cinco días despois do asalto ao cuartel Moncada do 26 de xullo de 1953, triunfou a Revolución Cubana.
  31. En xaneiro de 1959, Estados Unidos acolleu de brazos abertos aos partidarios do antigo réxime, ata aos criminais de guerra, autores do roubo de 424 millóns de dólares ao Tesouro cubano.
  32. Desde o inicio, a Revolución Cubana tivo que edificar o seu proxecto de sociedade nun contexto de estado de sitio permanente, fronte á crecente hostilidad de Estados Unidos. Desde 1959, Cuba nunca gozou dun clima de paz para construír o seu futuro. En abril de 1961, Cuba tivo que enfrontar a invasión armada de Bahía de Cochinos que organizou a CIA, e en outubro de 1962 a illa foi ameazada de desintegración nuclear durante a crise dos misiles.
  33. Desde 1959, Estados Unidos, decidido a derrocar a Fidel Castro, levou unha campaña de terrorismo contra Cuba con máis de 6.000 atentados, que custaron a vida a 3.478 civís e incapacitaron para sempre a 2.099 persoas. Os danos materiais se evalúan en varios miles de millóns de dólares e Cuba veuse na obriga de gastar sumas astronómicas para a súa seguridade nacional, o que limitou o desenvolvemento dos programas sociais. O propio líder da Revolución foi vítima de 637 tentativas de asasinato.
  34. Desde 1960, Washington impón sancións económicas sumamente severas, ilegais segundo o Dereito Internacional, que afetan ás categorías máis vulnerabeis da poboación, ou sexa as mulleres, os nenos e os anciáns. Este estado de sitio, condenado pola inmensa maioría da comunidade internacional (188 países de 192), constitúe o principal obstáculo ao desenvolvemento da illa, e custou máis dun billón de dólares a Cuba.
  35. Malia todos estes obstáculos, a Revolución Cubana é un innegable éxito social. Ao dar a prioridad aos máis desherdados coa reforma agraria e a reforma urbana, ao erradicar o analfabetismo, ao desenvolver a educación, a saúde, a cultura e o deporte, Cuba creou a sociedade máis igualitaria do continente latinoamericano e do Terceiro Mundo.
  36. Segundo a UNESCO, Cuba dispón da taxa de analfabetismo máis baixa e da taxa de escolarización máis alta da Nosa América. A axencia das Nacións Unidas sinala que “a educación foi a prioridade en Cuba desde hai [máis de] 40 anos. É unha verdadeira sociedade de educación”. O seu informe sobre a educación en 13 países de América Latina clasifica a Cuba como primeira en todas as asignaturas. Segundo a UNESCO, Cuba é a nación do mundo que consagra a parte máis elevada do orzamento á educación, con cerca do 13% do PIB.
  37. Cuba ten unha taxa de mortalidade infantil de 4,6 por mil, ou sexa a máis baixa do continente americano, máis baixa que a de Canadá ou Estados Unidos.
  38. Cuba é a nación que dispón do maior número de médicos per cápita do mundo, con 85.000 profesionais para 11,1 millóns de habitantes. Segundo o New England Journal of Medecine, a revista médica máis prestixiosa do planeta, “o sistema de saúde [de Cuba] resolveu problemas que o noso [o de Estados Unidos] aínda non deu solucionado”. A revista subliña que “Cuba dispón agora do dobre de médicos por habitante que Estados Unidos”.
  39. Segundo a UNICEF, “Cuba é un exemplo na protección da infancia” e un “paraíso da infancia en América Latina”, e enfatiza que Cuba é o único país de América Latina e do Terceiro Mundo que deu erradicado a desnutrición infantil.
  40. Segundo o Programa das Nacións Unidas para o desenvolvemento (PNUD), Cuba é o único país de América Latina e do Terceiro Mundo situado entre as dez nacións do mundo co mellor Índice de Desenvolvemento Humano sobre os tres criterios “esperanza de vida, educación e nivel de vida” durante a última década.
  41. A Revolución Cubana fixo da solidariedade internacionalista un alicerce esencial da súa política exterior. Cuba acolle decenas de miles de estudantes procedentes de países pobres, ofrécelles formación universitaria gratuita de alto nivel e encárgase de todos os gastos. A Escola Latinoamericana de Medicina da Habana é unha das máis famosas do continente americano e formou miles de profesionais da saúde procedentes de máis de 123 países.
  42. Desde a primeira misión internacionalista en Argelia, no ano, no ano 1963, 132.000 médicos cubanos e outro persoal sanitario traballaron voluntariamente en 102 países. Hoxendía, 38.868 colaboradores médicos, entre eles 15.407 médicos, ofrecen os seus servizos en 66 nacións do Terceiro Mundo.
  43. Grazas á “Operación Milagro” lanzada por Cuba en 2004, consistente en operar gratuitamente a poboacións pobres vítimas de enfermidades oculares, preto de 2,5 millóns de persoas de 28 países recobraron a vista.
  44. O programa de alfabetización cubano “Eu, si podo”, lanzado en 2003, permitiu que 7 millóns de persoas dos cinco continentes aprendesen a ler, escribir e sumar.
  45. Segundo o World Wild Fund for Nature (WWF), a organización máis importante de defensa da natureza, Cuba é o único país do mundo que alcanzou un desenvolvemento sostenible.
  46. Cuba desempeñou un papel clave na loita contra o apartheid, coa participación de 300.000 soldados en Angola entre 1975 e 1988 para facer fronte á agresión do exército racista surafricano. O elemento decisivo que puxo fin ao apartheid foi a estrepitosa derrota militar que as tropas cubanas infligieron ao exército surafricano en Cuito Cuanavale, no sureste de Angola, en xaneiro de 1988. Nun discurso, Nelson Mandela rendeu homenaxe a Cuba: “Sen a derrota infligida en Cuito Cuanavale, nosas organizacións non serían legalizadas! A derrota do exército racista en Cuito Cuanavale fixo posible que hoxe eu poida estar aquí con vostedes! Cuito Cuanavale marca un fito na historia da loita pola liberación do África austral!”
  47. Contrariamente a unha idea preconcibida, a Revolución Cubana tivera catro presidentes distintos: Manuel Urrutia de xaneiro de 1959 a xullo de 1959 e Oswaldo Dorticós de xullo de 1959 a xaneiro de 1976 baixo o antigo réxime da Constitución de 1940, Fidel Castro de febreiro de 1976 a xullo de 2006 e Raúl Castro desde 2006, trala adopción da Constitución de 1976.
  48. Os medios informativos occidentais, propiedade de conglomerados económicos e financeiros, vilipendian á Revolución Cubana por unha razón moi precisa que non ten nada a ver coa democracia e os dereitos humanos: o proceso de transformación social iniciado en 1959 sacudiu a orde e as estruturas establecidos, puxo en cuestión o poder dos dominantes e propón unha alternativa social onde os recursos destínanse á maioría e non a unha minoría.
  49. A principal conquista da Revolución é facer de Cuba unha nación soberana e independente.
  50. A Revolución Cubana, edificada por varias xeracións de cubanos, posúe todas as virtudes e defectos da condición humana e nunca ha ter a pretensión de se proclamar coma modelo. Segue sendo, malia as súas dificultades, un símbolo mundial de dignidade e de resistenza.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *