Vindeiros martes 8 e mércores 9 de outubro, a Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil convoca en Vigo e Compostela senllas palestras con tres compañeiras do Instituto Cubano de Amizade cos Pobos e do Centro Fidel Castro que abordarán os efectos do cruel bloqueo que dende o ano 1962 executan os EUA contra Cuba co infame propósito de derramar a súa economía e responsabilizar ao goberno socialista do fracaso. Nas convocatorias de Vigo e Compostela intervirán  Ibis Alvisa González, Especialista principal da Dirección de Europa do ICAP (Instituto Cubano de Amizade cos Pobos), Licenciada en Relacións Políticas Internacionais. Noemí Rabaza Fernández, Vicepresidenta Primeira do ICAP, Licenciada en Economía e Master en Ciencias Políticas e Económicas e Sissi Abay Díaz, subdirectora do Centro Fidel Castro, investigadora e especialista na historia da Revolución Cubana e o pensamento político de Fidel. Abay Diaz foi responsábel de edición das Obras Escollidas de Fidel Castro Ruz.

A convocatoria de Vigo, vindeiro martes 8 de outubro, ás 19:3O horas, será no local da Asociación de Amizade Galego-Cubana, na rúa Cánovas, 10-1º, oficina 5.

A de Compostela , mércores  9 de outubro, ás 19:3o horas, terá lugar na Casa das Asociacións de Cornes, na rúa Manuel Beiras, 3.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *