A mentira e as calumnias nunca darán socavado  a integridade de Cuba

NOTA DO MINREX PUBLICADA POR GRANMA– 20.08.24

A invención e o delirio maniféstanse máis unha vez nunha restra de calumnias contra Cuba. A agonía por esconderen o fracaso das conspiracións golpistas contra Venezuela, leva a unha mandadeira das oligarquías e intereses xeo-estratégicos dos EUA a acusacións falsas e venais que procuran implicar ao Estado Cubano en inexistentes prácticas de represión, espionaxe, persecución e tortura na República Bolivariana.

Sobre a dita sementadora de mentiras, soubemos de a pouco que recibiu millóns de dólares de conspiradores dos EUA co propósito de finanzar a súa campaña e xerar desestabilización en Venezuela.

Non é Cuba quen interfire –nunca o fará– na vida política e económica doutro país con sancións, presións e conspiracións para o golpe; non é Cuba quen lanza unha campaña de propaganda para socavar as institucións lexítimas de Venezuela e pór en risco a vida de miles de persoas con desprezo da vontade da maioría.

Como foi denunciado por este Ministerio, nas declaracións do 31 de xullo, e o 2 e 10 de agosto: espallan calumnias contra Cuba os mesmos que apoian e practican a intromisión, a manipulación e a violencia.

A oligarquía venezolana non ignora que a Revolución Bolivariana acabou con décadas de torturas, desaparicións forzadas e asasinatos mentres os irresponsabeis falsificadores da realidade finxen ignorar a ominosa evidencia de prácticas de inxerencia e represión dos seus mentores, os EUA.

É coñecido o papel estadounidense na Operación Cóndor en América Latina e o Caribe e o adestramento de mercenarios e forzas militares golpistas. Washington executóu métodos de tortura e horror contra detidos en Guantánamo, territorio cubano ilegalmente ocupado; os EUA son responsábeis de práticas represivas contra o seu propio pobo, coma as que vimos hai semanas contra estudantes universitarios que manifestaban a súa indignación polo xenocidio en Gaza.

Cuba recusa de plano as mentiras fabricadas por sucesivos gobernos dos EUA para encarnizaren políticas de cerco coma a inclusión de Cuba nunha lista unilateral de Estados que supostamente patrocinan o terrorismo, medidas que provocan graves prexuizos apoboación cubana xa de feito agredida por 62 anos de bloqueo económico .

Xamais o indecoro e a mentira que a dereita usa como estandarte poderán socavar a integridade da Revolución Cubana nin vencer a vontade dos pobos.

A Habana, 20 de agosto de 2024.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *