Terra Sen Amos – Axencias
O Movimiento Estatal de Solidariedade con Cuba (MESC) integrado por 63 organizacións que defenden a soberanía do primeiro Estado Socialista de América, combaten as mentiras diarias da propaganda dos media que entregan a súa liña editorial aos EUA, e denuncian a continuidade dun Bloqueo que consume máis de 60 anos sen máis resultado que maltratar ao pobo de Cuba e de a pouco multiplicar os seus recursos de chantaxe e terrorismo económico contra a illa, condena a moción anticubana que presentada pola coalición da dereita e os fascistas ven de ser aprobada polo Parlamento da UE. Un manifesto reaccionario que repite a falacia de o pobo de Cuba estar privado de voto e impedido de expresar a súa opinión política, malia que para iso teña a bancada inmovilista que censurar no seu comentario as eleccións de Cuba nas que a ninguén se nega a condición de elixíbel e votante.
De feito, tantoa solidariedade como a Comisión de Relacions Internacionais da Asemblea Nacional dol Poder Popular de Cuba (ANPP) dixo que a resolución endosada polo Parlamento Europeo (PE) é servil aos EUA e carece de autoridade moral, política e xurídica para xulgar a Cuba. A Comisión Internacional do Parlamento de Cuba comparou esta moción con outras precedentes que difaman non só a realidade cubana, senón tamén as relacións que Cuba mantén con otros Estados nun intercambio de decisión soberana e de respecto integral ao Derecho Internacional.
A ANPP traza a resolución a partir do debate de 13 de xuño pasado, sobre as declaracións do Consello e da Comisión Europea sobre o estado do Acordo de Diálogo Político e Cooperación (ADPC) entre a UE e Cuba, a partir da visita a Habana, en maio pasado, do Comisario de Política Exterior, Josep Borrell, para asistir ao III Consello Cuba-UE.