A solidariedade con Cuba demanda unha sentencia internacional contra o Bloqueo

As organizacións do Estado que participan no Cume dos Pobos votan por constituiren un Tribunal Internacional contra o Bloqueo dos EUA a Cuba. Este apoio representa a solidariedade con Cuba no Estado nos vindeiros 16 e 17 en Bruxelas no Cumio Internacional para proclamar que o cerco de Cuba é unha violación dos Dereitos Humanos de cubanos e cubanas, que 13 gobernos sucesivos dos EUA exercen ilegalmente dende hai máis de 60 anos. Reunida en Madrid en asemblea, a solidariedade denuncia que o bloqueo produce sufrimientos diarios ao pobo de Cuba, nomeadamente a infancia e a terceira idade. O bloqueo ten unha expresión concreta en termos monetarios xa que Cuba foi obxecto de danos por valor de máis dun billón de dólares, logo de o goberno dos Estados Unidos en tempos da presidencia de Eisenhower decretar o bloqueo.

Anualmente, dende 1992, por aclamación da Asemblea Xeral de la ONU, o bloqueo é obxecto de denuncia e condena. A moción contén unha exhortación clara ao goberno dos EUA para dar rematado tan brutal aldraxe contra a nación cubana. Este universal clamor e denuncia é recibido con desprezo polas sucesivas administracións norteamericanas que non recataron nunca o seu desprezo pola Comunidade e o Dereito Internacional, aos que, polo demais, invoca para justificar súas intervencións militares.

Nos últimos anos, o bloqueo foi perversamente recrecido con con máis de 242 medidas decretadas por Donald Trump, rematadas coa cínica reinclusión de Cuba na Lista de Países Patrocinadores do Terrorismo. Un sobrebloqueo xeral que cerca a relación da illa co  resto do mundo, entrometimento brutal e despectivo, adoptado unilateralmente por un goberno que patrocina individuos,  organizacións e reximes terroristas en todo o mundo.

Máis ainda, Cuba padeceu a lacra do terrorismo con máis de 3.474 vítimas fallecidas e 2.099 lesionados graves, en atentados promovidos e organizados dende o territorio dos EUA e a complicidade neglixente das autoridades dese país.

A inclusión de Cuba na presunta lista de terroristas espanta potenciais inversións extranxeiras na illa; dificulta e encarece o comercio e as finanzas exteriores e bloquea máis ainda o seu azaroso desempeño económico diario. Non  só é unha calumnia senon unha brutal volta de torno no criminal bloqueo contra Cuba.

Por estas razóns a Asemblea coida que o bloqueo e as agresións norteamericanas contra Cuba deben ser xulgadas e condenadas coma crimes de lesa humanidade que enteira e cabalmente son.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *