O MESC convoca en Madrid un congreso sobre bloqueo preparatorio do Cume dos Pobos de Bruxelas

Terra Sen Amos – MESC

Os vindeiros 8 e 9 de Xullo o Movimento Estatal de Solidariedade con Cuba convoca en Madrid un programa de seis palestras temáticas sobre bloqueos e sancións imperialistas, débeda externa e dereitos e migracións. A cita foi programada como cita preparatoria para Cume dos Pobos que terá lugar en Bruxelas 17 e 18 de novembro vindeiro como foro alternativo ao Cume da UE-Celac de xefes de Estado e de Goberno, convocado tamén ena capital belga para os dias 17 e 18 de xullo, data na que goberno de Madrid asumirá a presidencia rotatoria do Consello da UE. A participación no cume dos días 8 e 9 é aberta.

Sábado 8, as 11 da máñá abrirá a palestra sobre Bloqueos e Sancións no Auditorio Marcelino Camacho de Comisións Obreiras (rúa de Lope de Vega 38, en Madrid) no que se van tratar as estratexias de solidariedade con Cuba, Venezuela e Palestina. Participarán nesta mesa, Moderados por Elena Priego, o europarlamentario de IU Manu Pineda, Araceli Escudero, do Movimento Estatal de Solidariedade con Cuba-MESC,  Mónica Saiz, conselleira da Embaixada de Venezuela, Jaldia Abubakra de Palestina e Mª del Carmen Domínguez, de Nicaragua.

Sobre o mesmo horario (11 a 14) están convocadas as palestras de Golpes de Estado, Manipulación da Administració de Xustiza (lawfare) e extrema dereita, que será na Sala das Trece Rosas. A de Débeda Externa, comercio, multinacionais e recursos naturais, está convocata na Sala da Camocha do mesmo centro.

Sábado a partir das 17 están programadas as palestras sobre Derechos Humanos e Migracións, no auditorio Marcelino Camacho; Paz, Cooperación, Xustiza e Solidariedade, na Sala das Trece Rosas e Feminismos, Transición Ecológica e Pobos Originarios, na sala da Camocha.

Domingo 9 ás 11, comezará a Sesión Plenaria no auditorio Marcelino Camacho.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *