Josep Borrell
Alto Representante da Unión Europea
para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade,
24 de mayo de 2023.
Estimado Alto Representante:
Sabendo que vai visitar Cuba para participar no Consello Conxunto a celebrar na Habana, por mor do Acordo de Diálogo Político e de Cooperación entre Cuba, a Unión Europea e os seus Estados membros, asinado en decembro do 2016, nós, cidadás e cidadáns europeos comprometidos co movemento de solidariedade co pobo cubano e implicados no Coordinamento dei Solidarietá con Cuba (Italia e Svizzera sezione Ticino) a Asociación Suíza- Cuba (ASCHI), Netzwerk Cuba-Alemaña, a Asociación de Amizade Austria-Cuba OKG e o Movemento Estatal de Solidariedade con Cuba (MESC) do Estado español, que integra 63 asociacións solidarias, pedímoslle que asuma unha resolta posición en contra do bloqueo e a insultante inclusión de Cuba na espuria Lista de Estados Patrocinadores do Terrorismo.
De seguro sabe que a extraterritorialidade do criminal bloqueo e a inclusión de Cuba nesa ilegal lista ten consecuencias sumamente negativas para a cidadanía da UE, xa que afecta nosos negocios, interfire nosa relación coa poboación cubana e afecta a asistencia humanitaria e a colaboración en sectores prioritarios entre Cuba e a Unión Europea. Tamén magoa outras actividades de interese mutuo para ás poboacións cubana e europea poderen arrequecer seus lazos históricos.
A presenza de persoal médico cubano integrante da Brigada Henry Reeve en territorio europeo, salvando vidas sen pedir nada a cambio, manifesta o altruísmo e a solidariedade desinteresada do pobo cubano. É esta a ocasión de Europa e as súas institucións corresponderen esa solidariedade. Causa vergoña recordar que accións destinadas a colaborar co pobo de Cuba durante a pandemia da COVID 19 non puideran materializarse, malia a diáfana vontade de nós, cidadás e cidadáns europeos. Non conseguiran os chamados realizados por vostede, o secretario xeral das Nacións Unidas e a Alta Comisionada das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos, suspender o encarnizado aumento do bloqueo no entanto durase a pandemia e a agonía dos paises para facerlle fronte. Que nome darlle senón infamia a atitude das autoridades estadounidenses ao desprezaren a demanda inequívoca da comunidade internacional a prol do levantamento do bloqueo.
A entrada en vigor do Título III da Lei Helms Burton afecta substancialmente os dereitos dos socios e socias da UE, consolida a ilegal extra-territorialidade da súa aplicación e derrama o Dereito Internacional. A difícil situación económica e social que atravesa Cuba é o resultado combinado da aplicación desa ilegal política, e da crise internacional xerada pola pandemia. Recruado a níveis extremos, o bloqueo lacera a capacidade de desenvolvemento do pobo de Cuba e afecta sensibelmente á poboación da illa, en particular aos grupos máis vulnerabeis, como nenos, anciáns e doentes. Viola os dereitos económicos, sociais e culturais da poboación cubana e as súas prerrogativas civís e políticas, en tanto que pretende reverter o sistema político, económico e social que as cubanas e os cubanos escolleron libremente para si, en pleno exercicio de autodeterminación, ao aprobar mediante referendo popular, a nova Constitución da República no 2019. O voto a prol da Constitución, co 86,7% da poboación cubana é mostra inequívoca de democracia.
Confiamos que o Consello Conxunto apoie a soberanía e autodeterminación de Cuba, reclame a exclusión de Cuba da lista de Estados Patrocinadores do Terrorismo, a suspensión do Título III da Lei Helms Burton e o levantamento total, inmediato e incondicional do bloqueo. Nese empeño pode contar co apoio do movemento europeo de solidariedade con Cuba. Atentamente, o Movemento de Solidariedade de Cuba do Estado Español (MESC), o Coordinamento dei Solidarietá con Cuba (Italia e Svizzera, sezione Ticino), a Asociación Suíza-Cuba (ASCHI), a Asociación de Amizade Austria-Cuba OKG e
Das Netzwerk Cuba- Informationsbüro – e. V.