Todalas entradas de admin

A Federación Sindical Mundial reclama a intervención da ONU a prol dos Cinco

A Federación Sindical Mundial (FSM) reclama da ONU intervir perante os Estados Unidos para a urxente liberación dos Cinco revolucionarios cubanos que están a piques de cumpriren trece anos de castigo nas cadeas norteamericanas. A organización obreira mundial entende que Ban Ki Moon, secretario xeral da ONU debe instar ao presidente Obama para que este produza un indulto que poña fin a inxusta tortura de cinco persoas condenadas nos Estados Unidos por teren impedido a violencia asasina no seu propio país.

O texto da resolución fora proposto ao XVI Congreso da FSM pola delegación do sindicato canario Intersindical Canaria, organización de traballadores e traballadoras activamente implicada dende o seu comezo na campaña internacional pola liberación dos Cinco. A Asemblea da FSM, refrendou a carta como aportación á Campaña Europea por Un Millón de Asinaturas para a Liberdade dos Cinco, o que suma de feito os votos dos douscentos delegados do continente europeo aos seiscentos do resto do mundo. Seguir lendo A Federación Sindical Mundial reclama a intervención da ONU a prol dos Cinco

Cuba, á cabeza de América Latina en atención social e educación

Cuba ten os mellores indicativos sociais do continente Sure o Caribe, segundo acaba de publicar a Comisión Económica para América Latina e o Caribe (CEPAL) das Nacións Unidas. A estatística desta axencia especializada corrobora o proclamado pola Asemblea Xeral do Consello Economico e Social (Ecosoc) acerca do cumprimento dos Obxectivos do Milenio (Terrasenamos, 07.07.2011)

En materia de educación, Cuba salienta por ter a taxa máis alta de matriculacións no primeiro nível de ensino de 2009, co 99,3%. O promedio de escolantes por mestre ou mestra no primeiro nível está entre 12 e 9, o máis baixo de America Latina que ten unha media de 25-23 matriculados no período 200-2009. Seguir lendo Cuba, á cabeza de América Latina en atención social e educación

A folga de fame dos presos de California denuncia a tortura como norma nas cadeas dos Estados Unidos

A folga de fame de catrocentos presos durante máis de tres semanas na cadea californiana de Pelican Bay, deixou en evidencia que a tortura é unha norma no sistema penal dos Estados Unidos.

A protesta de Pelican Bay puxo en perigo de morte aos presos pero conseguiu dous obxectivos: romper o silezo da información dominante sobre o maltrato penal convertido en norma nos Estados Unidos e dobregar á administración penal federal nas demandas básicas da folga.

Canto ao impenetrabel telón da censura, a folga da super-cadea de Pelican Bay acabou na primeira plana do New York Times, despois dos presos entrar en estado crítico. Colin Dayan, profesor da Universidade Vanderbilt, contou nun artigo publicado neste diario que a reclusión de castigo en aillamento xa se convertira en ordinaria despois de o Tribunal Supremo dos Estados Unidos pór en dúbida dereitos fundamentais da poboación penal e admitir nas cadeas a existencia do monstro legal da “situación segregada” para os internos nas celas de castigo. Grazas ao Supremo, a administración penitenciaria deixou de render contas sobre os presos en celas de aillamento en preventiva porque non foran encerrados sen luz nin contacto en razón de castigo senón dentro do limbo legal da “situación segregada”. Seguir lendo A folga de fame dos presos de California denuncia a tortura como norma nas cadeas dos Estados Unidos

O Encontro Galego Portugués de Solidariedade con Cuba critica a submisión da UE á inxerencia norteamericana

Unha dura crítica da submisión da UE aos ditados do governo norteamericano en relación co bloqueo de Cuba e a esixencia da inmediata liberación dos Cinco Antiterroristas Cubanos presos nos Estados Unidos, foron as principais conclusións do Encontro Galego-Portugués de Solidariedade con Cuba celebrado en Santiago de Compostela o dia 25.

Na asemblea escoitaronse propostas para contrarrestar a difamación informativa dominante sobre a realidade cubana e outras para promover actividades de apoio á Revolución, de fomento da cooperación económica con Cuba e da participación en brigadas solidarias así como outras referentes ao intercambio cultural e o irmanamento entre entidades galegas, portuguesas e cubanas. Seguir lendo O Encontro Galego Portugués de Solidariedade con Cuba critica a submisión da UE á inxerencia norteamericana

Cuba premia a Neira Vilas coa Medalla Alejo Carpentier

O Cónsul de Cuba en Compostela, Alejandro Fuentes Hernandez, recoñeceu o labor de Xosé Neira Vilas a prol das culturas nacionais de Cuba e Galiza coa Medalla Alejo Carpentier outorgada polo Consello de Estado da República de Cuba. O escritor galego, traballador en Cuba dende 1960 até a súa xubilación, asegurou que recibía a máis alta distinción do Estado Socialista Cubano, en nome dos obreiros galegos emigrantes, dos transterrados que loitaran na Guerra da Independencia de Cuba e da súa lembrada compañeira, a escritora galego-cubana Anisia Miranda.

“Neira é unha personaxe de Alejo Carpentier”, dixo Ana Chouciño, diretora da Cátedra de Cultura Cubana da Universidade “Alejo Carpentier” antes de ilustrar a biografía do neno labrego de Gres, emigrante á Quinta Provincia, fins dos 40, o Bos Aires de Luis Seoane, Castelao, Lorenzo Varela, Eduardo Blanco-Amor, Rafael Dieste e Arturo Cuadrado e despois voluntario do nacente Estado Socialista cubano. Formado como xornalista na Arxentina, intégrase na Habana da Revolución no Instituto de Literatura y Linguística onde nacerá, baixo a súa direción, o mellor arquivo da emigración galega na Nosa América e relacionase con Ernesto Guevara e Alejo Carpentier. Seguir lendo Cuba premia a Neira Vilas coa Medalla Alejo Carpentier