Todalas entradas de admin

Discurso do Secretario de Estado de Cuba no XIX Cumio Iberoamericano

A pobreza só ten solución por medidas políticas.

Vencer a pobreza e o atraso mediante innovación e o coñecemento, sen solucionar as desigualdades, é un soño. No Cumio de Lisboa, a voz crítica do Secretario de Estado de Cuba, Bruno Rodríguez Parrilla, puxo a arela da liberación científico-técnica ao nivel da realidade da Nosa América. fixo pousar na realidade a arela de foi a no Cumio de Lisboa O representante de Cuba, díxoo cunha pregunta de Xosé Saramago “Qué caste de mundo é este que pode mandar máquinas a Marte e non fai nada para deter o asasinato dun ser humano “?

“A innovación e o coñecemento -dixo o Secretario de Estado- formulan oportunidades para promover o desenvolvemento, para impulsar o crecemento económico, para reducir a desigualdade, para curar as enfermidades curabeis e atopar solución ás hoxe incurabeis, para mellorar as condicións de vida de miles de millóns de seres humanos, para darlle oportunidade aos minusválidos, para erradicar a fame do mundo, para conseguir a xustiza e para protexer ao planeta do efecto depredador da nosa propia acción. Ora tamén poden usarse para promover a exclusión, privar aos máis pobres da tecnoloxía e o adianto, perpetuar na miseria miles de millóns de persoas, contribuír ao acaparamento e a exclusividade do coñecemento, concentrar o dominio das fontes e recursos para a produción de alimentos e explotar máis intensamente os recursos esgotabeis do planeta. Seguir lendo Discurso do Secretario de Estado de Cuba no XIX Cumio Iberoamericano

Manu Chao fala da relación entrañable con Cuba dende a súa infancia

R. A. Hernández e Yinett Polanco.

Hai 17 anos pisou esta Illa por primeira vez coa expedición Cargo Tour 92, aínda que Cuba fora unha palabra inseparable ao longo da súa vida. Entón presentouse no teatro Karl Marx. Desde ese momento, como unha necesidade inquebrantable, o músico franco-galego Manu Chao regresa cada certo tempo á Illa, á mesma Illa da que tanto lle falase desde pequeno o seu pai, o xornalista e escritor galego Ramón Chao, e que fose o berce do seu primeiro heroe musical: Bola de Nieve; a terra dun amigo sempre presente na súa casa: Alejo Carpentier e, sobre todo, o espazo de loita dun dos seus maiores símbolos: o Che. Precisamente para render homenaxe ao guerrilleiro e líder revolucionario cubano-arxentino regresou Manu Chao a Cuba este ano, con senllos concertos na Habana e Santa Clara.

Nacido en París en 1961, José-Manuel Thomas Arthur Chao é un dos músicos progresistas máis recoñecido no mundo franco e hispano-parlante. Alleo aos grandes circuítos mediáticos, este prolífico e políglota cantautor emprende a súa música de maneira crítica e comprometida coas causas do seu tempo, a partir de textos cargados de preocupacións sociais e unha amplísima combinación de ritmos procedentes de Europa, América Latina e África. Os seus álbumes máis recoñecidos Clandestino (1998), Próxima estación esperanza (2001), Radio Bemba Sound System (2002) Siberie me etait contée (2004), A radiolina (2007) e Baionarena (2009), véndense por millóns de copias. Seguir lendo Manu Chao fala da relación entrañable con Cuba dende a súa infancia

A realidade cubana actual a discusión

Debates, realidades e concertos.

José Miguel Arrugaeta / Joseba Macías

A chegada do outono trae, unha vez máis, o cuestionamento do intransferible e habitual “ritmo cubano” á hora da toma de decisións que, en opinión de moitos, non poden ser postergadas por máis tempo. A outra cuestión esencial é se o debate social de novo formulado será capaz de incitar as vontades e os apoios necesarios entre unha poboación maioritariamente escéptica e cansa. A situación cubana, interna e externa, adquire por momentos matices difíciles de prever. Seguir lendo A realidade cubana actual a discusión

Clamor na ONU contra o bloqueo de Cuba

A Asemblea das Nacións Unidas critica con máis votos que nunca a política de inxerencia de Estados Unidos contra Cuba.

O país máis armado da historia da humanidade intervén como promotor da sabotaxe administrativa e bombista contra outro pequeno Estado que exporta médicos e mestres a todo o mundo ao tempo que promove o principio da xustiza e a igualdade. O voto da ONU indica que as razóns de Cuba poden máis que a forza do Imperio. Seguir lendo Clamor na ONU contra o bloqueo de Cuba

Anisia Miranda, militante revolucionaria de Cuba e Galiza

Foi enterrada o dia 23 en Gres.

Só unha cativa parte das persoas que tiveron a sorte de tratar en vida a Anisia Miranda, estiveron presentes na súa despedida no cemiterio de Gres (Vila de Cruces) no mediodía de venres 23. Por vontade da familia, non se deu publicidade á nova da súa morte nen houbo lugar para a manifestación protocolar de dóo.

Entre o reducido grupo que foi canda Xosé Neira Vilas no sepelio da súa compañeira Anisia, estaba o presidente da Asociacion de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil” da que Neira é Socio de Honra. Seguir lendo Anisia Miranda, militante revolucionaria de Cuba e Galiza