Vintecinco de maio celébrase o Día Mundial de África: nesa mesma data hai 54 anos fundárase a Organización para a Unidade Africana e a Revolución Cubana proclamaba dende os seus comezos un compromiso con África expresado na defensa do continente en todos os foros internacionais, na axuda urxente e efectiva ás frontes de liberación, nos aportes materiais en saúde e educación. A vontade inequívoca de Cuba era virar a peste colonial, prendida en plena metade do século XX en baldas políticas de longa duración de todo o continente africano. Un dos primeiros pasos que estreitou estes vínculos, foi a presenza no Congo durante 1965 de Ernesto Che Guevara como combatente internacionalista xunto doutros guerrilleiros cubanos. A semente levada por Guevara a Africa en nome da Revolución Cubana, sen agromar a curto prazo, tivo posteriores froitos de extraordinária importancia na loita contra o neo-colonialismo internacional.
Cuba preparou en 1954 a ofensiva contra o secuestro colonial europeo do Congo. Na foto, Che e Tamayo cruzando o lago Tanaganica nesa data.
Vindeiro 25 de maio, ás 20 horas en Marín, no Museo Municipal Manuel Torres (avda. Ourense), terá lugar unha conferencia da cónsul xeral de Venezuela en Galiza, Mónica Sánchez, e de Farruco Sesto, escritor galego e mestre arquitecto que foi Ministro de Cultura e de Ordenamento Urbano no país caribeño. A Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil fixo público un comunicado no que condena as ameazas da extrema dereita venezolana de rebentar o acto. (Consultar a crónica sobre o bloqueo da embaixada, con retención do embaixador de Venezuela e das persoas asistentes a unha charla sobre as vítimas das guarimbas en : https://terrasenamos.org/unha-guarimba-bl…ezuela-en-madrid/
Estado en que ficou o cuartel de La Grita, no estado Táchira, logo dun ataque paramilitar de máis de seis horas.
Granma-Cubadebate-Juventud Rebelde- Terra Sen Amos
Miguel Díaz-Canel invitou á extender o debate ideolóxico, cultural e ético a todo o pobo de Cuba e a integrar os termos da discusión no marco do desenvolvemento. O Primeiro Vicepresidente dos Consellos de Estado e de Ministros de Cuba, dixo no III Consello Nacional da Unión de Escritores y Artista de Cuba (UNEAC) que a Revolución estaba a vivir unha batalla ideolóxica, cultural e ética e que o debate só poderia dar cabo nunha discusión de base, recordando que moitos proxectos brillantes non se deran cumprido por non teren interesado a sociedade. O vicepresidente propuxo unha cultura “da legalidade e do comportamento público” no que a expresión cultural poda prender no pobo e contrarreste a ameaza dunha liña devaluadora da cubanía. A asemblea da UNEAC levaba por lema Cultura é Patria, lema histórico do intelectual cubano Fernando Ortiz.
Diaz-Canel falando na Asemblea de UNEAC. A súa dereita Miguel Barnet, Esteban Morales e Abel Prieto.
Coreando lemas contra o governo democrático de Venezuela, dando vivas a Franco e maltratando a varias persoas que trataban de entrar ou sair da embaixada da Republica Bolivariana en Madrid, un grupo violento que portaba cruces negras e cartaces de no más dictadura, cercou por varias horas a sé diplomática na que se celebraba un acto de solidariedade coas vitimas das guarimbas. A ministra de Relacións Exteriores de Venezuela, Delcy Rodríguez, esixiu ao goberno de España velar pola seguridade e integridade das persoas que acodiran ao Centro de Diversidad Cultural, integrado na embaixada de Venezuela en Madrid, entre as que estaba o Conselleiro da legación cubana.
O cerco da Embaixada durou varias horas. Invitados que asistiran a un acto en solidariedade coas vitimas das Guarimbas, foron golpeados polos manifestantes.
Un programa feito arredor da proposta política de Fidel, do seu exemplo heroico e útil e da razón prática e solidaria como única via para construir a convivencia e combater o imperialismo e os priviléxios. O Fidel da explicación económica lúcida e de comprensión universal. Na homenaxe que lle rendeu toda Galiza no Principal de Pontevedra, reviviron os consellos do Lider Histórico da Revolución Cubana e as tarefas de liberación, mentres pairaban as saudades. No remate, un teatro ateigado e en pé coreaba “eu son Fidel” antes de entoar a Internacional como despedida.
O Teatro Principal ao completo escoita os acordes de Cabalgando con Fidel, no comezo do programa (Foto de Merchi Santiago)Uxia e Alberte Vilas trouxeron á homenaxe acentos da Trova e de Rosalía.