Todalas entradas de Terrasenamos

O pensador cubano Martinez Heredia, patriota e comunista

Terra Sen Amos – Redacción

Con Fernando Martinez Heredia desaparece un intérprete decisivo do marxismo dos 90, dos aportes da Revolución Cubana e dos vasos comunicantes entre Cuba Liberada e as loitas antiimperialistas e anticoloniais. No seu pasamento, recordan dentro e fóra de Cuba, a súa paixón vital por centrar feitos significativos para a continuidade da Revolución.  As súas grandes paixons foran Martí e Fidel. Na despedida do Lider da Revolución escrebera:  “Fidel adeprendeu a ser a un tempo patriota e socialista, a se alimentar do maxisterio de Marti e a estudar Marx e Lenin para entender o cerne da actualidade, a deboura do poder político e os camiños e os tempos para a liberacion”. Seu amigo Iroel Sánchez recórdao no sitio La Pupila Insomne: “Morreu un comunista (…) un guevarista, un fidelista, un martiano e un marxista anti-dogmático ao que teremos que regresar centos de veces na batalla contra o anexionismo simbólico e o nacionalismo de dereitas aos que el adicara agudas críticas.

Esteban Morales e Fernando Martinez Heredia (no centro da fotografía) debaten sobre as ciencias sociais en Cuba, nun foro convocado pola AHS da Habana.

Seguir lendo O pensador cubano Martinez Heredia, patriota e comunista →

A CESC propón defender Cuba cunha grande fronte ante-imperialista

Prensa Latina (Bilbo 11 de xuño)

A deputada cubana Mariela Castro está dacordo en criar unha grande fronte ante-imperialista para frustrar as agresións contra o seu país e outros pobos rebelados contra o pensamento único neoliberal. Intervindo no XIV Encontro Estatal de Solidariedade con Cuba, reunido dende sexta en Bilbo (Euskal Herria) a convocatoria da Coordenadora Estatal de Solidariedade con Cuba (CESC) Castro apoiou esa proposta lanzada no foro, ao que asistiron máis de 200 persoas de 66 asociacións de amizade con Cuba. A idea da rede ante-imperialista foi presentada pola profesora da Universidade Complutense de Madrid, Angeles Diez, quen enmarcou a cruzada mediática contra Cuba na guerra do capital contra os pobos. En representación da Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil participou o ex-presidente e membro da Directiva Ramón Fernandez Leal.

Mariela Castro apoiou a idea de formar unha avangarda anti-imperialista en defensa de Cuba, proposta pola profesora Angeles Diez na Asemblea da CESC.

Seguir lendo A CESC propón defender Cuba cunha grande fronte ante-imperialista →

Raul Castro denuncia no Parlamento de Cuba a agresión imperialista contra Venezuela

Terra Sen Amos – Redacción

Mentres a informacion dominante e delegada da hexemonia financeira acusa ao governo democrático de Venezuela de causar o caos no pais, Raúl Castro aproveitou unha asemblea trascendental do Parlamento de Cuba para denunciar a escandalosa conspiración mediática e golpista contra a República Bolivariana. “Quero acusar con voz alta e clara a agresión que sofre a nazón irmá, na que intereses políticos económicos imperialistas fan por impedir a libre determinación do pobo de Venezuela”. O presidente acusou aos EUA e governos cúmplices, de arbitrárias e inxustas sancións contra Venezuela e secomasi, de inxeréncia nos asuntos internos do pais soberano a traveso da Organización de Estados Americanos (OEA) e da difamación e manipulación da realidade, nunha cospiración encamiñada a derrubar o governo constitucional e democrático.

De esquerda a dereita, Miguel Diaz Canel, vice-presidente de Cuba, Nicolás Maduro e Raúl, no último encontro do ALBA

Seguir lendo Raul Castro denuncia no Parlamento de Cuba a agresión imperialista contra Venezuela →

O goberno de Temer invita a EUA a unhas manobras na Amazonia

Raul Zibechi – Censat.org

O goberno golpista de Temer abre as portas da Amazonia ao exército dos EUA e entrégalle os segredos da defensa da reserva biolóxica e cultural do Amazonas. O xornalista Raul Zibechi conta as alarmas que resoan no Brasil fronte a rendición do seu ben maior, cobizado polo Imperio do Norte, e espello da soberanía do pais. As Forzas Armadas Brasileiras temen que a base multinacional temporal que se vai establecer en Tabatinga (Amazonas) poida converterse en permanente, como sucedeu en Hungría en 2015.

Durante anos, Brasil preparou a defensa da Amazonia, cobizada polos EUA. Agora invita tropa do Imperio a coñecer o sistema de defensa do tesouro da soberania brasileira.

Seguir lendo O goberno de Temer invita a EUA a unhas manobras na Amazonia →

O Dia Mundial de Africa recorda a semente anti-colonial chantada pola Revolución Cubana no continente hai 54 anos

Jean-Luc Chavanieux – Cubadebate

Vintecinco de maio celébrase o Día Mundial de África: nesa mesma data hai 54 anos fundárase a Organización para a Unidade Africana e a Revolución Cubana proclamaba dende os seus comezos un compromiso con África expresado na defensa do continente en todos os foros internacionais, na axuda urxente e efectiva ás frontes de liberación, nos aportes materiais en saúde e educación. A vontade inequívoca de Cuba era virar a peste colonial, prendida en plena metade do século XX en baldas políticas de longa duración de todo o continente africano. Un dos primeiros pasos que estreitou estes vínculos, foi a presenza no Congo durante 1965 de Ernesto Che Guevara como combatente internacionalista xunto doutros guerrilleiros cubanos. A semente levada por Guevara a Africa en nome da Revolución Cubana, sen agromar a curto prazo, tivo posteriores froitos de extraordinária importancia na loita contra o neo-colonialismo internacional.

Cuba preparou en 1954 a ofensiva contra o secuestro colonial europeo  do Congo. Na foto, Che e Tamayo cruzando o lago Tanaganica nesa data.

Seguir lendo O Dia Mundial de Africa recorda a semente anti-colonial chantada pola Revolución Cubana no continente hai 54 anos →