Terra Sen Amos – Redacción
Con Fernando Martinez Heredia desaparece un intérprete decisivo do marxismo dos 90, dos aportes da Revolución Cubana e dos vasos comunicantes entre Cuba Liberada e as loitas antiimperialistas e anticoloniais. No seu pasamento, recordan dentro e fóra de Cuba, a súa paixón vital por centrar feitos significativos para a continuidade da Revolución. As súas grandes paixons foran Martí e Fidel. Na despedida do Lider da Revolución escrebera: “Fidel adeprendeu a ser a un tempo patriota e socialista, a se alimentar do maxisterio de Marti e a estudar Marx e Lenin para entender o cerne da actualidade, a deboura do poder político e os camiños e os tempos para a liberacion”. Seu amigo Iroel Sánchez recórdao no sitio La Pupila Insomne: “Morreu un comunista (…) un guevarista, un fidelista, un martiano e un marxista anti-dogmático ao que teremos que regresar centos de veces na batalla contra o anexionismo simbólico e o nacionalismo de dereitas aos que el adicara agudas críticas.
![](https://terrasenamos.org/wp-content/uploads/2017/06/heredia-300x169.jpg)
Pedro de la Hoz conta no Granma que Martinez Heredia morreu no seu posto de combate, na madrugada da Segunda, 12 de Xuño, mentres escribía no seu humilde cuarto habaneiro, a resultas dun infarto, con 78 anos e recoñecido como un dos máis brillantes e consecuentes pensadores cubanos do último medio século. “Crecendo en Yaguajay nos 40 –di o diario- foi testemuña da explotación capitalista nun país convertido en neo-colonia. Labregos condenados a pedir por portas, heroes mambises postergados e traballadores rurais e da industria azucarera man sobre man, revelaron ao rapaz que axudaba ao seu pai zapateiro, unha realidade que compría cambiar”.
Iroel Sánchez cita a preocupación de Martínez Heredia por tratar de esencias, de ideas, e de cómo convertirlas en feitos en beneficio das maiorias. “Nos tempos que corren, fixo por centrar os asuntos principais porque nesta altura o que importa é reparar en aquilo que require claridade e determinación, cando estamos a vivir en Cuba un tempo decisivo de enfrontamento cultural entre socialismo e capitalismo. No labor de criar unha cultura anticapitalista y antiimperialista, a obra de Martinez Heredia, a súa fé no pobo, e nomeadamente na mocidade, e a súa ética de intelectual revolucionario, son un referente que non temos dereito a perder”.
O xornalista responsábel de La Pupila Insomne recorda a descrición máis sintética e esmagadora sobre o xornal The New York Times, expresada por Martinez Heredia nun seu artigo que levaba por titulo Cuba, EE.UU. y el mundo de los contratos . Iroel Sánchez engade: “con este artigo adiantárase ao que depois seria a política de Obama para Cuba”.
O profesor marxista deixa unha importante obra na que salientan Desafíos del socialismo cubano (1988) Che, el socialismo y el comunismo (1989, Premio Casa de las Américas) Repensar el socialismo (2001) El corrimiento hacia el rojo (2002) En el horno de los noventa (2005) El ejercicio de pensar (2011) Socialismo y marxismo (2014, escrito co filósofo arxentino Néstor Kohan) e A la mitad del camino (2015) Amais dos textos básicos citados, o autor deu extensas e interesantes entrevistas en medios críticos de todo o mundo e miles de artigos, especialmente en publicacións de Latinoamérica.
SOBRE FERNANDO MARTÍNEZ HEREDIA EN TERRA SEN AMOS:
Na briga centenária de Cuba pola independéncia, Obama é só un lance
“Fidel leva o ideal comunista europeo a realidade de América Latina” (Martínez Heredia)
Fidel nos ensinou que a soberania nacional é intangível e não se negocia
Debaten o desafío dunha “Cuba Post-Bloqueo” mentres EUA mantén o cerco