O discurso de Timoleón Jiménez, jefe del Estado Mayor Central de las FARC-EP, que puña o ramo ao armistício colombiano auspiciado por Cuba, remataba 52 anos de guerra desigual e devastadora. Non por iso recebeu altura de feito histórico nos media do capital. TSA ofréceo completo.
Raúl achega o presidente colombiano ao xefe de Estado Maior das FARC-EP durante a proclamación do acordo de paz.
Arthur González – Blog Heraldo Cubano De onde ven o diñeiro que paga billetes de avión, hoteis e dietas dos auto-proclamados disidentes cubanos, máis parecidos a modelos de moda e actrices de éxito ca a perseguidos políticos, como eles fachean ser? Como poden pasar a vida a viaxar a Europa e aos Estados Unidos se fose certa a existéncia en Cuba da ferreña represión que eles pregoan por consello de Washington? Calquera que estea ao tanto da represión no mundo, comprende que a pretendida disidencia cubana goza de plena saúde e liberdade de movementos, sen cicatrices nin fracturas. Estados Unidos teima dende 1959 por deformar a realidade da Revolución cubana e frustrar o proceso socialista que axuda aos máis humildes e garantte igualdade de oportunidades; non queren que Cuba sexa imitada por outros povos agoniados por enfermidades, analfabetismo e desemprego a causa dos grillóns capitalistas.
Competindo en elegáncia co requintado Jaime Mayor Oreja, Guillermo Fariñas fai dubidar ao Parlamento Europeo dos seus estarrecedores relatos de tortura e represión.
“A paz será a vitória de todos na Colômbia mas também do nosso continente”. A sentenza de Raul Castro encerrou a cerimônia da assinatura dos acordos sobre cessar-fogo e das hostilidades, com entrega de armas e garantias entre Governo da Colômbia e as FARC-EP, no cenário das conversas de paz desde 2012, Havana, até 23 de junho de 2016. “A Comunidade dos Estados Latino-Americanos e do Caribe (CELAC) -acrecentou presidente de Cuba- tem, em sua jovem história, o grande marco da proclamação desta região como uma Zona de Paz. Fim do conflito armado na Colômbia será uma nova demonstração do compromisso dos nossos povos contra o uso e ameaça da força e de solução pacífica de controvérsias. Perante diferenças, diálogo; perante desafios, cooperação”.
Na mesa dos acordos na Habana, Raúl, á beira do Comandante Timoleón Jimenez, chefe do Estado Maior-Geral das FARC-EP, arrodeados de Santos Calderón, presidente de Colômbia, Ban Ki-moon, secretário-geral da ONU e Borge Brende, ministro dos Negócios Estrangeiros do Reino da Noruega.
Palabra á la Defensa! é o novo libro de Salim Lamrani sobre Cuba, traducido por Editorial Hiru. O profesor da Universidade da Reunión e xornalista de longa especialización nos problemas causados a Cuba pola inxerencia de Estados Unidos, reúne opinións sobre a realidade de Cuba non condicionadas pola propaganda de Estados Unidos, voces que nun xuicio pertencerían á defensa de Cuba, ausente na informacións dominante. Os entrevistados son Mariela Castro, directora del Centro Nacional de Educación Sexual de Cuba (CENESEX) e da revista Sexología y Sociedad; Ricardo Alarcón Quesada, ex-ministro de Estado (relacións exteriores) e ex-presidente da Asemblea do Poder Popular; Max Lesnik (Max Edgardo Lesnik Menéndez) xornalista cubano fundador de Radio Miami, medio a prol do retorno do exilio e contrário ao Bloqueo e a inxeréncia norteamericana; Miguel Barnet Lanza, poeta, novelista, ex-presidente da Unión de Escritores y Artistas de Cuba UNEAC (2007) e da Fundación Fernando Ortiz, membro do Comité Central do PCG; Eusebio Leal Spengler, historiador da cidade da Habana; Abel Prieto, escritor e político cubano, ex-ministro de cultura (1997-2012); Alfredo Guevara, fundador do Instituto Cubano del Arte e Industria Cinematográficos (ICAIC); Wayne S. Smith, derradeiro embaixador en Habana, antes da ruptura de relacións por parte de EUA e crítico do Bloqueo; Jean-Pierre Bel, ex-presidente do Senado francés e embaixador especial do governo de Hollande para América Latina e Álvaro Colom Caballeros, presidente de Guatemala.
Voces en defensa da Revolución. O autor do libro recorda que as opinións contra a Revolución tiveron a exclusiva nos medios por máis de medio século.
Vinteún de maio pasado, máis de 400 marchas protestaron en 50 cidades de todo o mundo contra a transnacional Monsanto, cabeza das corporacións promotoras dos cultivos transgénicos, ou coma quen di, da estratexia oligopólica de control da agricultura mundial. Foi unha resposta mundial coordenada de cidadáns e de organizacións labregas e académicas comprometidas, contra a ofensiva desatada polas transnacionais en todas as frontes: no Congreso dos EEUU, nos laboratorios e nos seus informes, nas institucións latinoamericanas, e nomeadamente nos tratados comerciais Acordo de Asociación Trans-pacífico (TPP) e o Acordo de Asociación Transatlántico para o Comercio e o Investimento (TTIP).
As marchas contra os transxénicos ocuparon 21 de maio 50 cidades.