Todalas entradas de Terrasenamos

Cincuenta e cinco anos de revolución emancipadora das mulleres en Cuba

Salim Lamrani – Almayadeen (versión en Galego de TSA)

A Revolución Cubana trouxo o cambio político social máis importante da historia de América Latina. Dende 1959, as novas autoridades lideradas por Fidel Castro, emprazaron aos desherdados, nomeadamente as mulleres e persoas de cor, no centro do proxecto reformador; ocupábanse así das vítimas principais das discriminacións, nunha sociedade patriarcal e segregacionista. A Revolución “dos humildes, polos humildes e para os humildes” (1) botaba as raíces dunha nova era igualitária, libre das angurias e das inxustizas das estruturas sociais do país e da súa história. A muller  cubana foi prioridade do Governo revolucionário coa creación, en 1960, da Federación de Mulleres Cubanas (FMC), baixo a presidencia de Vilma Espín Dubois, militante plenamente comprometida contra a ditadura de Fulgencio Batista. Cal era o estatus da muller na altura do triunfo da Revolución? ¿Qué medidas concretas adoptáranse para espallar e aplicar as ideas da igualdade de dereitos e oportunidades entre mulleres e homes, encamiñadas a acabaren cos prexuizos e os estereotipos culturais? Baixo o réxime de Batista, de 1952 a 1958, as mulleres de Cuba, coutadas nunha sociedade patriarcal, só representaban o 17% da poboación activa e recibía un salario sensibelmente inferior ao do home por un emprego semellante. Limitada ao rol de ama de casa, suxeita á omnipotencia do marido, primeira vítima do analfabetismo denigrante, as perspectivas eran sombrizas para a muller. Dos 5,8 millóns de habitantes, cunha taxa de escolarización de só un 55% para as idades de 6 a 14 años, máis dun millón de cativos ficaban sen escola, no fogar familiar, a cargo da nai. O analfabetismo asolaba o 22% da povoación, isto é máis de 800.000 persoas, na maioría mulleres.[2]

Co gallo do 55 aniversário da fundación da Federación de Mujeres Cubanas (FMC) a institución recibiu o premio Únete, ao compromiso coa igualdade e a non violéncia de xénero, instituido pola ONU
Co gallo do 55 aniversário da fundación da Federación de Mujeres Cubanas (FMC) a institución recibiu o premio Únete, ao compromiso coa igualdade e a non violéncia de xénero, instituido pola ONU

Seguir lendo Cincuenta e cinco anos de revolución emancipadora das mulleres en Cuba

Fidel sementóu a unidade necesária para a Revolución, lembra Marta Harnecker

América Torgueira – TSA

Nunha carta dirixida ao líder histórico da Revolución, co gallo do seu 89 aniversário, Marta Harnecker dí que o mellor agasallo que pode facerlle e recordar o seu exemplo de dignidade, resistencia e solidariedade, de alento e inspiración para todos os que na Nosa América e no mundo loitan por un mundo mellor. Harnecker chama a Cuba a súa segunda pátria, á que chegou fuxindo da represión en Chile e dille a Fidel que “ninguén loitou coma ti pola unidade das forzas revolucionárias e do povo, e pola transformación desta unidade en pear da túa estratéxia política, antes e depois da vitoria. Tomando en conta a realidade político-ideolóxica de Cuba, optaches por evitar as discusións teóricas para centrar a túa enerxía na aplicación dunha estratéxia que resolvese con menos desgaste interno as diferencias ideológicas e políticas dos diferentes grupos revolucionários”.  A autora da carta reproduce na súa misiva as reflexións de Fidel sobre a unidade en vários momentos da loita. Os parágrafos de Fidel están tomados do libro de Harnecker  A estratéxia política de Fidel, do Moncada á Vitoria, escrito en 1985, publicado en Cuba por Ciencias Sociales e reproducido en varios países de América Latina e os EUA.

As ideas de Fidel sobre a construcción do criterio revolucionário aparecen no libro de Marta Harnecker "A estratéxia política de Fidel, do Moncada á vitoria", con versións en vários idiomas.
As ideas de Fidel sobre a construcción do criterio revolucionário aparecen no libro de Marta Harnecker “A estratéxia política de Fidel, do Moncada á vitoria”, con versións en vários idiomas.

Seguir lendo Fidel sementóu a unidade necesária para a Revolución, lembra Marta Harnecker

Cuba e EUA anuncian uma Comissão Bilateral para abordaren asuntos pendentes

Granma 14 agosto
“No novo encontro com o secretário de Estado dos Estados Unidos, John Kerry, em um ambiente construtivo e respeitoso, abordamos os passos que ambos os países devemos dar rumo à normalização das relações, uma vez concluída esta primeira etapa, centrada nos vínculos diplomáticos”, explicou em 14 de agosto Bruno Rodríguez Parrilla, ministro das Relações Exteriores de Cuba. Despachando com os media no Hotel Nacional, o chanceler cubano acrescentou que como parte desta nova etapa que começa, acordaram estabelecer uma Comissão Bilateral para definir os temas que devem ser abordados de maneira imediata, entre eles os assuntos pendentes, alguns deles muito complicados, acumulados durante mais de 50 anos. Rodríguez indicou que nas próximas semanas, os representantes de ambos os governos deverão reunir-se para definir os mecanismos de trabalho desta Comissão.

O ministro de Estado de EUA, visitou Habana Velha da man de Eusebio Leal
O ministro de Estado de EUA, visitou Habana Velha da man de Eusebio Leal

Seguir lendo Cuba e EUA anuncian uma Comissão Bilateral para abordaren asuntos pendentes

“Conducta”: Cinema revolucionário cubano… ou nom?

A película de Latino Films / ICAIC “Conducta”, dirixida por Ernesto Daranas, conta a história de Chala (Armando Valdés Freyre), un rapaz de once anos que vive coa súa nai alcóliica e uma manda de cans de briga que adestra como fonte de ingresos.  Ao tempo mantén unha relación especial coa súa mestra Carmela (Alina Rodríguez) Mauricio Castro, membro do colectivo editor do Diário Liberdade e militante da esquerda independentista, publica no diario “Sermos Galiza” uma crítica deste filme, no que identifica “a presença visível de marginalidade social num sistema imperfeito (…) uma realidade chocante exposta em toda a sua crueza com financiamento público do próprio Estado cubano”.  A seguir reproducimos o texto de Maurício Castro:  

O filme "Conducta" expón uma realidade cubana chocante em chocante em toda a sua crueza com financiamento público do próprio Estado cubano.
A xuizo de Maurício Castro, o filme “Conducta” expón uma realidade cubana chocante em toda a sua crueza, com financiamento público do próprio Estado cubano.

Seguir lendo “Conducta”: Cinema revolucionário cubano… ou nom?

Arriar o Bloqueo para ocupar Cuba por outros medios, proposta de Hillary Clinton na Florida

Adela Roade – Terra Sen Amos
Arriar o inútil Bloqueo a cambio dunha ocupación efectiva de Cuba por outros medios. Esa foi o argumento central da pre-candidata demócrata Hi­lla­­ry Rodham Clinton no seu discurso na Florida. O valor máis firme do Partido Democrata para a Casa Branca, apareceu en titulares en todo o mundo, mentres a  idea básica de reforzar a intervención norteamericana en Cuba mediante unha relación aberta, deixouse nun segundo plano ou foi silenciada. O seu discurso comezou con vítores a Mirian Leiva, fundadora das Damas de Blanco. A seguir, Hillary Clinton fixo as seguintes afirmacións: 1 Non se pode manter por máis tempo unha política fracasada (o Bloqueo) e compre cambiar para axudar ao pobo cubano. 2 Non podemos confiar nun goberno que viola diariamente os Dereitos Humanos. 3 A nosa politica de aillar Cuba fortalecía as farpas de Castro e malbarataba o noso devezo de restablecer o liderado dos EUA en todo el hemisferio mentres eles podian culpar ao Bloqueo de todos os males.

As Damas de Blanco,  pagadas por EUA, son para Hillary Clinton o abrente das liberdades que promete a Cuba.
As Damas de Blanco, pagadas por EUA, son para Hillary Clinton o abrente das liberdades que promete a Cuba.

Seguir lendo Arriar o Bloqueo para ocupar Cuba por outros medios, proposta de Hillary Clinton na Florida