Todalas entradas de Terrasenamos

Defender o exemplo de Cuba na saúde, edu­cação, ci­ência, cul­tura e so­li­da­ri­e­dade

Cristina Cardoso – Avante pt

O cri­mi­noso blo­queio dos EUA a Cuba, com ca­rácter ex­tra­ter­ri­to­rial e ilegal à luz do di­reito in­ter­na­ci­onal, é a me­dida co­er­civa uni­la­teral mais longa da his­tória im­posta a um povo, ha­vendo vá­rias ge­ra­ções de cu­banos que já nas­ceram de­baixo do blo­queio. Os pre­juízos e as con­sequên­cias para o de­sen­vol­vi­mento de Cuba são imen­su­rá­veis, mas o que o povo cu­bano al­cançou ao longo de 67 anos de Re­vo­lução so­ci­a­lista, sob a di­recção do Par­tido Co­mu­nista de Cuba, é ex­tra­or­di­nário. Seja na saúde, edu­cação, ci­ência, cul­tura ou na so­li­da­ri­e­dade com ou­tros povos, Cuba é um exemplo para o mundo.

Imaxe da marcha do 24 na Habana contra o blouqeo

Um exemplo de um país, com pouco mais de 10 mi­lhões de ha­bi­tantes, que o im­pe­ri­a­lismo norte-ame­ri­cano está em­pe­nhado em der­rubar. Mais de 60 anos de inin­ter­rupta agressão, que as ad­mi­nis­tra­ções de Trump têm in­ten­si­fi­cado e que nos úl­timos meses foi ele­vada a um pa­tamar ainda mais de­su­mano, com vá­rias or­dens exe­cu­tivas de ca­rácter ex­tra­ter­ri­to­rial e ame­aças des­pu­do­radas de agressão mi­litar.

A ordem exe­cu­tiva as­si­nada no 1.º de Maio veio mul­ti­plicar os efeitos ex­tra­ter­ri­to­riais do blo­queio com a po­ten­cial apli­cação de san­ções se­cun­dá­rias contra em­presas, bancos e en­ti­dades es­tran­geiras, mesmo que os seus ne­gó­cios nos EUA não te­nham qual­quer li­gação a Cuba. É o caso de em­presas da área de mi­ne­ração, com­pa­nhias aé­reas – afec­tando du­ra­mente o tu­rismo, sector que mais di­visas fazia en­trar no país – ou mesmo em­presas de trans­porte ma­rí­timo, pondo em causa a en­trada de ajuda hu­ma­ni­tária que a so­li­da­ri­e­dade in­ter­na­ci­onal tem feito chegar a Cuba.

Esta me­dida é um acto de agressão eco­nó­mica im­pla­cável que di­fi­culta ainda mais o fun­ci­o­na­mento da eco­nomia cu­bana, que nos úl­timos meses tem en­fren­tado os efeitos de­vas­ta­dores da pa­ra­li­sação da en­trada de com­bus­tível, im­posta pelos EUA a 29 de Ja­neiro de 2026, e que apenas foi rom­pida com che­gada, no inicio de Abril, de um navio pe­tro­leiro russo com 100 mil to­ne­ladas de crude.

Como ao longo de mais de 60 anos, Cuba con­tinua a re­sistir e a de­fender a sua so­be­rania e in­de­pen­dência. Mas o im­pe­ri­a­lismo norte-ame­ri­cano pro­cura levar o povo cu­bano ao de­ses­pero e ali­menta nar­ra­tivas em torno de uma falsa “ameaça” que Cuba re­pre­sen­taria para a se­gu­rança dos EUA – veja-se os ru­mores cri­ados sobre drones ad­qui­ridos por Cuba para “atacar” os EUA ou a pre­pa­ração de acu­sa­ções contra Raul Castro, pelo der­rube de avi­o­netas que in­va­diram pro­vo­ca­tória e ile­gal­mente o es­paço aéreo cu­bano e es­tavam en­vol­vidas numa ope­ração de de­ses­ta­bi­li­zação contra Cuba em 1996 –, para além de todas as de­cla­ra­ções de Trump e Rubio para in­ventar um pre­texto que cubra qual­quer tipo de agressão mi­litar.

Pe­rante o de­sastre da agressão ao Irão e as suas con­sequên­cias in­ternas para a ad­mi­nis­tração de Trump, Cuba tornou-se uma “peça” im­por­tante com vista às elei­ções in­ter­ca­lares para o Con­gresso dos EUA, que se re­a­lizam em No­vembro. Para o im­pe­ri­a­lismo, a der­rota de Cuba so­ci­a­lista e de um povo que per­sis­ten­te­mente tomou nas suas mãos o seu des­tino é “pedra an­gular” na sua am­bição he­ge­mó­nica sobre o mundo.

Por isso é tão im­por­tante a so­li­da­ri­e­dade. A de vá­rios países, que sob acosso do EUA, con­ti­nuam a en­viar ajuda a Cuba, e de todos quantos se or­ga­nizam e mul­ti­plicam as ac­ções de so­li­da­ri­e­dade. Por Cuba, que os de­mo­cratas, pro­gres­sistas e re­vo­lu­ci­o­ná­rios não faltem à cha­mada!

“Cuba non ameaza nin desexa a guerra: os EUA multiplican problemas para nos agrediren”

Granma – Cuba

Cuba defende a paz e prepárase para enfrontar a agresión externa en lexítimo exercicio do dereito á defensa que recoñece a Carta das Nacións Unidas. Sen razón nin dereito, o goberno dos EUA constrúe, día tras día, un expediente mentireiro para xustificar unha guerra económica inclemente contra o pobo cubano e unha eventual agresión militar». Bruno Rodrigez Parrilla, membro do Buró Político e ministro de Relacións Exteriores de Cuba, subliña o dereito a se defenderen da agresión imperialista anunciada polos EUA e coreada por medios de prensa específicos, serviles ao iperialismo que promoven calumnias e multiplican mentiras do propio goberno estadounidense».

Martirena (Granma)

“Cuba nin ameaza nin desexa a guerra” dixo o ministro de Estado de Cuba quen recordou o compromiso cubano coa paz, a convivencia e a solidaridade internacional .

Carlos Fernández de Cossío, viceministro de Relacións Exteriores, denunciou a progresión imperialista de acusacións a cada máis lonxe da realidade de parte dos EUA e os seus aliados na multiplicación de falsos pretexto para xustificaren unha agresión militar contra Cuba. “O pais agresor -engadiu- son os EUA; Cuba é o pais agredido e legalmente amparado polo principio de lexítima defensa».

Desde xaneiro de 2026 –con dúas ordes executivas que declaran Cuba unha ameaza insólita e de excepcional gravedade para os EUA– lanzaron contra a illa unha fervenza de medidas ilegais para atrancaren comercio, finanzas e intervencións solidariaas co único obxectivo de elevaren ao límite o bloqueo económico, comercial e financeiro imposto á nación caribeña por máis de 60 anos, ao que se suma o recente cerco petroleiro. O coro de mentiras, procura agravar necesidades materiais e atribuir ao governo de Cuba a responsabilidade dos problemas provocados polo imperialismo, en busca dunha revolta que xustifique a intervención militar da Casa Branca. Unha trapela intermiente na historia da illa.

A PATRIA CUBANA DEFÉNDESE

O infame bloqueo dos EUA limita a extremos criminais o acceso de Cuba a enerxía básica mentres o goberno socialista denuncia cheo de razón o crime do Imperio.

1. A agravada deficiencia do Sistema Electroenergético Nacional Cubano, procede do xenocida bloqueo enerxético que o rexime dos EUA aplica ao noso país, ameazando con sancións a calquera nación que queira vendernos combustíbel.

2. Mália estas e denanteriores inxerencias criminais de asfixia económica e enerxética, Cuba segue en pé e non ten ningún dos elementos que acrediten o cualificativo de estado fracasado que pronuncia o rexime de Washington.

3. A crise actual é froito do cerco económico que nos impoñen e da  brutal persecución enerxética. 

4. O que os voceiros do réxime dos EUA pretenden presentar ao mundo como cresultado directo dunha mala xestión do Gobierno de Cuba, é, de feito, o resultado dun perverso plan que pretende agravar as carencias e dificultades do pobo.

5. Nin o bloqueo implantado hai máis de seis décadas, nin as 243 medidas impostas a maiores pola anterior administración de Trump, puideron acabar coa Revolución.

6. Por riba das máis de seis décadas de bloqueo, e das 243 medidas que viron recrualo, sumouse unha orde executiva que bloquea o envío de combustíbel a Cuba e outra que persegue e penaliza a quen comercie ou invista en Cuba.

7. O principal obxectivo da agresión contra Cuba procedente do rexime dos EUA é a tortura do pobo co obxectivo de tomalo como refén e enfrontalo contra o Goberno.

8. A flexibilización dalgunhas medidas do bloqueo hai poucos anos evidenciou, sen ningunha dúbida, canto poden beneficiar a poboación de Cuba e dos EUA,  as relacións comerciais entre ambos os países e o desenvolvemento económico e social da nosa nación, de non existir esta criminal política.

9. A nosa resposta segue sendo a mesma: dispostos sempre ao diálogo en igualdade de condicións. Seguiremos na resistencia e na criaicón de recurso, convencidos, cada dia máis, de que os atrancos nunca estarán a altura do noso esforzo solidario,unidos como nación, e firmes para enfrontar todos os desafíos.

Os apagamento prolongados continúan marcando a vida diária da cidadanía cubanas. A altas temperaturas, s dificultades para cociñar, conservar alimentos, bombear agua ou atopar un lugar de descanso no medio de longas horas sen electricidade, provocan graves incomodidades a poboación de todo o país.

La situación do Sistema Eléctrico Nacional atravesa, por estos días, un dos seus momentos más críticos –malia as dificultades recordar a crise provocada dende o norte da canle da Bahama no ano 2019– dacordo co a declaración do ministro de Enerxa e Minas (Minem), Vicente de la O Levy, en comparecencia perante os media.

“Pola liberdade de Thiago y Saif, polo respeto a Cuba!” (Graciela Ramírez no Encontro de Solidariedade)


Tamara Velázquez / Resumen Latinoamericano-Cuba.

No primeiro, compañeiros, agradecer, agradecer, coa alma. Eu vivo aquí hai 30 anos, traballo, vivo, resisto á beira do pobo cubano. Quero dicerlles que xamais imos esquecer o que fixo o Goberno de México, a presidenta Claudia Sheinbaum, por este pobo, pola vida de Cuba, cando máis o necesitou. Á miña casa, onde convivimos con persoas maiores, chegou unha parte dos donativos do barco que chegou de México, con feixóns e alimentos enviados por Mexico.

Non foran só alimentos o que necesitabamos, e que nos axuda mália que pouco dure, senón o feito de sentirnos que non estamos sós, que alguén protesta, que protesta desde o goberno, que ftoma a iniciativa e que aínda que teña que mortificarse, porque enriba ten prohibido o envío de petróleo baixo un mandado comercial absolutamente lícito, fai todo o que pode por evitar que torturen a este pobo; para salvalo.

Graciela Ramírez fala na clausura do Encontro da Solidariedade na Habana. Á súa dereita, Erea del Rio Iglesias, ex-presidenta da Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil.

Agradezo de corazón aos compañeiros de Italia, aos dos EUA, á expedición de Nuestra América. Quen nos ía dicir, hai un ano, no Primeiro de Maio, falando aquí de Gaza, da nosa Palestina arrasada e de colaborarmos na organización da Flotilla Global SUMUD, que a alancada do fascismo e o avance da dereita sería tan terríbel? Un matasete coma Trump e o argalleiro de Marco Rubio, que se senten amos do mundo, donos das nosas vidas, fartos de facerlle dano ao pobo dos EUA, aos inmigrantes, a toda a Nosa América, a Venezuela Bolivariana, coa invasión do 3 de xaneiro, o secuestro de Maduro, Presidente Constitucional, e de Cilia e a ameaza terríbel contra Cuba!

O noso pobo ergue a diario cunha nova ameaza. Estabamos onte felices desfilando pola Revolución Cubana, lanzando vivas á nosa Revolución Socialista!, amando aos traballadores cubanos, reivindicando aos 32 combatentes, os 32 que caeron defendendo a dignidade de Venezuela e defendendo a vida do presidente venezolano Nicolás Maduro. E a alegría tan grande do final da marcha.

Hai novas no serán e pola noite. Digo ás nove da noite, como pode ser? Ás 9 da noite! Eu traballo nos medios de comunicación e na solidariedade, e ás 9 da noite anuncian unha nova medida de Trump. Outra máis Outra máis! Até onde a asfixia? Até onde, compañeiros, até onde? Prepotencia e ameazas.

Publicouno Rusia Today onte: prepotencia e barbaridade! . Quen pode ameazar así unha nación soberana? Quen cre que é? O mandamás fascista, pedófilo, que ten 34 causas, convicto. Nós non temos medo de dicir a verdade e confrontalo porque damos a vida polos nosos pobos! E estamos dispostos a dala pola Revolución Cubana! Onte dixo algo moi grave: “Así que despache o Irán, vou por Cuba!… e voulles chantar o submariño máis grande que existe no mundo, o máis poderoso, o Abraham Lincoln a 100 metros das costas cubanas! Para que logo me digan, moitas grazas, rendémonos!”.

Non hai rendición! , Cando me preguntan se paneis solares ou medicamentos: eu digo paneis solares, medicamentos, toda a axuda que poidan, compañeiros… Turismo: volvan a Cuba, veñan e fagan o que fan os compañeiros de Italia, fagan o do Convoy Nuestra América o doConvoy Brigada Primero de Mayo. Non deixen a Cuba soia compañeiros! Como non podemos deixar só a Thiago!

Esta kufia palestina tróuxoma Thiago Ávila, cando veu no Convoy Nuestra América dende México, porque tamén participou nel. Hoxe Thiago está preso xunto con Saif abu Keshek, un compañeiro de orixe palestina-española, os únicos dous que Israel detivo.

Isto ocorreu antonte: 21 barcos da Flotilla Global SUMUD, foron confiscados polo asasino dos nenos de Gaza, por Israel: 21 barcos, 160 compañeiros. Houberan de liberalos pola presión internacional!. Mais non liberaron a Thiago.

Pido pola vida de Thiago! Pido pola liberdade de Thiago e Saif! Pido pola liberdade de Maduro e Cilia! Pido polo respeito á soberanía de Cuba! Pido pola paz, compañeiros! E pido pola vida!

MAREA DE BANDEIRAS CUBANAS EN COMPOSTELA CONTRA A AGRESIÓN IMPERIALISTA

Lidia Chamoso- Terra Sen Amos

É tradición en Galiza a irmandade e atención coa Cuba bloqueada dende hai 66 anos, nunha continuidade na que participan a solidariedade e sindicatos e partidos e que no meiodía de sábado 19 revelou unha notoria capacidade de mobilización en Compostela: atrás dunha banda de beira a beira que conminaba ao imperialismo a respectar o dereito de Cuba a se gobernar sen bloqueo: “Deixade vivir a Cuba: contra o asedio imperialista”. Unha onda de bandeiras cubanas ao vento definía o fondo de imaxe da cabeceira.

A marcha rodea a Praza de Galiza na mañá do sábado sen o final da comitiva ter abandonado aínda a Alameda

A iniciativa da marcha foi da Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil, coa participación da CIG e o apoio das formacións citadas no remate desta información. Na praza das Praterías, as cores de bandas e bandeiras e a poderosa megafonía das consignas, atraían a coincidente riada de turistas na procura da Catedral.

Paco Sebio, presidente da Villamil recordou o 65 aniversario da humillación dos mercenarios en Praia Girón, que entrara nos libros de historia coma primeira derrota do imperialismo en Latinoamérica, a penas unhas horas de ter proclamado o carácter socialista da Revolución Cubana.

O imperialismo castigou Cuba cun bloqueo lacerante “”Unha guerra económica, comecial e financeira que chega até hoxe elevado a bloqueo naval da man de personaxes tan infames coma Trump e Rubio, que buscan impedir a entrada de combustíbel na illa”. Sebio quere saber “por que se bloquea un país que ama a paz e a vida e que sana, educa e desenvolve ciencia para ben da humanidade”.

A beira da acusación imperial contra Cuba da ausencia de liberdades e dereitos, o presidente da Villamil pregunta que leccións se poden admitir dun imperio que “só en 2024 acabou coa vida de 1400 persoas pola violencia policial, o que significa unha vítima cada seis horas e só dez días sen mortes por esta causa, ao longo do ano citado”

Sebio pregunta quen pode esquecer aquela cativa espida e queimada polo napalm lanzado polas tropas dos EUA sobre unha aldea vietnamita. “O seu nome era Kim Phuc e fora tratada e sanada en Cuba: a vida de millóns de persoas queimadas e asasinadas polo imperialismo en todo o mundo (e a última foi de 185 nenas asasinadas na escola iraní) non acaen coa súa idea dos dereitos humanos”

A solidariedade con Cuba é máis precisa que nunca: “cando o Imperio ameaza cunha intervención militar en Cuba: 65 anos depois, nós estamos con Cuba, coa liberdade, cos dereitos humanos e coa Revolución”.

Da pequena Cuba para todo o mundo

A seguir, Luisa Cuevas Raposo, vicepresidenta da Villamil, deu leitura ao manifesto titulado “POLA PAZ E SOBERANÍA DOS POBOS” no que recordou as 72 horas que demorou exército revolucionario baixo a dirección de Fidel en esvaír o desembarco imperialista: “Por alí viñeron, pero alí quedaron” e un ano antes, puxérase en marcha a estratexia de asfixia da Revolución. O memorando de Lester Mallory precisaba o obxectivo de xerar “fame, desesperación e o derrocamento do goberno” por medio do desgaste económico”.

Cuevas recorda que “Cuba marabillou o mundo coa súa capacidade, non só de sobrevivir, senón de desenvolver unha sociedade de novo tipo, na que ninguén quedou sen aprender; en Cuba floreceu unha educación de alta calidade, baseada na intensiva alfabetización e o acceso universal e gratuíto a todos os niveis educativos”.

A promoción universal da arte, o deporte e a ciencia en Cuba así como a construción dun modelo de avangarda de atención médica universal, gratuita baseada na prevención e nunha industria bio-tecnolóxica que se conta entre as máis avanzadas do mundo, son compromisos inaugurais logo cumpridos pola Revolución, segundo recorda Cuevas. “O desenvolvemento de 5 candidatos vacinais contra a COVID19 foi un fito sen precedentes na América Latina e permitiu a Cuba levar adiante unha campaña de inmunización masiva e independente dos monopolios da Big Pharma e das imposicións do bloqueo -nota a vice-presidenta da Villamil que recorda que isto foi posiblel grazas á existencia dunha industria biotecnolóxica de vangarda, posta ao servizo da saúde pública e non do beneficio privado”.

En contra da información denigratoria de Cuba, alimentadas polas axencias do gran capital, o manifesto lembra que durante a pandemia, a aportación de axuda médica foi da pequena Cuba sometida a bloqueo para ao mundo, e non ao revés. Cuba multiplicou a súa solidariedade internacionalista a través do Continxente Médico Henry Reeve especializado en situacións de emerxencia grave: 57 brigadas médicas foron enviadas a 40 países para tratar a máis de 1 millón de pacientes.

Cuba designada polos criminais de guerra imperialistas como País Patrocinador do Terrorismo -denuncia Cuevas- exporta médicos no canto de bombas: nos últimos 60 anos, a colaboración médica cubana abrangueu 165 países dos 5 continentes, coa participación de máis de 600.000 traballadoras e traballadoras da saúde. “A solidariedade non se pode bloquear”, dixo o embaixador cubano en Bélxica. Cuba é importante para o mundo. Cuba é un exemplo de humanidade.

A guerra do Imperio contra Cuba dura 66 anos “ engade, unha guerra híbrida que combina a agresión militar, as accións de sabotaxe e terrorismo, o boicot económico, as sancións financeiras, a asfixia enerxética e a desestabilización e a intoxicación usando medios masivos de desinformación e cloacas das redes sociais. “No comezo do 2026, o cerco a Cuba acadou unha intensidade sen precedentes. O ataque a Venezuela e o secuestro do presidente Maduro, seguidos das ameazas de sancións contra quen pretenda subministrar petróleo a Cuba elevaron a un chanzo superior a asfixia da illa. Levárona a unha situación de emerxencia enerxética que estrangula o acceso da poboación cubana aos productos máis básicos: alimentos, medicamentos, equipamentos médicos e artigos de primeirisima necesidade”.

Repara en que este cadro maniféstase no intre dunha intentona desesperada dos EUA e os seus lacaios sionistas por perpetuar a ditadura global do gran capital imperialista sobre os pobos do mundo. A intervención contra Venezuela, a agresión brutal contra Irán, e a activación do chamado Escudo das Américas desde Miami para preparar unha intervención militar directa, configuran un contexto crítico que pon en perigo todos os logros da revolución e o exercicio dos dereitos humanos máis básicos do pobo cubano. “Os EUA buscan provocar o colapso económico e social de Cuba, afogala e rendela por fame e nesta dramática situación Cuba non cede á chantaxe; Cuba non se rende, nin renuncia a un sistema político e social superior, elixido e decidido polo seu pobo, todos os días desde 1959. Cuba responde defendendo a súa dignidade e autodeterminación contra quen violan sen cesar o Dereito Internacional no Caribe e en todos os confíns do universo”.

Luisa Cuevas fai memoria de os pobos da Galiza e de Cuba manteren desde hai máis de dous séculos unha intensa e singular relación. “Cuba foi lugar de destino e acollemento para centenares de milleiros de labregos que fuxían da miseria procurando porvir e prosperidade. Cuba foi escola do sindicalismo campesiño galego dos anos ’30, retaguarda para as organizacións de liberación nacional e antifascistas. Castro, Ameixeiras, Díaz, Piñeiro, son apelidos de orixe galega determinantes na vitoria do M-26 en 1959”.

Sobre a memoria do que Cuba ten aportado á humanidade a intervinte chama a solidariedade universal e ao rexeitamento global unánime da agresión ianqui; “a defender Cuba da criminal ofensiva dun imperio moribundo que morre matando e sementando por todas partes miseria, caos, xenocidio e guerra de rapiña. Hoxe, coma onte en Praia Girón, hai que facer que se vaian por onde viñeron. Que deixen vivir a Cuba! Contra o bloqueo criminal! Contra o asedio imperialista! Cuba vencerá!”

Xosé Constela interpretou a seguir a peza de Silvio Rodríguez La era está pariendo un corazón que foi coreada dende a praza. A seguir puxo voz a Chegará o Dia , unha composición que forma pare do seu último traballo no que recupera a resistencia contra o fascismo en Galiza no 36 e a memoria do exilio.

No remate deron lectura a lista de organizacións que expresaron o seu apoio a manifestación:

Alternativa dos Veciños de Oleiros

Anticapitaslistas Galiza

Antifascistas con Venezuela

Asemblea Anti-imperiaslita

Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”

Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza

Bloque Nacionalista Galego

Central Unitaria de Traballadoras

Comité Antifascista da Louriña

Comité Anti-OTAN de Compostela

Comité Anti-OTAN de Lugo

Comité Galego de Solidariedade Internacionalista Mar de Lumes

Comunismo Revolucionario Galego

Confederación Intersindical Galega

Coordinadora da Mocidade Socialista

COSAL-Coruña

Ecoloxistas en Acción – Galiza

Encontro Galego contra a OTAN

Erguer. Estudantes da Galiza

Esquerda Unida

Ferrol con Palestina

Fervenza

Galiza Nova

Galiza por Palestina

Goberno Municipal de Oleiros

Marcha Mundial das Mulleres

Movemento Arredista

Movemento Democrático de Mulleres

Partido Comunista de España (marxista-leninista)

Partido Comunista de Galicia

Partido Comunista do Povo Galego

Partido Comunista pola República Galega

Podemos

Sindicato Labrego Galego

Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza

Unión do Pobo Galego

Verdegaia

Xuventude Comunista