Todalas entradas de Terrasenamos

“Quén vai darnos o futuro? Nós mesmos e só nós!” (Fidel no III Aniversario)

“Quén vai darnos o futuro?  Nós mesmos!  Quén nos ha garantir un porvir feliz para a nosa patria?  Nós mesmos e só nós!  Ninguén virá darnos nada e de ninguén máis dependerá non sendo de nós; a oportunidade é nosa e temos todo o que se precisa para loitar por ela. Tres cousas son importantes para este ano: a primeira, a defensa da patria fronte a ameaza do inimigo; a segunda, a organización e a formación da conciencia revolucionaria. […] sen conciencia revolucionaria, no poderíamos cumprir outro deber como é a planificación e o desenvolvemento da nosa economía”. Son palabras de Fidel na concentración que celebraba 2 de xaneiro de 1962, o Terceiro Aniversario do triunfo da Revolución.

Fidel na concentración popular do Terceiro Aniversario do triunfo da Revolución, en 2 de xaneiro de 1962.

“Malia o progreso económico e industrial gañado polo povo dos EUA, a flor do seu esforzo vai para grandes escadras artilladas, a armar exércitos e a pagaren bandas de vendepatrias no mundo enteiro: gandalla de traidores, exércitos de espías, de asasinos e saboteadores; o froito do esforzo do povo dos EUA vai para sementar contrarrevolución no mundo enteiro, para sobornar reacción e colonialismo, pagaren bandas militaristas e sementar neofascismo nos países nos que o fascismo fora derrotado a costa do sangue de millóns de seres humanos; en pagar o máis retrógrado e reaccionario que pode haber no mundo”.

“Pasados case dous séculos, mudou de vez o papel que representara o goberno dos EUA . Os EUA xa non loitan hoxe por nada que signifique liberdade; hoxendía non defenden nin un só átomo de liberdade en parte ningunha do mundo; os monopolistas que hoxe gobernan Washington e identifican a política e as iniciativas dese país exclusivamente cos seus intereses, loitan precisamente por todo o contrario:  por manter o colonialismo no mundo, por serviren os intereses explotadores en todo o mundo, por manter a reacción no mundo enteiro”.

“Mais non se fagan ilusións, señores teóricos do imperialismo: non todo o mundo está envelenado pola súa propaganda mentireira; non todo o mundo segue eses modelos seus, nin atende as mentiras e infamias coas que enluxan a súa propia opinión. Os pobos do mundo comprenden as mentiras que lle queren contar a diario e aprenden por experiencia propia”.

Terrorismo dixital contra Cuba por volta de 60 anos de cerco fracasado

Rosa Mirian Elizalde

A campaña do 15 de novembro contra Cuba fracasou. Non o di o xornal comunista Granma, senón os padriños e patrocinadores dunha marcha que non aconteceu. Reafírmao o clamoroso silenzo dos lexisladores que se benefician da industria anticubana nos EUA, como o da representante María Elvira Salazar que chegou a emitir desde a Florida máis de 20 comunicados nun día en Twitter para impulsar a revolta na Illa e 16 de novembro parou en seco para non quedar coma cronista do seu propio fracaso.

O desafío publicitario do 15N confirmou a hipótese de a conxunción dos medios e as plataformas sociais poderen crear ficcións e falsear a realidade. O que non poden facer é suplantala. Mentres tentaban enrarecer e envelenar o clima social, a illa respiraba por primeira vez por volta de dous anos da pandemia, con tres doses de vacinas en máis do 80 por cento da poboación -cativos incluídos- e fronteiras de mar por fin abertas, que nunha nación rodeada de auga é como recuperar a porta principal do comercio e o reencontro familiar.

Quen viviu esta campaña, que comezara hai dous meses para repetir as revoltas do 11 e 12 de xullo en Cuba, identificará un relato xa coñecido: o 15N era un movemento contestatario da mesma caste que os lanzados en América Latina e noutras partes do mundo vía Internet, co propósito de turrar da mocidade pendente dos seus móbiles e desconectados do socialismo cubano, para faceren desaparecer o comunismo no Caribe nun trending topic sostido.

En realidade, fume para unha típica Operación de Información do Exército dos EUA (agora chamadas Operacións Militares de Apoio de Información (MISO polas súas siglas en Inglés). Dirixidas a influír en audiencias estranxeiras para conseguir os obxectivos de política exterior de Washington, estes exercicios adoitan activar varias iniciativas en simultáneo como foi extensamente documentado en América Latina.

Desde territorio de Estados Unidos, cuxo goberno emitiu decenas de declaracións de apoio ao 15N en menos de dous meses, tentaron todo  para povocar a revolución 2.0 en Cuba: guerra diplomática e simbólica; ciber-ataques con uso de robots de última xeración para replicar Twitter, ciber-tropas e virus informáticos que secuestran datos (o ramsoware Cuba, por exemplo); espionaxe dixital co rastrexo de toda a circulación aérea e naval na illa, a máis de chamados continuos á delación; propaganda e información falsa, manipulada e hiperbólica. Un concerto coreado por convocatorias a marchas en máis de 120 cidades do mundo, flotillas navais, influencers comprados e a rede da dereita transnacional a todo dar para conseguir declaracións de parlamentos e parlamentarios, acoso a embaixadas e irrupción no Vaticano, entre outras manifestacións concertadas de presión internacional contra Cuba.

Promoveron a etiqueta #15NCuba. O obxectivo era lanzar un movemento social creado en laboratorio, que quedase no imaxinario como outros referenciados polas súas etiquetas de metadados ou  hashtags: #jan25 para a evolta na Praza Tahrir, de Exipto, 25 de xaneiro de 2011; #VemPraRua no Brasil, contra Dilma Rousseff; #direngezi para as protestas no parque Gezi Park de Istambul, #occupywallstreet, en Nova York, e moitos máis.

Ao carecer de imaxe que o sostivese, o “movimento #15NCuba” esvaiu en menos de 24 horas. O que non quita que o sistema de propaganda de precisión do exército dos EUA continúe a apurar súas tácticas. Mentres escribo, hai decenas de convocatorias en Internet para combater o que eles alcuman de totalitarismo cubano con ou sen disfraces de corrección política, chamando á violencia e o saqueo. Agora mesmo, desde perfís falsos en Facebook, convócase a algo tan perigoso e provocador como ir en caravana migratoria á base militar que ten os EUA en Guantánamo.

Fracasada a campaña do 15N, ninguén ten dúbidas de que apenas está a comezar unha nova forma de guerra encuberta ou de  terrorismo 2.0 que só pode deseñar un Estado contra outro.  Os EUA non puideron en máis de 60 anos con Cuba, e desta regresan pola apocalipse dixital.  Para Washington non será pancomido, a xulgar por como lle foi nesta  escaramuza.

Publicado no diario La Jornada de México e traducido ao Galego para TSA por Berta Retén.

“Cuba sen bloqueo sería ainda máis xenerosa e solidaria: un perigo para o egoismo universal” (Silvio Rodríguez)

Silvio Rodríguez, a imaxe máis cosmopolita e viaxeira da Revolución Cubana e un dos contados rapsodas revolucionarios que ten presenza no vedado da música comercial do Norte rico, aborda no sito La tercera, en conversa con Claudio Vergara, o último intento da CIA por alzar na illa a bandeira de protesta contra o Goberno a conta dos atrancos creados polo bloqueo. A entrevista de Silvio foi reproducida integramente por Cubadebate e dela publicamos a seguir un resumo.

Silvio nun seu concerto en Madrid

O entrevistador aborda o estado de opinión en Cuba despois dun masivo chamado dixital a protestar contra o goberno. “Ao cabo do bloqueo infame que nos ven aplicando o rexime imperial dende hai 62 años –sinala Silvio-  e das 243 medidas de asfixia a maiores, engadidas por Trump; logo da esperanza de Biden levantar cando menos as medidas de Trump, como prometera en campaña, e de esquecer a súa promesa; a maiores de nos teren pendurado o título de “país pendido ao terrorismo”, “imperio do mal”, “patio traseiro”; logo de suspender as remesas e da baixada do turismo (a nosa primeira industria) que, para remate, chegaban depois de 18 meses de pandemia, era lóxico que aparecesen expresións de cansazo… Pregunto como estaría calqueroutro país de Latinoamérica -Chile mesmo, por exemplo-, de ter sido torturado a longo de 62 anos, sen acougo, polo imperio más poderoso da terra. Negándolle crédito, sen poder facer transaccións bancarias,  sen os barcos poder recalar no arquipélago por mor de multas millonarias, como nos fan a nós”.

Precisa Silvio Rodríguez que o bloqueo non é o único causante dos atrancos de Cuba. “Mais se os que nos cercan co bloqueo coidasen que os seus efectos carecen de importancia, xa nolo terían arriado para probar que as protestas de Cuba contra o cerco carecen de fundamento. E logo, por que non levantan o bloqueo? Será que non queren que o mundo vexa o que pode ser Cuba sen bloqueo. Con seguridade saben que seríamos un país aínda máis solidario; un país que repartiría vacinas propias a todos os países que carecen delas, en tantos lugares deixados da man dos gobernos. Cuba sen bloqueo sería un país aínda máis xeneroso e solidario, isto é; un perigo terríbel para o egoísmo universal”.

O entrevistador pregunta se non se trabucou o goberno ao chamar delincuentes, mercenarios e confundidos aos manifestantes. “Pode errar un goberno na cualificación das persoas que participan nunha protesta –sinala Silvio- mais unha cousa é non atinar coas palabras e outra completamente diferente é mandar carros de combate e tropa armada  que dispara contra a moitedume, mata e valeira os ollos dos que protestan na rúa, como teño visto que pasa noutros paises”.

Desafía o xornalista a Silvio Rodríguez co feito de algúns músicos novos teren cambiado o lema Patria o muerte, venceremos por Patria y Vida. O entrevistado ironiza por non teren citado a Silvito el Libre, fillo de Silvio e abertamente crítico co goberno. “Por outra banda –sinala Rodríguez- hai un video dunha intervención de Fidel nunha escola onde pronuncia o lema Patria y Vida, inspirado por unha alumna. Poden consultalo no internet. Alfredo Guevara usara o lema hai anos na clausura dun festival de cine da Habana. Patria y Vida  é un lema fermoso e eu non teño reparo en repetilo malia que primeiro paréceme imprescindíbel berrar Abajo el bloqueo!

Sobre a militancia opositora de moitos artistas mozos, Rodríguez precisa: “É verdade que moitos artistas novos militan na oposición e que son continuamente citados. É certo tamén que non mencionan outros artistas que non militan na contra. É evidente que aproveitan como nunca a todos os que se colocan en contra o goberno. Boa parte da prensa mundial participa desa campaña e todos os días estamos nas portadas. Aprovéitanse da pandemia non para ceder o bloqueo senón para arrecialo. Isto sucede precisamente no relevo da xeración que comezara o proceso revolucionario e ao tempo que varios congresos de Cuba recoñecen erros e anuncian cambios na economía que poden ir mellorando resultados. Sucede ao tempo de ser Cuba o único país do Terceiro Mundo que ten cinco vacinas de éxito contra a Covid-19. Non é casual. Non queren que avancemos. Queren pechar o cerco a golpe de propaganda e de medidas de asfixia. É o castigo contra Cuba por se ter atrevido a ser ela mesma”.

Entrevista completa en español en http://www.cubadebate.cu/especiales/2021/11/29/silvio-rodriguez-era-bastante-logico-que-en-cuba-aparecieran-expresiones-de-agotamiento/

A Unión Europea recorda que as medidas do bloqueo carecen de efecto legal fóra das fronteiras dos EUA

Axencias-TSA

A Comisión Europea repite que é ilegal a prática das institucións de goberno dos EUA de dictar decretos e sancións que violan a soberanía legal doutros paises. A comisaria de Servizos Financeiros da UE, Mairead McGuinness, condeou a extra-territorialidade do bloqueo estadounidense impuesto a Cuba con desprezo das leis nacionais da República. Falando en nome dos 27 Estados que conforman a UE, a irlandesa McGuinness dixo que a invasión da legalidade dun pais por outro Estado representa unha violación inasumibel  da soberanía de calquera pais, como estipula o Regulamento 2271 do Consello da UE de 22 de novembro de 1996, destinado a neutralizar no ámbito europeo a incidencia de leis extraterritoriais.

Martirena (Granma)

McGuinness precisóu a postura da UE en resposta apreguntas formuladas meses antes polos eurodiputados do Estado español Ernest Urtasun e Javier Moreno a conta da opinión do Consello sobre o perxuizo para as empresas e a cidadanía da UE da política de bloqueo e sancións do goberno de Washington contra Cuba. A comisaria dixo que era facultade do goberno da UE defender a vixencia e aplicación dos estatutos dos Estados membros e defender as empresas da Unión contra irregulariedades invasivas doutros Estados para o que estaban en vigor medidas en defensa da apertura e fortaleza do sistema económico e financeiro da UE.

A comisaria acrecentou que o Servizo Europeo de Acción Exterior contaba con recursos para garantir a defensa de servicios financieros esenciales dos 27 Estados membros e dixo que o seu departamento de Servizos Financeiros trataba regularmente da intromisión de parte das institucións de Goberno dos EUA, nomeadamente sobre os efectos do uso ilegal de sancións. Como exemplo citou os 15 procesos acometidos polos EUA contra 18 empresas da UE a partir do título III da Lei Helms-Burton, iniciativas sancionadoras que asegurou que carecías de calquera propiedade legal no ámbito da Unión.

Emigración cubana e solidariedade, denuncian una información sobre Cuba no Estado intervida por Washington

Movimento Estatal de Solidariedade con Cuba (MESC)

Reclamamos unha información máis equilibrada sobre Cuba. Un tratamento da actualidade cubana con datos que non procedan en exclusiva dunha fonte nin omitan a opinión dos miles de persoas que no Estado español son partidarias da Revolución cubana. Debe cesar o veto informativo a solidariedade con Cuba e ao traballo que levan adiante numerosos grupos de colectivos da emigración cubana patriótica.

No último mes, os media con presenza en todo o Estado e outros que aspiran a seren considerados como alternativos, aceptan o papel de divulgadores preferentes dunha operación dirixida en toda regra a interferir na política cubana. A campaña arranca dos centros de poder dos EUA para soerguer “axentes de cambio” ao servizo da guerra de Washington contra A Habana. Só mencionemos dous nomes: Yunior García e Yotuel Romeu,  protagonistas –exclusivos e blindados contra a crítica ou a réplica- en noticias, reportaxes, entrevistas, editoriais e espectáculos televisivos. Un discurso informativo único (no que dominan os termos réxime, ditadura, represión, censura…) para un obxectivo concreto: aldraxar ao goberno cubano e lexitimar, ao prezo que sexa, un cambio político na illa cara a unha “democracia de mercado” sometida aos EUA e a Unión Europea.

Esta operación de propaganda toma vantaxe da asfixia absoluta da economía de Cuba, a través do corte, desde os EUA, de todas as fontes de ingresos e subministracións da illa. Unha brutal campaña que se aproveita dun escenario de graves carencias materiais, creadas polo bloqueo, as 243 últimas sancións e os 20 meses sen turismo, para inzar odio e culpabilizar hipocritamente ao goberno cubano da situación.

A alta responsabilidade desta matriz de pensamento único sobre a realidade cubana, tamén recae sobre outros medios que posúen a capacidade de compensar o desequilibrio informativo, desde unha posición de honestidade e ética xornalística. No canto de daren a Cuba leccións dunha liberdade de prensa eses mesmos medios non pratican, deberían dar voz a quen non a ten, achegar outras perspectivas e opinións e publicar outras análises libres da ditadura editorial e mediática que reservan para Cuba.

A opción de entrevistaren a cubanas e cubanos da emigración que defenden a Revolución, está aberta. Están a condenar a este grupo emigrante a rabia e indignación de ver a súa bandeira aldraxada desde posicións reducidas e subalternas e senten orgullo de pertencer a un pequeno país do Sur que, mesmo pobre, cercado e bloqueado, foi o primeiro en abrir as súas escolas a poboación infantil inmunizada contra a Covid-19, con vacinas creadas e fabricadas polas súas empresas públicas. Algo, por certo, que ocorreu 15 de Novembro, cando os media que criticamos xeraban centos de contidos informativos sobre unha marcha opositora pantasma que só tivo lugar nas redes sociais. Un globo inflado con diñeiro.

Aos sectores do xornalismo honrado e ético que resisten na estrutura mercantilizada dos medios, estamos a pedirlles que dean o paso, que sexan valentes, e esixan, nos medios onde traballan, o rigor e o equilibrio informativo que tanta falta fai.