Adolfo Pérez Esquivel, Premio Nobel da Paz, recorda que Cuba non é ameaza para ningún país e require a Joseph Biden que acabe co bloqueo da illa. Exprésao asi nunha carta que recolle 19 de xullo Prensa Latina e na que recorda ao presidente dos EUA que a paz non se regala, constrúese coa vontade e esforzo das persoas e os pobos. “E a ti correspóndeche como xefe de Estado dun país con sinalado protagonismo na política mundial, ser construtor desa paz, buscar o ben, respectar os dereitos humanos dos pobos e á súa autodeterminación e soberanía, lamentábelmente violados a diário polos gobernos da túa nación até o presente”.
Pérez Esquivel é un dos promotores da campaña para a concesión do Nobel da Paz as Brigadas Médicas de Cuba. Na foto, un cartaz de agradecimento en Turín pola solidariedade cubana contra a Covid-19
O premio Nobel, nacido no barrio de San Telmo de Bos Aires de pais emigrantes de Combarro, defensor dos dereitos humanos, da autodeterminación e da Teoloxia da Liberación, repite a Biden a pregunta evanxélica de cómo se pode reparar no gaspallo do ollo alleo e non ver a trabe no propio, e convida ao titular actual da Casa Branca a reflexionar sobre a política dos gobernos dos EUA con Cuba, seus continuos ataques contra a illa e o criminal Bloqueo.
Noutro lugar da misiva fai gabanza de Barack Obama “que na parte final do seu mandato tivera a coraxe de viaxar a Cuba e de significar con aquel xesto para a Historia que a política de Estados Unidos coa illa non podía termar na agresión permanente e no asedio criminal”. Recorda que sen apoio parlamentar para arriar o Bloqueo, pechar a cadea de Guantánamo e pór fin as torturas na base ilegal dos EUA en territorio de Cuba, era reponsabilidade do Congreso desactivar as medidas represivas que violan todos os
dereitos e soberanía do pobo cubano.
En defensa de Cuba cercada, e vituperando a escalada de Trump por aumentar o castigo ao pobo e non permitir que quedase aberta a máis pequena fenda no Bloqueo, o pemio Nobel interpela a Biden: ¨Ten delicto que fales dos dereitos humanos e ameaces a Bolivia e Arxentina, bloquees Venezuela, sigas apoiando golpes de Estado no continente e que o ministerio de Exterior do teu goberno recoñeza a súa intervención no asasinato do presidente de Haití”.
“Cuba –recorda a seguir o autor da carta- non é ameaza para ningún país senón exemplo de solidariedade cos pobos a través das súas Brigadas Médicas Henry Reeve, do Proxecto Milagre e do labor permanente no mundo xunto aos pobos que necesitan o apoio solidario para se desenvolveren e acadar vida digna. Ti sábelo ben, Joe, que Cuba nunca vai someterse á vontade dos EUA, á agresión, nin aos intentos de desestabilización social por máis que empregues as redes e os medios hexemónicos de comunicación; teñen unha capacidade de resistencia por riba de todas as agresións do teu goberno; é un pobo digno e con coraxe demostrada desde o triunfo da Revolución”.
A tensión da misiva non cede no seu estilo directo e reinvindicativo, ao lembrar a Biden que a humanidade vive momentos de dolor e desacougo por causa da Covid-19, que afecta a países ricos e pobres, con máis rigor para os segundos. “Termar no bloqueo a Cuba e a outros países é un crime de lesa humanidade, por todo o dano que causa á vida das persoas e os pobos. Ti dis que o sistema cubano é o dun Estado Fracasado, e ocultas que desde hai 60 anos soporta un Bloqueo inxusto e que foron os gobernos dos Estados Unidos os que de verdade fracasaron ao quereren sometelo e dominalo”. Pregunta a seguir se o propósito certo da súa presidencia é contribuír á paz e a unidade dos pobos “E se así for, de verdade, terás que rematar con valentía coas políticas opresoras do teu goberno e construír novos camiños de unidade e solidariedade en ben da humanidade. As persoas e os pobos teñen memoria; facer memoria ilumínanos o presente. Recollerás o que sementas e non esquezas, Joe, que ninguén pode sementar cos puños pechados: para sementares, tes de abrir a man”.
Pérez Esquivel remata a súa carta a Joseph Biden (ao que se refire co diminutivo familiar Joe) co seguinte voto: “Temos a esperanza de o pobo dos Estados Unidos, coma o resto do mundo, reclamar o final do Bloqueo. A democracia non se regala: constrúese coa vontade dos pobos e coa súa participación como protagonistas e construtores das súas vidas e da historia”.
En febreiro de 2020, os amigos do secretario da OEA, Luís Almagro e dos congresistas de Florida, entre selfi e selfi cos fachas máis aborrecibeis da dereita transnacional, lanzaron nas redes a campaña Crisis en Cuba: represión, hambre y coronavirus. Naquela altura non tiñamos en Cuba nin un só caso de Covid-19 na illa; alimentos e medicamentos non faltaban, como agora, malia os golpes diarios contra as finanzas, as sancións aos bancos, o cerco aos barcos con petróleo, o corte súpeto das remesas, a cancelación dos voos regulares e moito máis. O escritor cubano René Vázquez Díaz, lembra o exército de funcionarios gobernamentais estadounidenses que traballaron arreo, desde 1960, para facer sufrir até o indecible aos nenos cubanos, aos anciáns e enfermos, ás mulleres e aos homes dun país pequeno que xamais agrediu seu verdugo. Imaxínen a cantidade masiva de funcionarios que, agora máis que nunca, mantén ese oficio diario.
Julián Macías Tovar, especialista en comunicación dixital, denunciou que a operación lanzada en Twitter contra o goberno de Cuba, foi coordenada desde o exterior cos mesmos mecanismos e protagonistas presentes no golpe de Estado contra Bolivia en 2019. A publicación do mapa de procedencia de sinais que denuncia as emisións principais desde a Florida, foi interpelada cunha rabiosa campaña polas trincheiras mediática anti-cubanas.
Estamos a vivir unha guerra de información ao vello estilo dos falcóns que marmuran na orella dos presidentes dos EUA. Non empezou con Biden, hai que dicir. Desde 2017 non paran coa matraca dun estalido social en Cuba e sentencian a súa solución máxica: a intervención humanitaria. Trump, no entanto, bradaba a diario sancións adicionais ao bloqueo ( 243 para ser exactos) que a actual administración non revisou.
Calculen o que debeu custar esta guerra de espectro completo que opera no ciberespazo, onde conectan e cruzan todas as informacións dos operativos en tempo real para garantir que o estalido social pase do anuncio prosmeiro a algo que se lle pareza, sen mencionar para nada a man que abanea o berce sen parar. Sen citar, xa que logo, que a maioría da poboación cubana non participou nos incidentes e non aceptará, mal que lles pese, a tal intervención humanitaria e a compaña de bombas e marines que mandarán con eles.
Cando o goberno chamou ao defendermonos, redes sociais e medios transnacionais berregaron que o presidente Miguel Díaz-Canel era un criminal. Esquecéulles mencionar que non chamou ao exército a disparar aos cidadáns, nin ordeou arrincar ollos, nin usar mocas elétricas, nin tanques de auga con ácido, nin gases lacrimóxenos, nin ningunha outra arma que non fose o peito daqueles que si saben quen é o criminal nesta historia. Saíron a defender a Revolución, mesmo, antes de Díaz-Canel explicar na tarde do domingo o que acontecía e demandar sentido ás persoas que foron un día tras outro bombardeadas por mareas de información tóxica e mentiras de toda caste vía redes sociais. Sen ir máis lonxe, cando redacto estas liñas, CNN en español anuncia unha manifestación de apoio á Revolución dos traballadores do Ministerio de Economía, na Habana, coma se fose unha protesta antigubernamental. Para lle dar realismo abondo, acompañouna da canción Libertad, do empresario miamense Emilio Estefan.
O que non din é que hai case dous anos dérase a coñecer evidencia documentada da participación de empresas e sitios dixitais de Florida na organización desta campaña, con financiamiento do gobernos dos EUA. Tamén non falan do uso de sistemas de big data e intelixencia artificial de última xeración contra a illa, coma os que empregaron para xustificar o golpe de estado en Bolivia, por exemplo, e a presenza de cibertropas dixitais que coordinan accións nas redes e utilizan eses sistemas de intelixencia computacional para xerar unha ruidosa cámara de eco contra o goberno cubano.
O investigador español Julián Macías Tovar mostrou como estas cibertropas organizadas en Twitter amplificaron millóns de mensaxes e deron instrucións para o acoso coordinado a influencers co obxectivo de dar volume á etiqueta #SOSCuba. As tácticas utilizadas, propias de operacións de ciberguerra, estaban encamiñadas a xerar de maneira artificial a ilusión dun consenso a gran escala contra o goberno cubano a partir dunha operación de forza bruta nas plataformas sociais, minuciosamente planificada, que reúne todas as características da guerra irregular ou híbrida, de deseño estadounidense en tempos de Internet, na que xa levan unha experiencia acumulada de case 20 anos.
Cando en 2003 o Departamento de Defensa dos EUA declarou ao ciberespazo como novo territorio a conquistar, fíxoo para definir as operacións de network centric warfare, ou ciberguerra, descritas como “realización e preparación para levar a cabo operacións militares de acordo cos principios relacionados coa información. Significa perturbar, si non destruír, os sistemas de información e comunicación, definidos en termos xerais para incluír ademais a cultura militar, na que se apoia un adversario para identificarse: quen é, onde está, que pode facer, cando pode facelo, por que está a loitar, que ameazas contrarrestar primeiro, etcétera”.
Con informacións inventadas, mentiras e manipulación, buscan que os espectadores representen o papel de cómplices dun crime contra millóns de cubanas e cubanos. Queren presentar como estalido social disturbios creados nos laboratorios estadounidenses. Hai moitas cousas que non se din de Cuba, mais, sen dúbida, esta é a máis importante.
A masiva campaña que activou por internet unha finxida intervención humanitaria en Cuba, foi lanzada por medio da rede Twitter desde un laboratorio mediático radicado na Florida, con uso de etiquetas, robots e trolls automatizados. Os sistemas de xeo-localización das contas foron subplantados para pareceren orixinados en Cuba malia seren dos EUA. Bruno Rodríguez Parrilla, ministro de Estado (asuntos exteriores) de Cuba comparou a pretendida campaña humanitaria lanzada por EUA contra a illa, coa que a OTAN, con Estado Maior en Virxinia, organizara contra Iugoslavia socialista en 1999, desprezando cautelas da ONU, e que dera lugar ao masivo bombardeamento aéreo de Belgrado, descrito nos titulares da prensa dominante coma operación benéfica. Rodríguez Parrilla denunciou que a rede Twitter non aplicou seu fachendoso regulamento para impedir o uso demagóxico do sistema a prol de intereses imperialistas. A compañía norteamericana, tan requintada para a defensa das suas leis de uso, mantense en silenzo en beneficio dos intereses espúreos dos EUA.
Twitter intervén a prol de intereses mercenarios en Cuba
Rogelio Polanco, membro do Secretariado del Comité Central do Partido Comunista, recorda ter asistido en Venezuela exercicios previos do mesmo manual de combate non convencional ou híbrido dos EUA lanzado destora sobre Cuba . Chávez daba a este xénero de agresión externa o nome de mecha lenta de explosivo, que ardía con contaxio masivo da opinión e incidencia no económico e político, sabotaxes diarias e atentados contra persoas e instalacións clave. As chamadas guarimbas formaban parte do criminal proceso xunto con medidas coercitivas de carácter económico, comercial, financiero, para provocar carencias, necesidades e limitacións de recursos financeiros, farmacéuticos asi como ruptura dos mercados de alimentos. Recorda Polanco o intento, agora repetido na campaña contra Cuba, de introducción forzosa de axuda emerxente, con apoio táctico de tropa armada, pola fronteira de Venezuela con Colombia. O que agora dirixen contra Cuba “é parte dun manual aplicado en Medio Oriente, Europa e América Latina, unha estratexia intervencionista para derrubar o goberno con tácticas de loita non violenta para inducir inestabilidade e caos, provocar intervención das forzas de orde para poder presentalas como represión e violación de dereitos básicos que poidan servir como pretextos mediáticos para a revolta, presuntamente en defensa das liberdades e na realidade como colaboración cos agresores externos”.
O ministro de Estado de Cuba dixo que Twitter, como rede de aceso presuntamente aberto e garantido, estaba na obriga de explicar o feito probado de operadores políticos utilizar de maneira abusiva etiquetas, colectivos de robots e outros recursos automatizados na operación encamiñada a crear un estado de opinión contrario ás propias leis de Cuba.
Ante os recentes acontecementos en Cuba, a Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamilesixe que o goberno dos EUA dea cumprimento á resolución da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, do pasado 23 de xuño que, por 184 votos contra dous, pediu, por vixésimo novena vez, o levantamento do bloqueo económico, financeiro e comercial que impón a Cuba, reforzado con 243 novas sancións nos catro últimos anos, ningunha delas levantada pola administración de Joe Biden.
A reacionaria campaña promovida polos EUA que acusa ao goberno de Cuba dos efectos causados polo ilegal bloqueo, non cita que a Asemblea da ONU reclamara de a pouco rematar co asedio da illa que xa dura máis de 60 anos.
Nestes momentos difíciles, con toda claridade, declaramos o noso apoio á Revolución cubana, ao seu pobo e o seu goberno, ante un novo intento de desestabilización política na Illa, aproveitando a actual situación de pandemia. E facemos un chamamento a participar en próximas accións solidarias que anunciaremos en breve.
Queremos denunciar, de maneira enfática, a manipulación nas redes sociais e medios de comunicación, que magnifica os incidentes acontecidos en puntos concretos da Illa, presenta imaxes de protestas ocorridas noutros países como ocorridas en Cuba, e silencia as decenas de actos espontáneos de apoio á Revolución que están, nestes intres, percorrendo a Illa.
É verdadeiramente cínico que os mesmos medios de comunicación que pasaron de esguello polos actos de represión policial, con decenas de mortes, en Colombia ou Chile, fálennos agora de “represión” en Cuba, onde as protestas foron respondidas, de maneira pacífica, por unha maioría que apoia o proceso revolucionario.
Os devanditos incidentes non son produto dunha “crise sanitaria”, como presentan @s que piden unha “intervención humanitaria” con evidentes fins políticos: a cifra de contaxios e falecementos pola Covid-19 na Illa, aínda que cun grave repunte en lugares como Matanzas, é moi inferior á dos demais países da área, como os propios EUA. As protestas están asociadas á aguda crise de desabastecemento (alimentos, combustíbel, medicamentos, transporte, apagóns eléctricos), produto da conxunción dos efectos da pandemia –o país leva, por exemplo, 16 meses sen ingresos polo turismo- cos dun bloqueo económico, financeiro e comercial, máis implacábel que nunca. O traballo en redes sociais desde o exterior, financiado polo propio goberno dos EEUU, pretende aproveitar a situación de penuria económica para conducila a unha situación de caos e desestabilización política, seguindo un patrón xa aplicado noutros países.
Queremos denunciar tamén outra das mentiras diseminadas: a dunha hipotética prohibición de entrada de axuda material ao país. Cuba está a recibir doazóns desde diferentes países do mundo. Lembremos a recente campaña basca de Xiringas para Cuba, que recadou fondos para a compra de 655.700 xiringas, dun total de máis de 10 millóns en toda Europa. E que, ante a actual situación, ampliamos.
Quen desexe colaborar coa compra de material sanitario, pode facelo, ingresando na conta de SOdePaz: ES42 1550 0001 2900 0350 9221 .
Hoxe máis que nunca dicimos “Biden, escoita ao mundo: Unblock Cuba!” E xunto ao pobo revolucionario cubano, berramos: “Patria ou Morte. ¡Venceremos!”
Tamén o MESC (Movimiento Estatal de Solidariedade con Cuba) fixo público un comunicado no que condena os reincidentes ataques contra a illa co gallo da situación de crise e carencias provocadas polo ilegal bloqueo económico, fianceiro e comercial que os EUA manteñen desde hai mais de 60 anos contra Cuba. “Este capítulo da campaña permanente contra a illa –dí a nota do MESC- forma parte da guerra que se lle fai a Cuba e que agora se utiliza para desestabilizar o pais con desprezo das súas institucións e violando o Dereito Internacional”.
Mentres os medios dominantes silenciaron o labor solidario das Brigadas Médicas Cubanas Henry Reeve, as arrasadoras consecuencias do prolongado bloqueo económico imposto polos EUA ou o feito de producir cinco candidatos vacinais contra a COVID-19, salientaron pola contra as dificultades da poboación cubana das que fan responsábel único ao goberno cubano. O MESC recorda que a recomendación, emanada dos EUA, dunha intervención estranxeira para prestar asistencia hipócritamente definida coma humanitaria a illa sitiada, é un ataque directo a soberanía de Cuba.
De asistir a illa contra o criminal ataque da acumulación do capital, desde os recuados tempos en que comezara o bloqueo, ocúpanse máis de 2.000 asociacións de solidariedade de todo o mundo, así como centenares de entidades de cubanos e cubanas residentes no exterior, que esixen respecto a soberanía e independencia de Cuba e acabar coa política desaforada do bloqueo de parte dos EUA.
Miguel Díaz-Canel, presidente da República de Cuba, compareceu domingo en directo pola rede de radio e televisión nacional para recordar o que significou a remontada do bloqueo e do asedio ás finanzas do país e ao sector enerxético co obxectivo de asfixiar a economía e provocar a revolta que os EUA e os seus incondicionais arelan, e denunciou o previsto oportunismo dunha campaña ideolóxica que suspira por unha presunta intervención humanitaria da previsíbel feitura reaccionaria que as que chegaron repetidas veces ao continente coma limiar de intervencións militares e manobras de ocupación de dereitos, soberanía e independencia dos pobos. Díaz Canel recordou que no segundo semestre de 2019, o goberno anunciara unha conxuntura difícil, precipitada por unha sucesión de 243 medidas restritivas que remataría coa inclusión de Cuba nunha lista de países patrocinadores do terrorismo. A seguir resumimos a importante intervención do presidente de Cuba.
A letal multiplicación de medidas de bloqueo, está a afectar directamente ao funcionamento da rede de enerxía de Cuba.
“Habendo países que se acomodan a estas decisións, outros non toleran a imposición. Todas estas restricións propiciaron o atranco súpeto de varias fontes de ingreso de divisas como o turismo, as viaxes de cubanos-americanos ao noso país e as remesas. Fíxose un plan para desacreditar as brigadas médicas cubanas e a colaboración solidária que presta Cuba que ingresaba por ese concepto unha parte importante de divisas.
Induciron desde fóra unha situación de desabastecemento no país, sobre todo de alimentos, medicamentos, materias primas e ingresos para podermos desenvolver os nosos procesos económicos e produtivos que tributan asemade ás exportacións. Están interferidos dous elementos de importánci: a capacidade de exportación e a capacidade de investir recursos. E, desde os procesos produtivos, poder desenvolver bens e servizos para a nosa poboación.
Tamén temos limitacións limitacións en combustibeis e pezas de reposto e todo isto provocou un nivel de insatisfacción, unido a problemas acumulados que nos puidemos resolver e que viñan desde o Período Especial unido a unha feroz campaña mediática de desacreditación como parte da guerra non convencional que trata de fracturar a unidade entre partido-estado e pobo; que quer presentar ao goberno como insuficiente e incapaz de proporcionar benestar ao pobo cubano e que pretende enarborar desde unha posición do goberno dos Estados Unidos que con eles se pode aspirar ao progreso dun país como o noso.
Receitas hipócritas ben coñecidas, discursos mentireiros que se repiten en toda a historia dos Estados Unidos cara a Cuba. Como interviron no noso país, como se apropiaron da nosa illa en 1902, como mantiveron unha dominación da nosa illa na etapa da seudorepública e como eses intereses foron golpeados pola Revolución cubana triunfante.
Durante 60 anos, mal lles custou aturar o exemplo da Revolución cubana e non deixaron de aumentar o cerco. Aplicaron un bloqueo inxusto e criminal, e cruel, recrudecido agora en condicións de pandemia con ruindade manifesta. Bloqueo e accións restritivas que nunca aplicaron a ningún outro país, nin contra os que eles consideran os seus principais inimigos. Unha política encarnizada contra unha pequena illa que só aspira a defender súa independencia e soberanía e construír con autodeterminación a súa sociedade de acordo aos principios que máis dun 86 % da poboación apoiou no exercicio amplo e democrático que convocáramos para sancionar actual Constitución da República de Cuba.
No medio desas condicións veu a pandemia a Cuba e a todo o mundo, incluíndo aos Estados Unidos. Afectou a países ricos e hai que dicir que nin EUA nin outros países ricos tiveron toda a capacidade para se defenderes dos seus efectos nos inicios, e en moitos deses países de primeiro mundo, con moitas máis riquezas, colapsaron os sistemas de saúde, as salas de terapia intensivas. Os pobres foron desfavorecidos porque non existen políticas públicas orientadas ao pobo e os indicadores amosaron, con relación ao enfrontamento da pandemia, que os seus resultados foron peores ca os de Cuba en moitos casos.
UN DOS ÍNDICES DE VACINACIÓN MÁIS ALTOS DO MUNDO
Así fomos avanzando, controlando brotes e rebrotes, cunha capacidade tremenda de sacrificio do noso pobo, dos nosos científicos, do noso persoal da saúde; case todo o país involucrouse neste esforzo. Creáronse cinco candidatos vacunales, entre os que aparece como xa recoñecida a primeira latinoamericana. Cuba está a vacinar á súa poboación. É un proceso que toma tempo. Hai que producir as vacinas, pero nestes momentos temos un dos índices de vacinación máis altos do mundo e en poucas semanas superamos o 20 % de vacinación da poboación, un proceso que continúa.
Nos últimos meses empezaron a circular cepas máis agresivas e contaxiosas. En primeiro lugar, os contaxios prodúcense a unha velocidade que supera as capacidades que puidemos crear para tratalos en institucións estatais. Por outra banda tivemos que acudir a abrir capacidades noutros centros e ao abrir máis número de centros, aos cales tamén temos que darlles unha prioridade enerxética aínda no medio de problemas enerxéticos acumulados que nos provocaron apagóns, a cantidade de circuítos que temos que protexer para que se atendan os pacientes de covid provoca que sexan máis os circuítos que quedan con posibilidades de facer cortes molestos, pero necesarios, porque temos que restablecer as nosas capacidades de xeración eléctrica. Iso ocorreu nestes días e provocou irritación, incomprensión, preocupacións e afectacións á poboación.
Ao ter máis enfermos, hai máis consumo de medicamentos, e tamén nosas reservas de medicamentos vanse esgotando mentres as posibilidades de adquirilos son un reto. Ante a falta de capacidades nun grupo de provincias, houberamos de convocar á familia para implicalos nunha participación máis directa, responsabel. Non nos casamos de admirar no medio desta situación esa capacidade de resistencia creativa que ten o noso pobo. E como con estes valores, acompañados de responsabilidade e de unidade, no menor tempo posibel, con vacinación e con comportamento responsable, cumprindo as medidas hixiénico- sanitarias, o illamento social e o distanciamento físico, sairemos decontado deste pico pandémico que non é só un caso cubano.
De maneira covarde, suiña, oportunista e perversa, a partir das situacións máis complicadas que tivemos en provincias como Matanzas e Ciego de Ávila, os que sempre estiveron a prol do bloqueo e serven como mercenarios de rúa do cerco ianqui, manifestáronse con consellos de axuda humanitaria e de corredor humanitario. Todos sabemos de onde veñen. Buscar imppor a opinión de o goberno cubano ser incapáz de saír desta, coma se eles estivesen tan interesados en resolveren os problemas de saúde do noso pobo.
Sequeren ter un verdadeiro xesto con Cuba, se queren preocuparse do pobo, arríen o bloqueo e verán como tocamos. Por que non o fan? Porque non teñen valor para rematar co bloqueo? Que fundamento legal e moral ten osque defenden que un goberno estranxeiro aplíque esa política a un país pequeno no medio de situacións tan adversas?.
Non é iso xenocidio? Non é crime de lesa humanidade? Pretenden que somos unha ditadura, unha ditadura que se preocupa por darlle a toda a súa poboación saúde, que busca o benestar xeral, que no medio destas situacións é quen de ter programas e políticas públicas en función de todos; que aspira a vacinar a todos cunha vacina cubana, porque sabiamos que ninguén nos ía vender vacinas e non tiñamos diñeiro para ir ao mercado internacional a comprar vacinas. Que ditadura máis estraña!
Agora están a bradar que somos asasinos Onde están os asasinados en Cuba? Onde están os desaparecidos? Porque outros países que sufriron estes eventos de picos pandémico non foron na prensa atacados nin reclamaron para eles unha intervención humanitaria, nin se lles armaron estas campañas de descrédito coma as que lazaron contra nós.
A vida, a historia e os feitos proban quen está detrás de todo isto: que é asfixiar e acabar coa Revolución e para iso están a tratar de desalentar ao noso pobo de confundir. Cando as persoas padecen condicións severas como as que estamos a vivir, ocorren feitos como os que vimos hoxe en San Antonio de los Baños.
En San Antonio de los Baños, un grupo de persoas concentrouse nun dos parques máis céntricos da cidade para protestar e reclamar. Quen eran esas persoas? Persoas de pobo que están a vivir parte das carencias e dificultades; persoas revolucionarios que poden estar confundidas e que poida que non teñan todos os argumentos ou que estaban a expresar as súas insatisfaccións. Eses dous grupos de persoas facíano dunha maneira distinta, buscaban un argumento e pedían unha explicación. O primeiro que dicían era “eu son revolucionari@” “eu apoio á Revolución”.
Un grupo de manipuladores prestábanse aos designios desas campañas que saíron nas redes sociais. O famoso SOSMatanzas ou SOSCuba, o chamado ao cacerolazo para que en varias cidades de Cuba houbese manifestacións deste tipo e revolta social.
Isto é criminal, cruel, sobre todo neste momento onde temos que conseguir que as persoas estean na casa, recollidas, para se protexeren. Coa moral que dá a Revolución, os revolucionarios de San Antonio dos Baños, as autoridades da provincia, un grupo de compañeiros da dirección do país presentámonos a San Antonio dos Baños. Os revolucionarios entrentáronse aos contrarrevolucionarios; falamos cos revolucionarios e con algúns que poden ser non revolucionarios pero que estaban a pedir argumentacións. Despois percorremos a vila para demostrar que en Cuba a rúa é dos revolucionarios.
Mentres iso está a ocorrer sabemos que hai outras localidades do país, onde grupos de persoas en determinadas rúas e prazas concentráronse movidas tamén por eses propósitos tan malsanos.
Convocamos a tod@s @s revolucionari@s a saír ás rúas a defender a Revolución en todos os lugares. As rúas son d@os revolucionari@s e o Estado ten toda a vontade política para dialogar, pero tamén para participar. Non imos entregar a soberanía, nin a independencia desta nación. Terán que pasar por riba do noso cadaver se queren acabar coa Revolución”.
Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"