Por moito que non o vaia contar a revista Time, Maduro é o home do ano. Dirixiu a resistencia a unha das maiores ofensivas imperialistas da historia: súa foi a iniciativa e mantivo a unidade das forzas revolucionarias internas e as alianzas internacionais a prol do multi-lateralismo, a soberanía e os intereses populares.
O dia 4 de xaneiro de 2019, os gobernos do hoxe en manifesto
debalo do Grupo de Lima anunciaban
que a partir do 10 dese mesmo mes, – deixarían de recoñecer ao goberno
bolivariano como o representante do pobo venezolano. Nesa data, logo de gañar
unhas eleccións con participación e maioría superiores ás que obtiveran os
líderes que o cuestionaban, Nicolás Maduro sería proclamado Presidente de
Venezuela.
A partir dese momento, os ataques,sancións e declaracións
contra o goberno de Maduro chegaron de arrebato e sen descanso, de man alzada
do goberno dos EUA, nas voces do seu presidente, vicepresidente, secretario de
Estado e Conselleiro de Seguridade Nacional.
O recoñecemento, prestado por Washington e un grupo dos
seus aliados, a un presidente auto-proclamado en oposición a Maduro, máis as
sancións económicas, que implicaron dende a confiscación de fondos do Estado
Venezolano depositados nos EUA, Latinoamérica e UE, por miles de millóns de dólares, até o cerco
do comercio e finanzas bolivarianos en todo o mundo; as teimudas conspiracións contra
os militares para armar un golpe de Estado, a falsificación por sistema de toda
información referida ao pais, conforman un escenario no que se empregaron todas
as armas da guerra de cuarta xeración.
O punto culminante foi o plano para violar as fronteiras
venezolanas desde Colombia e Brasil combinando o uso da violencia e a presunta
entrega dunha axuda humanitaria sen contar coas autoridades do país, a fabricación
de incidentes para culpar deles ao goberno bolivariano, un concerto con cabezas
das listas comerciais da música latina e a presenza alí de varios presidentes
latinoamericanos xunto ao senador cubano-americano Marco Rubio, que tuiteaba alporizado
imaxes do descuartizamiento do líder libio Gadaffi. Un mes despois, a sabotaxe
ao sistema eléctrico nacional que deixou sen electricidade todo o país durante días.
É pola magnitude deses feitos e desafíos que compre medir o éxito de Nicolás Maduro:
1. Logrou manter a unión cívico miltar e multiplicar as
milicias populares que suman xa tres millóns de membros.
2. A produción petrolera empezou a recuperarse logo de
caer a 700 000 barrís diarios, superando o millón cen mil, ao que se suma un
incremento substancial nas exportacións de ouro.
3. A oposición atópase hoxe máis dividida que nunca, con varios
deputados opositores que acusan de corrupción ao autoproclamado presidente interino. Unha parte
importante deles sumouse a un acordo co goberno para estabilizar políticamente
o país.
4. A situación de violencia, desabastecimiento, grandes
colas e hiperinflación galopante foi superada, e o país, aínda con grandes
dificultades, vive nun ambiente de estabilidade.
5. A crise do neoliberalismo sacou ás rúas grandes protestas
en Ecuador, Chile e Colombia, países que se sumaron ao cerco liderado por
Washington contra Venezuela.
6. O golpe de Estado en Bolivia é una licción para as esquerdas
da necesaria unidade das forzas revolucionarias asi como de resistir a
tentación de facer ningún xénero de concesións aos peóns de Washington.
7. Dende a celebración en xullo do Foro de Sao Paulo en Caracas, Venezuela lidera un proceso de concertación de forzas de esquerda en Latinoamérica e máis alén, que está rearticulando movementos sociais e forzas progresistas, cuxo máis recente resultado é o lanzamento dunha Universidade Internacional da Comunicación para dotar aos comunicadores de base das ferramentas tecnolóxicas e cognitivas para a loita ideolóxica dos nosos días.
O arquipélago cubano cabe 90 veces nos EUA. Non ten litio, nin grandes reservas minerais; até hoxe non apareceu, como en México, un pozo que acorde a cobiza adoecida da industria petroleira. Cuba é un palmar no medio da mar oceana, dixo José Fornaris, poeta romántico do século XIX. Para Jean-Paul Sartre, era unha illa amarrada ao ciclo infernal da cana de zucre. En Furacán sobre o zucre (1961), procurou Sartre as razóns da Revolución de 1959.
Sen riquezas coma as de Bolivia, Venezuela ou México, e sen ser ameaza para EUA, a obsesión histórica do goberno de Washington por controlar Cuba, chegou a extremos que sobardan a razón.
Para o Día dos Dereitos Humanos (10 de decembro) a administración Trump prohibiu todos os voos dende EU a Cuba, agás os que teñan comodestino a Habana. O congresista demócrata James McGovern, dixo que semellante chasco político non era propio nin dun lapaberzas. Coma se non arretegasen abondo a Cuba, nunha reunión ultra-secreta na que o vicepresidente Mike Pence abordaba o fracaso das políticas dos EUA contra Venezuela, transcendeu que aumentarían a presión sobre a illa, á que responsabilizaban da firmeza de Nicolás Maduro, mentres o auto-proclamado Juan Guaidó perde aire. O embaixador dos EUA ante a OEA, Carlos Trujillo, dixo en LaVoz de las Américas que Habana tiña culpa da presa e do retraso e mesmo das revoltas de Chile, Colombia e Bolivia. Todo o lote nunha soa semana.
Ao cabo de 60 anos de Bloqueo fracasado, o pesadelo do goberno dos EUA é patolóxico.
E como non? Coa borrasca do impeachment (voto de censura) a Trump e a escandaleira de 20 anos de mentiras da Casa Branca sobre Afganistán, fica en segundo lugar a remontada do goberno de Washington contra Cuba, que inza arreo dende xuño de 2017 até hoxe e que desbarata os temesiños pasos de Barack Obama para achegarse á illa, se cadra co anceio de gañala por outros medios.
Atafega acordarmos cada abrente en Cuba con renovadas ameazas e sancións do Norte, pero non nos causa sorpresa. Fidel Castro, o cubano que mellor coñeceu a Estados Unidos, nunca creu que a mellor versión de Obama poidese actuar contra a natureza instintiva dunhas relacións que naceran, no século XVIII, baixo lóxicas imperiales. “Moitos soñan que, cun simple cambio de mando, o imperio vai ser máis tolerante e menos encirrado. Sería inxenuidade crer que as boas intencións dunha persoa intelixente poderían mudar o que séculos de intereses e egoísmo crearon”, escribiu Fidel nunha das súas Reflexiones, 15 novembro de 2008.
O líder cubano lembrou que a poucos anos de proclamar a súa independencia en 1776, os gobernantes dos EUA fixaron os seus intereses na illa caribeña á que vían como un apéndice natural da Florida. John Quincy Adams, sexto presidente de EU, chegou a dicer: “Hai leis de gravitación política, así como hainas de gravitación física, e así Cuba, separada pola forza da súa conexión non natural con España, terá que vir cara á Unión Norteamericana”. As ofertas de comprar a España a pérola da súa coroa no Caribe, non tardaron en chegar antes da Guerra de Secesión.
En 1960, o ex embaixador dos EUA na Habana, Earl E. T. Smith, declarou ante unha sub-comisión do Senado: “Até o arribo de Castro ao poder, Estados Unidos tiñan en Cuba unha influencia de tal xeito irresistibel, que o embaixador estadounidense era o segundo persoeiro do país, por veces máis importante ca o presidente cubano”. Poucos analistas viron un alarde de inmodestia nesta declaración que recolle Eduardo Galeano no seu libro “As veas abertas de América Latina”, e que expresa o aldraxe e dependencia que caracterizaron os anos que van dende a derrota militar da antiga metrópoli española en 1898, até a Revolución cubana, en 1959.
Os EUA seguen sen comprender o que significou unha revolución a 90 millas das súas costas, unha cura de cabalo, ao dicer de Sartre no seu antolóxico ensaio de 1961, na que a sociedade “créba ósos a golpe de martillo, derruba as súas estruturas, revolve institucións, transforma o rexime da propiedade e redistribue os seus bens, orienta a súa produción seguindo outros principios, trata de aumentar o máis rápidamente posibel a súa taxa de crecemento e, no momento de destrución máis radical, busca reconstruír e procurarse, mediante enxertos de ósos, un esquelete novo”.
A longo de 60 anos, esta cura de cabalo foi para algúns un espectáculo; para outros, un misterio, un suicidio, un escándalo, ou un fermoso desafío. O cerne do asunto é que eses 60 anos pasaron sen embaixador yanqui como personaxe protagónico do teatro político local.
A estas alturas, o pesadelo do Imperio é patolóxico. Enténdese ben.
Nossa América vive dias intensos. Não há razão nem tempo para desânimo. Os povos do continente abriram as grandes alamedas da sua emancipação, e o imperialismo não pode fechá-las. Bolívar, Martí, Sandino, apontaram o caminho para a unidade. «Quanto tempo permaneceremos na letargia»?, perguntou Fidel em 1959, durante sua visita a Caracas. «Por quanto tempo seremos peças indefesas de um continente cujo libertador o concebeu como algo mais digno, maior? Por quanto tempo os latino-americanos viverão nessa atmosfera cruel e ridícula? Quanto tempo permaneceremos divididos?»
Médicos cubanos levam saúde, bem-estar e esperança ás regiões mais humildes e esquecidas da América Latina e do Caribe.
Desde a sua formação, nos anos 40, Fidel
esteve envolvido nas reivindicações de justiça mais prementes da região: a
independência de Porto Rico e a derrubada do ditador Trujillo na República
Dominicana, entre outras, e viveria ao lado do povo colombiano os eventos que a
história de hoje reúne como O Bogotazo.
Sua visita à
Venezuela, poucos meses após o triunfo revolucionário, seria premonitória. Ali
disse, com relação à necessária unidade de nossos povos: «E quem deve ser o
proponente dessa ideia? Os venezuelanos, porque os venezuelanos a propuseram ao
continente latino-americano, porque Bolívar é filho da Venezuela e Bolívar é
pai da ideia de união dos povos da América».
Mas Fidel
não estava se referindo apenas à unidade interna dos povos, indispensável ao
triunfo da justiça, mas à unidade entre as nações do continente, embora
soubesse que haveria governos de «sem força e sem fé em suas terras, dispostos
a entregar a riqueza coletivas e os desejos populares aguardando recompensas
pessoais indignas.
Por isso, em
muitas ocasiões, Fidel tentou mostrar as vantagens da união, respeitando a
diversidade de modelos e identidades socioeconômicas. «Qual é o destino, além
disso, dos países balcanizados da nossa América? Que lugar eles ocuparão no
século XXI? Que lugar lhes vão deixar, qual será o papel deles se não se
unirem, se não se integrarem?», insistiu em 1990.
Nos últimos
anos da década de traições e desespero, Fidel relançaria o internacionalismo
médico cubano (nascido na Argélia, em 1963), para os povos da América Central e
do Haiti – onde não havia governos ideologicamente relacionados -, após a
passagem de dois furacões devastadores: centenas de profissionais de saúde
foram para os recantos mais remotos e atenderam desde então às populações mais
carentes. O povo cubano ficou cara a cara, sem intermediários, com seus irmãos
do continente.
Fidel sempre
se reunia com cada brigada antes de sua partida, conversando com seus membros
como pai. Em 25 de novembro de 1998, ele disse: «Quero enfatizar isso agora:
nossos médicos não se misturam nem um pouco em questões de política interna.
Serão absolutamente respeitosos com as leis, tradições e costumes dos países
onde trabalham. Eles não têm a missão de propagar ideologias. (…) Vocês vão
para a América Central como médicos, como portadores abnegados da saúde humana,
para trabalhar nos lugares e condições mais difíceis, para salvar vidas,
preservar ou restaurar o bem-estar da saúde e exaltar e prestigiar a nobre
profissão do médico; nada mais».
Naquele ano,
um discípulo de Bolívar chegaria à presidência da Venezuela. Dois sonhadores,
dois doidos com bom senso, Fidel e Chávez, se encontrariam, no esforço de
contribuir para a unidade necessária. Nasceu ALBA, o projeto de unidade mais
avançado que existia em nosso continente, um acordo cuja base estava no povo,
em sua infinita capacidade de solidariedade. Centenas de milhares de
latino-americanos tiveram saúde, educação, visão recuperada, dignidade. Nossa
América, um conceito martiano que também inclui as ilhas do Caribe, foi então
maior, porque soube olhar para dentro e juntar-se, complementar-se em projetos
comuns. O imperialismo hoje tenta desmantelar essas conquistas, que tanto teme.
É bom lembrar, na véspera do terceiro aniversário da partida física do Comandante-em-chefe
Fidel Castro, o homem que dedicou sua vida à defesa da unidade dos povos e
nações da América Latina.
Sen valorarmos a a terribel condena do bloqueo, mal se entenderán as dificultades e as arelas de Cuba, recordou Diaz Canel a Felipe VI na primeira visita dun xefe de Estado español á que fóra a máis prezada provincia colonial que só na agonia da derradeira da guerra houbera de atinxir un estatuto de autonomia frustrado. Nunha réplica cortés dominada por referencias ao común acervo, Felipe VI só excitou a atención dos comensais cando, facendo un silenzo dramático e erguendo a voz, recordóu que só mediante o contraste democrático é posibel atopar solución aos problemas sociais, proposta notábel para un pais que elixe por votación popular o seu sistema de goberno e cargos locais e que ven de refrendar a súa nova constitución por maioria. A sanción provén dun xefe do Estado que nunca foi votado, reproba o dereito universal do referendo e nin admite que o CIS compulse o degrao de aceptación da institución monárquica.
Mentres os reis visitaban Habana, o presidente de Cuba, viaxaba a província de Guantánamo (a máis oriental da illa) para reunións de traballo que comezaron no concello de Caimanera (foto de Granma).
Tendo en conta que o obxectivo principal da visita do Rei é a defensa de empresas procedentes do Levante español na industria hoteleira estatal cubana, de a pouco ameazadas pola aplicación do título III da Lei Helms-Burton (que desafia as nacionalizacións regularizadas do Estado de Cuba) o moralismo democrático de Felipe VI parece máis ben dirixido a súa propria parroquia mar por medio. De feito, poucas horas depois, o ministro Borrell cualificou perante a prensa de abuso de poder a lei Helms-Burton contra emprendimentos en Cuba.
Cuba goberna as súas relacións internacionais dende principios de solidariedade, independencia e respecto mutuo, como ben se pode seguir na discreción do seu ministerio de Estado a conta dos problemas da administración de xustiza da vella metrópole ao tratar coa UE. A activa axenda do presidente de Cuba levábao a unha asemblea local a Guantánamo só dúas horas depois da intervención de Felipe VI.De feito, na véspera da visita real, Diaz Canel, Raul Castro, Nicolás Maduro e outros xefes de goberno celebraban en Habana o Encontro Antiimperialista de Solidariedade, pela Democracia e contra o Neoliberalismo na que o presidente cubano salientaba o éxito do presidente democrático de Venezuela no cumio dos Paises non Alinhados no Azerbaixán. “Onde estava a censura da comunidade internacional à Venezuela? –preguntou Diaz Canel- Por que non puidemos ver, nos gobernos que representam a maioria absoluta das Nacións Unidas, nin un aceno de crítica ao goberno bolivariano? Porén, como parte da guerra de símbolos e de linchamento lanzado contra Maduro, os medios da metade do planeta proclaman que o presidente de Venezuela é recusado en todo o mundo”.
Recordando o regreso do ministro de Estado de Rajoy en taxi ao aeroporto da Habana, na fúnebre visita oficial de novembro de 2014, depois de García Margallo cair na tentación inxenua de recomendar a Cuba unha transición pacífica á democracia, a Casa Real tivo finalmente o raro privilexio dunha entrevista derradeira co secretario do Partido Comunista e heroe da Revolución, Raúl Castro. Breve encontro que mereceu titulares durísmos contra o monarca na prensa do Sindicato del Crimen.
Só dous gobernos en nómina dos EUA son partidarios de manter o bloqueo que comezara Kennedy hai 56 anos, mentres 187 paises recusan o ilegal e vesánico cerco de Cuba. O país máis armado do mundo, o que despacha anualmente máis do 81% da enerxia do planeta, cunha rede exterior de 170 bases militares, dominante no espazo, xogador de cartas marcadas na economia internacional e contaminador confeso da WWW, só pode presentar dous entusiastas da moción do bloqueo, que resultan ser parte da súa estrutura política e económica. En Latinoamérica, suxeita dende o goberno Trump a unha misión anti-comunista que supera en retórica e sancións o pior da Guerra Fria, os EUA só tiveron o voto de Jair Bolsonaro, un presidente que mantén na cadea sen proceso ao seu adversario político principal. No resto do ancho mundo, só é partidario do Bloqueo o que en Oriente Próximo coñecen coma 51 Estado da Unión. O resto son dúas abstencións de Ucraína e Colombia: a dúbida cínica do goberno de Duque, encantado de ver a tropa colonial dos EUA cos uniformes do exército colombiano e Volodimir Zelenski que marca as súas diferencias con Poroshenko, socio de Hunter Binden, ou como queren en Alemania, Ukraine Unter den Biden.
Martirena interpretou dende Granma que diplomaticamente o Bloqueo ailla aos EUA do mundo.
A prensa cubana recolle opinións dominantes na Asemblea,
partidarias de rematar co bloqueo económico, comercial e financeiro contra Cuba
que dende 1992 son expresión dominante na inatancia máxima da ONU.
Contra seis décadas da medidas ilegais contra Cuba, adoptadas polas sucesivas administracións da Casa Branca, para derrocar á Revolución, expresouse o Movemento de Países Non Alinhados (MNOAL), na intervención de Yashar Aliyev, representante permanente de Azerbaián perante a ONU, quen cualificou a política estadounidense de completamente inxustificada, e contraria a Carta das Nacións Unidas e as normas e principios que rexen as relacións entre os Estados.
DANO DIRECTO, INDIRECTO, HISTÓRICO
Manifestou que 120 membros, amais de 15 observadores que integran o MNOAL manteñen oposición histórica as medidas injustificadas da Casa Branca, definida coma ferramenta de presión política, económica e financeira, especialmente contra países en vías de desenvolvemento. O diplomático azerí aludiu ao dano directo e indirecto provocado ao pobo cubano en sectores como a saúde pública, a agricultura, o comercio, o turismo, o investimento e os bancos. Por tales razóns dixo: «A Illa non pode acceder a mercados, á axuda internacional de institucións financeiras, nin a transferencias tecnolóxicas, o cal crea atrancos maiores para o desenvolvemento social e económico do país».
Requeriu o fin do bloqueo en nome do MNOAL, tendo en conta seu carácter extraterritorial e inxusto. “Pedimos respecto –dixo- aos principios de non intervención nos asuntos internos doutros países» .
Os países articulados no Grupo Africano tamén condenaron o bloqueo e designaron a Moncef Baati, representante permanente de Túnez ante a ONU, para reafirmar a oposición común á política hostil contra a illa caribeña. Afirmou que os integrantes da agrupación manteñen ferreñamente a súa posición de solidariedade con Cuba, e a súa reclamación contra a medida unilateral de EUA.
Con el coincidiu Sofiane Mimouni, embaixador da República Arxeliana Democrática, membro da Unión Africana, quen fixo referencia ás 27 veces que discutiron o tema no organismo multilateral. «Este debate mobiliza cada ano a toda a comunidade internacional e é un chamado colectivo a respectar a decisión dos principios reitores desta organización, así como os seus ideais. Estes principios e ideais son o cerne da ONU». Acrecentou que reclama o fin do bloqueo porque as sancións inxustificadas están a impedir ao pobo de Cuba adquirir os recursos precisos para a vida, frear o desenvolvemento económico e frustrar os esforzos para desenvolverse.
«Argelia expresa solidariedade ao Goberno e o pobo irmán de Cuba», puntualizou o diplomático ao propor maior dinamismo nas relacións entre Cuba e Estados Unidos, a medio dun diálogo constructivo, co respecto íntegro aos principios do Dereito Internacional.
Semellante criterio expresou o representante de Uganda, Richard Nduhuura, a nome da Organización de Cooperación Islámica. No seu discurso dixo coñecer a negación de varios bancos a ofrecer servizos á nación caribeña o que derrama o normal funcionamento das institucións cubanas. “A situación en xeral segue sendo de gran preocupación:debemos traballar polo benestar dos nosos e contra o bloqueo que é o principal obstáculo contra a materialización dos obxectivos de desenvolvemento sostibel”.
CUBA NON É AMEAZA
As nacións integradas á Comunidade do Caribe, CARICOM, escolleron Keisha McGuire, diplomática acreditada por Granada, para representalos. Keisha falou da importancia da asistencia cubana a varios estados do Caribe insular, con comandos sanitarios e coidados médicos en zonas afectadas por desastres naturais.«Cuba ten o maior número de médicos cubanos per cápita do mundo; fornece becas arreo para educación profesional e terciaria da mocidade, o que contribúe significativamente ao desenvolvemento dos servizos humanos na rexión». A embaixxadora engadiu que o Caricom ve a Cuba como unha parte integral da poboación caribeña, que non ameaza a ninguén polo que deciden contribuir ao dereito soberano de Cuba elixir o seu propio camiño do xeito que considere máis beneficiosa para o seu desenvolvemento social e económico.
A Asociación de Nacións do Sueste Asiático (ASEAN), dispuxo que Singapur appoiase a Resolución cubana e recordou que vota de forma unánime a prol do texto dende hai doce anos. “ASEAN quer contribuir ao fin do bloqueo para mellorar a calidade e nivel de vida do pobo cubano, e o desenvolvemento económico e social, a mais de adiantar a consecución dunha axenda para o desenvolvemento sostenible que sexa incluinte».
Na súa conta de Twitter, o Chanceler de Cuba, Bruno Rodríguez, destacou a aclamación recibida po Cuba na Asemblea Xeral da ONU. «Os pobos e gobernos do planeta acompáñannos nesa loita contra o bloqueo, e Cuba agradéceo»l.
Alexander Pankin, representante da Federación Rusa na ONU explicou por que o bloqueo representa unha violación da legalidad internacional. «Rusia mantén a súa solidariedade co pobo de Cuba, e pide que se levante inmediatamente o bloqueo contrario a carta de Nacións Unidas e entrometimento ilegal nos asuntos internos dun Estado».
Bashar Jafari, representante da República Árabe Siria cualifou bloqueo de infracción ao dereito ao desenvolvemento. “Hoxe atopámonos a 11 anos da meta de 2030 e ninguén pode argumentar que o bloqueo non impida o desenvolvemento social».
Nagaraj Naidu, representante da India dixo que o cerco dos EUA a Cuba era contrario a opinión mundial, decruaba as propias bases da ONU e aseverou que seu cometido era mostrar na ONU solidariedade co chamado cubano contra o Bloqueo».
Valentin Rybakov, embaixador permanente de Belarús na ONU asegurou que calquera medida coercitiva e unilateral é unha violación en bruto do Dereito Internacional e contraria aos alicerces das relacións entre os Estados.
Para Nguyen Phuong Nga, representante de Vietnam é urxente reclamar do goberno dos EUA un cambio completo na súa actual política para Cuba, en prol das relacións entre ambos países e o benestar e a seguridade mundiais.
A HELMS-BURTON DANA A CUBA E A TERCEIROS
O representante permanente de México na ONU, Juan Ramón da Fonte, sinalou que o interese de EUA de activar a aplicación do Título III da Lei Helms-Burton non só dana á Illa senón a terceiros países.
Riyad H. Mansour, embaixador de Palestina nas Nacións Ounidas, en nome do Grupo dos 77 salientou a urxencia de rematar co Bloqueo non só por Cuba senón polo beneficio que reportaría na comunidade internacional.
Yashar Aliyev, representante permanente de Azerbaián dixo que o cerco de Cuba mantíñase ppara alén do meio século, coma paradigma adverso das medidas que buscaban danar ao pobo e violar seus dereitos humanos, incluído o do desenvolvemento.
O representante de Kenia, Macharia Kamau, definiu as sancións impostas de xeito unilateral polo Goberno dos EUA contra Cuba, comoo abuso palmario dos Dereitos Humanos.
Keisha McGuire, embaixadora de Granada nas Nacións Unidas recordou que Cuba foi un dos primeiros países en axudar á poboación das Bahamas inmediatamente despois do furacán Dorian, que devastó en setembro último partes dese país con estrago estarrecedor que cobróu moitas vidas.
Para Jerry Matjila, representante de Sudáfrica o sacrifio de Cuba foi enorme na liberación de Sudáfrica, “con vidas de moitos irmáns cubanos para termos unha Sudáfrica libre e democrática».
Inga Rhonda King, representante de San Vicente e as Granadinas dixo que Cuba era un alto exemplo de solidariedade para Caribe onde moitos estados se valeran da súa axuda polo que a gratitude da rexión habia ser eterna.
Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"