Bolivia asina un acordo con Cuba para se librar das transnacionais da farmacia

TERRA SEN AMOS/Telesur

En Bolivia, un setenta por cento dos medicamentos son importados e cústanlle ao país case 57 millóns de dólares. O Governo chegou a un acordo con Cuba para producir específicos e evitar a dependencia dos monopolios farmacéuticos internacionais.

O presidente boliviano deu conta na Habana do contrato asinado co seu homólogo Raúl Castro. “Non podemos seguir importando medicamentos -dixo Evo Morales-, non podemos seguir sometidos aos monopolios internacionais que industrializan medicamentos”.

América quere producir os seus propios medicamentos
América quere producir os seus propios medicamentos

A produción autónoma de medicamentos é un camiño para librar aos paises do sur do trabuco da factura farmacéutica e da ditadura das patentes. Trátase dun obxectivo intensamente combatido polas transnacionais polo que ten de símbolo de emancipación da ciencia colonial e do seu sistema artificial de formación de prezos. É ben coñecido o protagonismo de grandes marcas da farmacopea colonial dentro das alianzas de intereses a prol do bloqueo político, económico e comercial contra Cuba.

O acordo forma parte do protocolo de integración comercial e industrial do CELAC, no que a produción de medicamentos e biio-tecnoloxía non dependentes de patentes transnacionais, considérase un primeiro obxectivo.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *