“Cuba é filla do sangue de África e dela recibimos valores esenciais de resistencia histórica” (Diaz-Canel no Parlamento de Luanda)

Luanda – Axencias – TSA

Correspondendo ao compromiso e gratitude do goberno de Angola con Cuba, o presidente Díaz Canel dixo na Asemblea Nacional de Luanda que o herdo deixado na illa polas mulleres e homes de toda África e de Angola en particular é parte fundamental do cruxol da nacionalidade cubana. “Cuba é filla do sangue de África e dela recibimos valores esenciais que explican a nosa propia resistencia fronte as adversidades, tantas veces probada na nosa historia”.

Carolina Cerqueira, presidenta da Asemblea Nacional de Angola, recibe ao presidente de Cuba na porta do recén inaugurado capitolio de Luanda.

Para o presidente, a militancia internacionalista ten o compromiso de saldar a nosa débeda coa humanidade, como asegurara Fidel nun tempo decisivo da colaboración de Cuba con Angola, fins dos 80; e isto  de tal maneira que cando certas persoas relean axuda a terceiros, están a revelar de feito a súa incapacidade para loitaren polos seus propios dereitos. Falando para un pleno atento e emocionado, Diaz-Canel lembrou que a entrega absoluta nas loitas pola independencia cubana dos homes e mulleres levados con alxemas a Cuba durante a segunda metade do século XIX, foron lenda na heroica loita mambisa a machete pola liberdade persoal e pola liberdade da Patria nacente. “Unha contribución vital para a forxa da nación e da cultura cubanas”.

Carolina Cerqueira, presidenta da Asemblea dixo que a contribución cubana fora determinante para a independencia de Angola e a súa consolidación no tempo.  “Os irmáns de Cuba, na  outra beira do Atlántico, a miles de millas de distancia, cruzaron o oceano para faceren realidade a loita pola independencia nacional dos pobos africanos dando cabo a tanto esforzo. A tropa cubana foi trabe da independencia de Angola e Namibia e para o remate do rexime racista do apartheid na República de Sudáfrica”.

A presidenta citou a Operación Carlota, con batallas decisivas das forzas angolanas e cubanas dende 1975 até finais de 1987. “Naquela altura estes obxectivos deviron realidade, coa mediación crítica do comandante Fidel Castro, que ocupa un lugar trascendente na historia africana”. (Carlota, negra africana levada a Cuba como escrava, é considerada símbolo de la liberdade e da dignidade africana, segundo lembrou a Presidenta do Parlamento angolano)

Cerqueira citou tamén Raúl Díaz Argüelles e outros combatentes antillanos caídos na loita pola independencia de Angola, coma os patriotas Jorge Risquet Valdés e Rodolfo Puente Ferro; os xenerais Rafael Moracén Limonta, Raúl Menéndez Tomassevich, Ramón Espinosa Martín, Joaquín Quinta Solá e Leopoldo Cintra Frías, coma emblema de moitos xefes e oficiais cubanos que loitaran a beira dos membros de las Forzas Armadas para a Liberación de Angola (FAPLA).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *