Axencias -Terra Sen Amos
O presidente de Cuba pronuncióu xoves en Johanesburgo o discurso de clausura das sesións do XV Cume dos Brics, na condición de presidente protémpore do G77+China e salientou a responsabilidade de superar os retos que enfronta a humanidade e o papel histórico que corresponde aos Brics, no obxectivo necesario de rematar coa desigualdade no mundo. Diaz-Canel convocou aos representantes dos paises que conforman a entidade plurinacional a cumpriren a misión integradora polo ben de futuras xeracións. Común é o criterio de integración, novidade e diversidade da asemblea internacional dos Brics que está a abrir expectativas e esperanzas no camiño do multilateralismo, tan urxente como imprescindíbel para o destino da Humanidade.
Diaz-Canel repara no feito de a cita acontecer “en terras africanas, berce dunha parte dos nosos devanceiros, que alimenta de forma fundamental a esencia mesma da identidade cubana». Para o presidente de Cuba, “as pegadas dos que camiñamos xuntos, xamais se poderán borrar porque tanto nós coma África, temos sempre presente a solidariedade compartida e o sacrificio de tantos nestas terras”.
Da relaciónentre Cuba e Sudáfrica, salienta na irmandade “tan fonda e indelébel coma a memoria dos líderes históricos das dúas nacións: nunca poderemos esquecer a aperta de Nelson Mandela a Fidel Castro ao atoparense aquí e prometer mutuamente o reencontro, como só ocorre entre irmáns entrañábeis».
O Grupo dous 77 dás Nacións Unidas é unha coalición de 134 países en desenvolvemento na procura de intereses económicos colectivos dous seus membros, e para construir unha capacidade de representación e negociación crítica fronte os imperialistas nunca arrepentidos. O G77 ten un Produto Interno Bruto igual ao 37% do mundo e a súa poboación representa o 46% mentres o conxunto das nacións agrupadas arredor da iniciativa, está a producir un 80% do petróleo. Na opinión do diario L´Humanité, o cume ten o propósito de constituir unha nova orde mundial e rematar coa hexemonía dos paises do Norte e a supremacía do Dólar e recorda que no 2001, o presidente de Sudáfrica Thabo Meki lanzara unha convocatoria para os países do Sur constituírense en protagonistas fronte a presencia eminente do G7.