Cuba repite na ONU que ameazas e chantaxes non lle van arrincar nin unha soia concesión

Xosé Aponte (Nova York)

Cuba denunciou na ONU a riada de medidas criminais e arbitrarias do goberno dos EUA para bloquear o abastecemento de combustibel mediante ameazas e chantaxe ás empresas petroleiras, aos gobernos que abandeiran os barcos e as navieiras e e empresas de seguros. Bruno Rodriguez Parrilla, ministro de Estado, explicou na Asemblea da ONU que como consecuencia deste cerco, Cuba ten graves problemas de recursos enerxéticos que só pode paliar mediante  medidas temporais de emerxencia.

Dixo o ministro que só un pais organizado, unido, solidario como Cuba, resolto a defender a ferro e fouce a súa independencia e o seu exemplar nível de convivencia en paz,  pode aturar un degrao tan  intenso e perverso de agresión exterior como o lanzado polo goberno dos EUA dende hai un ano pois, con ser un arma homicida, non atinxiria a infamia actual de non estar multiplicado polas medidas de caza e embargo dos sistemas de pago internacional do goberno cubano que atinxe mesmo a poboación cubana con residencia nos EUA.

Recordou que a estratexia do imperialismo contra Cuba segue a ser o infame memorando de Lester Mallory, vice-ministro de Estado do goberno de Dwight Eisenhower. Mallory recomendaba   cercar por fame a Cuba, tendo en conta que pagar un candidato mercenario dos intereses dos EUA non resultaria porque toda a illa estaba co goberno revolucionario. O seu consello, que foi posto en prática, era provocar fame e desesperación no pobo para derrocar o goberno. “O bloqueo económico, comercial e financeiro continúa sendo o principal obstáculo para o desenvolvemento do noso país e para o avance do proceso de actualización do Modelo Socialista de Desenvolvemento Económico e Social aprobado polo pobo de Cuba” dixo Bruno Rodríguez.

Referiuse a Lei Helms-Burton de 1996, como “guía ilegal da conduta agresiva dos EUA contra Cuba que representa a pretensión descarnada de cuestionar o dereito á libre determinación e a independencia da nación cubana para impor a autoridade estadounidense e a jurisdicción dos seus tribunais sobre as relacións comerciais e financeiras de calquera país con Cuba, o que constitúe unha violación do Dereito Internacional”.

Recordou o Ministro que 26 de setembro o Departamento de Estado dos EUA recusara ao Primeiro Secretario do Partido Comunista de Cuba, Xeneral de Exército Raúl Castro Ruz, non poderia recibir visa de entrada para asistir a sede da ONU, unha acción que dixo que expresaba a  ruindade a dun goberno da Casa Branca afogado na corrupción, a mentira e a inmoralidade.

Reparou a seguir no feito de Donald Trump culpar a Cuba do fracaso da estratexia de derrocar pola forza o Goberno da República Bolivariana de Venezuela ao que a propaganda de Washington nega a dignidade e intelixencia con que resiste o cerco e prefire acusar a Cuba de imperialismo traidor sobre a República Bolivariana, exercido con lexións de axentes que só existen na imaxinación do departamento de Estado.

Recordou que o Presidente de Brasil usara a mesma tribuna na que el estaba a falar, para levedar a cifra de mercenarios cubanos en Venezuela repetida por Washington (20.000) até 60.000. “Como parte da obsesión anticubana, o actual Goberno dos Estados Unidos, con eco brasileiro, ataca os programas de cooperación médica internacional que Cuba comparte con decenas de países en vias de desenvolvemento, dirixidos ás comunidades máis necesitadas, inspirados na solidariedade e a disposición libremente voluntaria de centos de miles de profesionais cubanos, que realizan acordos de cooperación asinados cos gobernos deses países e gozan, desde hai ben anos, do recoñecemento da comunidade internacional, da Asemblea da ONU e da Organización Mundial da Saúde coma exemplo de Cooperación Sur-Sur.

Acrecentou que mesmo nas actuais circunstancias, Cuba non renuncia á vontade de desenvolver unha relación civilizada cos EUA, baseada no respecto mutuo e o recoñecemento ás nosas profundas diferenzas. “Sabemos que ese é o desexo do noso pobo e o sentimento que comparten a maior parte do pobo dos Estados Unidos e os cubanos que viven neste país. E confirmo que a agresión económica, por moi dura que sexa, as ameazas e chantaxes non arrincarán nin unha soia concesión a Cuba”. O ministro repetiu que a relación entre Cuba e Venezuela baséase no respecto mutuo e a solidariedade verdadeira “con apoio firme ao Goberno lexítimo que preside o compañeiro Nicolás Maduro Moros e a unión cívico-militar do pobo bolivariano e chavista”.

En expresión firme do seu ministro de Estado, Cuba renovou a soliderariedade plena con todas as resistencias aldraxadas no planeta polo imperialismo, con mencións emocionadas de Palestina e os escolinos iemeníes bombardeados camiño da escola con armas dos EUA, Irán culpabilizada por ter asinado un acordo xusto co antecesor de Trump e a democracia e a solidariedade perseguida en Latinoamérica polos mesmos que se presentan coma arcanxos dos dereitos humanos. “E se nesta altura –dixo o pechar o seu discurso- alguén pretende aínda render a Revolución Cubana, ou espera das novas xeracións de cubanas e cubanos a trazón do seu pasado e a renuncia ao seu futuro, repetiremos co ímpetu de Fidel: Patria ou morte, venceremos!




Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *