O MESC (Movemento Estatal de Solidariedade con Cuba) reafirma 7 de maio de 2022, nun acto celebrado na Embaixada de Cuba en Madrid, o compromiso de solidariedade internacionalista coa Revolución Cubana e a defensa da súa soberanía ante todo tipo de agresións, nomeadamente o bloqueo económico, comercial e financeiro no que terman os EUA dende hai máis de 60 anos, e a manipulación mediática que enzaramalla a realidade do país co propósito de interferir as leis e a paz da nación.
A tan só unha semana dunha nova mostra de resistencia creativa e digna do pobo de Cuba, que marchou coa clase traballadora na avangarda por toda a illa nunha xornada histórica en memoria do 1 de maio, o noso compromiso é defender a soberana vontade de Cuba decidir o seu futuro sen intervención allea nin presión de ningún xénero. Neste sentido, sumámonos á campaña internacional que esixe ao goberno dos EUA presidido por Biden o levantamiento do bloqueo a Cuba, e seguiremos loitando até conseguir a súa eliminación.
Proclamamos que Cuba vive e aadianta tras superar grandes dificultades e atrancos nestes meses marcados pola crise mundial da pandemia do COVID19; polo encarnizado e dañino cerco dos EUA contra a illa e por toda unha campaña de agresións infames acompañadas de propaganda mentireira e agresión política e diplomática, organizadas e pagadas pola mafia de Miami co apoio da dereita internacional, o goberno de Washington e os seus aliados.
Grazas á heroica resistencia do pobo cubano, á vontade política do goberno e á calidade do compromiso humanista da clase traballadora cubana, a Historia recordará que a ciencia de Cuba asumiu o desafío da Covid19 e logrou unha vitoria en toda liña, mal que fose silenciada pola gran prensa corporativa, con 5 candidatos vacinais que permitiron inmunizar á súa poboación, incluída a vacina pediátrica para maiores de 2 anos, e compartila con outros pobos. Merecen mención asemade os milleiros de profesionais sanitarios do Contingente Henry Reeve que axudaron en decenas de países aos gobernos locais na súa batalla contra a pandemia.
O bloqueo é unha violación masiva, flagrante e sistemática dos dereitos humanos de todas as cubanas e cubanos. En razón do seu manifesto propósito e a vista dos alicerces políticos, legais e administrativos nos que se sustenta, estas sancións son un acto de xenocidio a teor da Convención para a Prevención e Sanción do Delito de Xenocidio, de 1948, e coma Acto de Guerra Económica, na letra do establecido na Conferencia Naval de Londres, de 1909. Josep Biden, actual presidente dos EUA non modificou ren desta política criminal contra todo un pobo, malia terse comprometido durante a súa campaña electoral. Máis ben quixo aproveitar a pandemia para agravar o cerco e tentar acabar coa Revolución Cubana. O fracaso é, máis unha vez, evidente a vista da dignidade e a resistencia creativa dun pobo consciente e soberano.
O goberno dos EUA non deixa de usar a Organización de Estados Americanos (OEA) coma seu Ministerio das Colonias, e pretende evitar a participación de Cuba, Venezuela e Nicaragua do próximo Cume da OEA, unha nova manobra que está a ser contestada pola solidariedade internacional dos países membros da CELAC, CARICOM e O GRUPO DE PUEBLA. A ilegal iniciativa dos EUA pon en risco o propio Cume e evidencia o servilismo vergoñento desta caduca e desacreditada organización . Dende o MESC denunciamos esta nova agresión e esiximos respecto a Cuba como pobo digno e revolución soberana no poder. Como expresou o presidente de Cuba Miguel Diaz- Canel “os grandes retos da humanidade non se solucionan coa confrontación e a violencia, senón mediante a solidariedade e cooperación”.
Cuba é un referente para o Mundo. En 23 de xuño de 2021 recibiu a aclamación da comunidade internacional en Nacións Unidas que condenou e esixiu a eliminación do bloqueo dos EUA. A Unión Europea non tivo máis remedio que volver pronunciarse en contra desta política criminal que viola os Dereitos Humanos de todo o pobo cubano. Pola súa banda, o presidente cubano expresou que o bloqueo é o “sistema de sancións económicas máis invasivo e prolongado que se ten aplicado xamais contra país algún”, e que constitúe “o principal atranco para o desenvolvemento do país”. Os EUA terman neste aldraxante argumento imperialista contra Cuba, impedimento definitivo da normalización entre os dous países. Cuba ten pleno dereito a recusar a antigua pretensión dos gobernos de Washington de intervir nos asuntos internos da illa. O proceso de actualización do sistema económico cubano está encamiñado a normalizar o socialismo e conta co consenso maioritario e a participación do pobo de Cuba, como proban as repetidas consultas e o debate e participación nos barrios a medio das organizacións cubanas de base.
Cuba non está soa. O movemento de solidariedade mundial, e a comunidade cubana emigrada patriota, expresaron seu firme compromiso de defender a soberanía contra o criminal bloqueo a través dun intenso activismo que denuncia os efectos do cerco e asiste a Cuba fronte ás agresións con envíos de toneladas de material sanitario e escolar, manifestacións públicas, declaracións de institucións e personalidades, mesas redondas e ciber-accións para sensibilizar ao conxunto da sociedade. Eis algúns exemplos das actividades realizadas en apoio da illa máis solidaria do mundo que está a probar que outro mundo mellor é posibel ante a crise sistémica mundial.
O MESC, composto por 58 organizacións do Estado español, reafirma seu compromiso na loita contra o ilegal bloqueo dos EUA, na defensa de soberanía cubana e no propósito de acompañar a Revolución Cubana na construción do socialismo!
Cuba non está soa!
Abaixo o Bloqueo!
A solidariedade non se pode bloquear!
Cuba vive e avanza!
Viva a Revolución Cubana!
Emitido polo MESC en 7 de maio de 2022
O Movemento de Solidariedade con Cuba está integrado por:
1. Asociación Almeriense solidaria con el pueblo Cubano
2. Asociación Andalucía – Cuba (puente de cooperación para el Desarrollo Sostenible)
3. Asociación Camilo Cienfuegos Cuba-Aragón
4. Asociación Cultural Cubano Andaluza La Avellaneda
5. Asociación de amistad Canario-Cubana José Martí
6. Asociación de amistad con Cuba Camilo Cienfuegos de Denia
7. Asociación de Amistad con Cuba Miguel Hernández de Alicante
8. Asociación de Amistad Hispano Cubana Bartolomé de las Casas de Madrid
9. Asociación de Amistad Hispano Cubana Bartolomé de las Casas de Sevilla
10.Asociación de Amistad Hispano Cubana de Málaga
11. Asociación de Amistad Hispano-Cubana Julio Antonio Mella de Madrid
12.Asociación de Amistad Rioja Cuba
13.Asociación de amistad y cooperación con cuba La Gran Piedra de Granada
14.Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil
15.Asociación de Cultura Popular Estrella Roja
16.Asociación de iniciativas solidarias Alhucema de Morón (Sevilla)
17.Asociación de Solidaridad con Cuba Vilma Espín San Lúcar de Barrameda (Cádiz)
18.Asociación de Solidaridad Toledo-Cuba Antonio Maceo
19.Asociación de Solidaridad y Cooperación al Desarrollo Ernesto Guevara de Torrejón de
Ardoz
20.Asociación Hispano Cubana Paz y Amistad de Avilés
21.Asociación Lázaro Cárdenas
22.Asociación Maximiliano Tornet de Huelva
23.Asociación Pablo de la Torriente Brau de Alcobendas-San Sebastián de los Reyes
24.Asociación para la Cooperación Internacional Patrice Lumumba
25.Asociación Provincial de Jaén Amistad con Cuba Indio Naborí
26.Asociación Valenciana de Amistad con Cuba José Martí
27.Associació d’amistat amb Cuba Pep Linares d’Alcoi
28.Casa de Amistad Baleares-Cuba
29.Casal Cubà de Sabadell
30.Casal d’Amistat amb Cuba de Lleida
31.Casal d’Amistat amb Cuba de Badalona
32.Casal d’Amistat amb Cuba de Barcelona
33.CESC de Madrid
34.Colectivo 26 de Julio de Madrid
35.Comité Antiimperialista de Murcia
36.Comité contra el Bloqueo a Cuba de Cádiz
37.Comité de Solidaridad Internacionalista de Zaragoza
38.Comunistes de Catalunya
39.Cosal-Murcia y Entrepueblos Murcia
40.Defensem Cuba
41.Euskadi Cuba
42.Frente Antiimperialista Internacionalista
43.HERMANAMIENTO NOU BARRIS- EL CERRO CUBA
44. Izquierda Unida (IU)
45.Marx Madera
46.MediCuba España
47.Mollet amb Cuba
48.Movimiento Democrático de Mujeres (MDM)
49.ONG AWON IYAAMI
50.Partido Comunista de España (PCE)
51.Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE)
52.PCE (m-l)
53.Plataforma de Solidaridad con el Pueblo Cubano de Granada
54.Red de Solidaridad Canario Cubana
55.Rincón Cubano Granma de Torrelavega (Cantabria)
56.Sociedad Cultural Cubano Andaluza José Martí de Sevilla
57.Sodepaz
58.Sodepaz Andalucía
Coordinacion, mescuba
Tradución ao Galego de Vera Solleiro Amil