EUA fomenta a emigración cubana mentres require a terceiros paises que a bloqueen

Jesús Arboleya Cervera – Progreso Semanal (Miami)

Arredor de catro mil sen papeis cubanos, camiño dos EUA, están varados ainda en Costa Rica e un milleiro máis en Panamá. Doce governos, buscaron conxuntamente saída ao problema: oito centroamericanos, máis Colombia, México, Ecuador e Cuba. Ausente na procura de solucións, Estados Unidos, causante do problema e único que ten un remedio. Saindo legalmente de Cuba, e chegados con todas as da Lei ao primeiro país de destino, todas as asistencias para solucionar o problema, actuaron ao revés. Cuba preocupouse por eles e xestionou cos países involucrados unha saída ao problema, adoptando a posición de recibilos si ao final non foren aceptados por estes e visen frustrada a súa viaxe á Estados Unidos. A solicitude da maioría de nacións afectadas, Ecuador tomou decisións que se contradin coa súa propia política migratoria restablecendo o requisito de visa de entrada para os cubanos, cargando con costos e problemas que non desexaba nin buscou. O resultado é que os primeiros amolados con esta léria foron cidadáns cubanos que desexan viaxar ao Ecuador e son benvidos neste país, sen iso implicar o uso destas facilidades para atinxiren Estados Unidos.

A campaña a prol das Brigadas Médicas Cubanas atinxiu todo Brasil
A campaña a prol das Brigadas Médicas Cubanas atinxiu todo Brasil

Costa Rica e Panamá dispuxeron condicións para atendelos, na espera de condicións favorábeis para seu traslado; o resto dos países da rexión manifestou disposición a cooperar, aínda que tamén tomaran medidas para o problema non lles derramar a relación cos Estados Unidos que fai por evitar o tránsito cara a súa fronteira. Con que moral pode Estados Unidos requerir de terceiros paises o bloqueo dunha migración que eles mesmos fomentan? A política de Estados Unidos respecto da emigración ilegal procedente de Cuba, tradúcese no contrasentido de propiciala e recibilos indiscriminadamente no seu territorio se dan posto o pé sobre chan norteamericano, e simultaneamente estorbar o seu acceso a ese país, obrigando a utilizar canles ilegais, custosos e perigosos. Na última rolda de conversacións migratorias entre Cuba e Estados Unidos, celebrada 30 de novembro pasado, o governo de Cuba insistiu na necesidade de o goberno norteamericano cesar nesta práctica, “violatória da letra e do espírito dos acordos asinados entre os dous países”.  Cuba cualifica estas políticas como “incoherentes co contexto bilateral actual” e acrecenta “que van contra a normalización das relacións migratorias entre Cuba e os Estados Unidos e xeran problemas a outros países da rexión”.

Porén, a delegación norteamericana transmitiu que o seu goberno non ten mentes de facer cambios na política migratoria que se aplica a cidadáns cubanos e deixan entender que ao eliminaren algunhas das vantaxes excepcionais reservadas os inmigrantes ilegais cubanos, poderíase producir unha emigración masiva por vía marítima. Os acordos migratorios de 1994 estableceron mecanismos para impedilo. Ao meu ver, Estados Unidos non quere aparecer facendo concesións á parte cubana e procura impor o seu critério no proceso de negociacións, mantendo vivas aquelas medidas que impliquen presións desestabilizadoras para Cuba.

Unha das accións máis inconsistentes desta política co proceso actual, é precisamente a continuación do programa destinado a promover a deserción doas médicas e médicos cubanos que exercen en terceiros países. Funcionários norteamericanos e internacionais encomiaron o papel de Cuba na loita contra pandemias como o Ébola, e o seu papel na promoción da saúde pública no mundo e fálase até de chegaaren a acordos de cooperación bilateral nesta área para certos empeños internacionais. The New York Times criticou este programa, considerándoo obsoleto e contrário á propia política norteamericana cara á Habana. Tales servizos médicos, ademais, convertéronse nunha das principais fontes de ingreso para Cuba e o programa de EUA para adopción de médicos cubanos fixo abandonar as súas misións a 5,000, o que incorpora unha presión adicional para o mantemento do sistema de saúde interno.

O governo cubano renovou a obrigatoriedade do permiso de saída para algúns especialistas médicos, mesmo mantendo o dereito de viaxaren ou residir no exterior. Porén a medida, na práctica, constitúe un retroceso da actualización da política migratoria aprobada en 2013. Ninguén pode dubidar que o goberno cubano áchase nunha encrucillada onde non existen solucións óptimas, pois en definitiva constitúe un reflexo da asimetría económica entre ambos países, ao que se agrega un interese político retorto, pois a maioría dos médicos emigrados non da exercido súas carreiras ao arribaren a territorio de EE.UU. Nin sequera pode falarse de roubo de cerebros, senón do estrago dun capital humano tan necesario para a humanidade.

O importante é determinar se en realidade é unha solución ao problema da emigración dos médicos especialistas e se a súa aplicación non xera outros problemas, cuxa natureza política pode conducir a consecuencias aínda máis indesexadas. Nunca as restricciones burocráticas dan freado emigrantes. A longo prazo, quen quere marchar, vaise. As restriccióna obrigan só a marchar en peores condicións. Por sentido estratéxico, non creo que proceda dar un paso atrás na política migratoria. Ao contrario, por propia necesidade nacional e como mellor xeito de neutralizar os efectos desestabilizadores da política norteamericana, son da opinión de ampliala aínda máis, co obxectivo de lograr a maior integración posible dos emigrados na vida nacional, evitar rompimientos co seu país e facer que aporten ao desenvolvemento da nación, incluso estando fóra da súa patria.

O compromiso de Cuba coa política migratoria aprobada, viuse concretado en moitas accións, incluíndo de feito o tratamento dado aos emigrantes que se atopan actualmente en Centroamérica. A medida tomada cos médicos, aínda que este non sexa o propósito e así o aseguren oficialmente, envía unha mensaxe contradictoria ao resto da sociedade cubana respecto da estabilidade da política migratoria, con consecuencias políticas e económicas. En segundo lugar, no caso específico do persoal da saúde, coido que o único paliativo á emigración destes especialistas, sería unha política dirixida a convertelos no sector máis privilexiado da sociedade cubana. Neste sentido tamén estivo dirixida ata agora a política cubana, que duplicou os salarios no sector, pero todo indica que non resulta abondo.

http://progresosemanal.us/20151204/los-emigrados-cubanos-la-solucion-al-reves/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *