Terra Sen Amos-Madrid
Fernando González Llort, heroe da República de Cuba e vice-presidente do Instituto Cubano de Amistad con los Pueblos (ICAP), dirixiuse na súa primeira visita ao Estado, a activa solidariedade de Galiza cos Cinco Cubanos. Fernando entregou a unha delegación da Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil”, desprazada a Madrid para un encontro de homenaxe aos Cinco, o seguinte texto: “Aos amigos de Galiza: un saúdo agradecido e o compromiso de loitar até ver de regreso a Gerardo, a Ramón e a Toni”.
O vice-presidente do ICAP dixo que o feito de contar coa solidariedade enche aos Cinco do orgullo de ser cubanos, de lecer e de forza para continuar. “Formades parte do esforzo do povo de Cuba e da solidariedade internacional na presión contra as institucións dos EEUU para liberar a Gerardo, Ramón e Toni. Grazas a ese esforzo, teremos o premio de velos en casa”.
Ao encontro celebrado Terza Feria na Embaixada de Cuba en España, asistiron tamén representantes da “Federación de Asociaciones de Cubanos Residentes en España” (FACRE) delegacións das asociacións de amizade con Cuba de Galiza, Euzcadi, Asturies e Madrid, alén dos alcaldes de San Fernando de Henares e Rivas-Vaciamadrid, o concelleiro de IU de Llanera, e un representante por Guipúzcoa de EH Bildu.
Na palestra da homenaxe, á beira de Fernando, estaban Eugenio Martínez Enríquez, Embaixador de Cuba en España, e Raquel Cadet, Presidenta da FACRE e encargada das presentacións.