Raúl A. Capote – CUBA EN RESUMEN
Marco Rubio, ministro de Estado (ou de Relacións Exteriores) dos EUA, foi nomeado administrador en funcións da Axencia de Estados Unidos para o Desenvolvemento Internacional (USAID) O propósito de anular a axencia como institución dependente do Congreso e trasferir as súas funcións ao ministério de Estado fora bloqueado pola Cámara nos comezos do anterior mandato de Trump. A nota de prensa do Departamento de Estado, di o seguinte: “Como medida provisional para obter o control e unha mellor comprensión da actividade da axencia, o presidente Donald J. Trump, nomeóu ao secretario de Estado, Marco Rubio, administrador en funcións da USAID”.
Segundo Donald Trump, a USAID desatendeu por moito tempo a súa misión orixinal de promover os intereses dos EUA no estranxeiro, criterio co que o ministro de Estado Marco Rubio e o encargado do Departamento de Eficiencia Gubernamental (DOGE), Elon Musk coinciden. Rubio asegurou que o nivel de insubordinación que hai na entidade non permite revisar efectivamente as condicións funcionais da axencia. A resistencia dos empregados da axencia a colaboraren co goberno de Donald Trump, é outra das razóns aducidas para transferir a USAID.
O administrador nomeado pola Casa Branca para a institución estrela das relacións internacionais, é un disparate. A USAID foi a punta de lanza do intervencionismo ianqui no mundo e fachada perfecta dos servizos especiais dese país. Baixo a súa tutela os EUA realizaron un centenar de golpes de Estado, revolucións de cores, accións encubertas e adestramento de torturadores, asasinos e axentes de terror.
Asemade o novo Ministro de Estado é coñecido polas súas posicións de liña dura a prol do Estado de Israel e de intransixencia contra Irán, China, Cuba, Venezuela, e Nicaragua; foi un dos senadores que máis diñeiro recibiu da Asociación Nacional do Rifle, que lle doara 3.303.355 de dólares. En 2016 promoveu um proxecto de Lei coñecido coma Nica Act que limita o acceso de Nicaragua a préstamos internacionais.
No 2011 apoiara a agresión militar contra Libia e a sua hostildade, foi feroz co presidente de Colombia, Gustavo Petro, mentres simpatizaba con Javier Milei, na Arxentina, ou Nayib Bukele, no Salvador. A maiores é antiabortista, anti inmigrantes, defensor do dereito a portar armas etc.
Coméntase a contradición do seu ascenso á beira de Trump, malia ter unha visión dos EUA que pouco ten que ver co aillacionismo que pregoa e defende o novo presidente republicano. A maiores foi un férrido crítico do actual presidente, co que mantivo feroces leas no Congreso Electoral do Partido Republicano pola candidatura do partido.
O seu ascenso pódese atribuir se cadra ao seu traballo como presidente do Comité de Intelixencia no Senado e membro do Comité de Relacións Exteriores onde tivo acceso a informacións sobre o seu actual xefe. As investigacións relacionadas coa presunta intervención rusa nas eleccións presidenciais dos EUA e a relación de Trump con Moscova, a maior parte da información pasara polas mans do Comité de Intelixencia.
De todos os xeitos compre dar tempo ao tempo por ver cal será o resultado desta alianza entre o que foi considerado príncipe herdeiro do Partido Republicano hai uns anos e o “infalibel” magnate que ocupa a Casa Branca. Non é pouca cousa que Trump poña nas mans de Rubio a USAID, unha entidade creada por Lei do Congreso, que ten un orzamento de 42.800 millóns de dólares, conta con mais de 10.000 empregados, controla centenares de ONG, axencias gobernamentais e patrocinadores ao seu servizo. Cal é a tarefa de Marco Rubio, salvar, domar ou destruír á USAID?
(*) Escritor, investigador e xornalista cubano.
Texto traducido ao Galego para Terra Sen Amos por Ariel Codesedo.