Terra Sen Amos
Ofertas de axuda de todo o mundo para colaborar no labor de reparación dos danos causados polo furacán Irma, decidiron ao goberno da Habana a abrir unha conta específica para doazóns en moeda convertibel. A conta está identificada co título HURACAN-DONACIONES, na sucursal do Banco Financiero Internacional situada no enderezo Calle 18 entre 1ra y 3ra, no municipio Playa da Habana. O número da conta é 0300000004978829. No entanto, dos catro recantos do mundo, chegan a Cuba ofrerecimentos solidarios, dende a primeira declaración de Rusia, interesada en aumentar os seus investimentos en Cuba, até o envio de material de emerxencia para reconstruir vivendas arrasadas polo temporal, da República Bolivariana de Venezuela e de Nicaragua. No resto de Latinoamérica, a reacción solidaria foi xeral, con declaracións que ultrapasan os oferecimentos materiais, coma a do presidente Varela de Panamá que fala da débeda moral do seu pais e de toda América con Cuba. En Asia sobrancea un importante envio urxente da Corporación de Comercio e Investimentos do Vietnam e en Sudáfrica, a intensa campaña da Asociación de Amigos de Cuba. O paso letal do Irma renova a aclamación da Asemblea Xeral da Onu a prol de Cuba e contra o abuso e a inxerencia, coma a que nun mal paso ven de renovar o presidente Trump, horas antes de o furacán desbaldar Cuba e a seguir A Florida.