O Comando Nacional Unitario de Lucha (CNUL-CGTP), o movemento popular, sindical, redes e plataformas civís, pobos indíxenas, o movemento feminista, a mocidade organizada, partidos políticos e movementos sociais peruanos reunidos como Comité Organizador, convocan a todas as organizacións irmás á celebración do Cume dos Pobos e ao Encontro de Solidariedade Continental pola Unidade Latinoamericana e Caribeña, os días 10, 11, 12, 13 e 14 de abril de 2018 en Lima, Perú, baixo o lema: Pola articulación social da nosa América.
Estes eventos desenvolveranse en paralelo ao VIII Cume das Américas, encontro que reunirá aos xefes de Estado e Goberno do hemisferio na capital do Perú.
O Cume das Américas realizarase nun contexto de crise política peruana de pronóstico reservado, polas graves denuncias por corrupción ás principais figuras do sistema político, incluíndo o ex -presidente Pedro Pablo Kuczynski.
O encontro de mandatarios terá lugar nun contexto rexional de contra-ofensiva da dereita continental, que pretende relanzar o Cume das Américas para promover o proxecto económico da Alianza do Pacífico e os intereses políticos do Grupo de Lima, contrarios aos intereses dos pobos latinoamericanos e caribeños asociados en UNASUR, ALBA e CELAC.
Fronte á ofensiva imperialista e intervencionista de parte do goberno norteamericano dirixido por Donald Trump, asumimos a defensa da nosa soberanía nacional e dunha integración rexional con voz propia. Por iso, convocamos ás organizacións sociais, políticas, sindicais, campesiñas, xuvenís, de estudantes, indíxenas, de dereitos humanos, o movemento de mulleres, da diversidad sexual, e a todas aquelas que desexen sumarse, tanto de América Latina, o Caribe como de Estados Unidos e Canadá, cunha vocación de unidade e pensamento progresista, a participar no Cume dos Pobos e no Encontro de Solidariedade Continental, a fin de alzar as nosas voces en defensa dos dereitos dos pobos do hemisferio, e en contra dos intentos de dominación imperial.
As voces alí reunidas deberán ser escoitadas polos gobernos da rexión e difundidas polos medios de comunicación con cabal atención.
O Comité Organizador do Cume dos Pobos está integrado por unha base ampla e representativa de organizacións. No entanto, cun sentido de inclusión e unidade, convocamos a todas as entidades peruanas que desexen sumarse a este esforzo, con independencia da súa área de traballo ou tendencia política.
As organizacións e demais interesados que desexen maior información poden dirixirse ao correo electrónico:
cumbredelospueblos2018lima@gmail.com
Facebook: http://www.facebook.com/cumbredelospueblos2018