Raul Zibechi – Censat.org
O goberno golpista de Temer abre as portas da Amazonia ao exército dos EUA e entrégalle os segredos da defensa da reserva biolóxica e cultural do Amazonas. O xornalista Raul Zibechi conta as alarmas que resoan no Brasil fronte a rendición do seu ben maior, cobizado polo Imperio do Norte, e espello da soberanía do pais. As Forzas Armadas Brasileiras temen que a base multinacional temporal que se vai establecer en Tabatinga (Amazonas) poida converterse en permanente, como sucedeu en Hungría en 2015.
Pola primeira vez, unha tropa dos EUA participará nun exercicio militar no corazón da Amazonia. Os soldados do imperio estarán na operación AmazonLog que correrá do 6 e ao 13 de novembro na brasileira Tabatinga, cidade situada na beira esquerda do río Solimoes, na fronteira entre Perú, Brasil e Colombia. Entraron na convocatoria as forzas armadas de Colombia, Arxentina, Bolivia, Perú, Ecuador, Chile, Uruguay, Estados Unidos, Panamá e Canadá. Bolivia foi o primeiro goberno de progreso en confirmar a súa participación. Tamén foi chamado a intervir o Consello de Defensa Suramericano (CDS), pertencente á UNASUR. A Xunta Interamericana de Defensa, na órbita do Pentágono, é outra das organizacións que van ter un espazo nas manobras amazónicas.
A realización destes exercicios supón tres cambios importantes, dous deles afectan directamente a Brasil e o terceiro a toda a rexión. O primeiro é que a custódia da Amazonia foi na historia do Brasil símbolo da súa soberania. O xornal Zero Hora deu conta dun escrito que circula nos cuarteis coa seguinte denúncia: “Invitar ás Forzas Armadas de EEUU a facer manobras na Amazonia, á beira das nosas Forzas Armadas, é un crime de lesa patria. Ensinar ao inimigo como combaternos na selva amazónica, é alta traizón”.
De porparte, Nelson Düring, director da páxina militar Defesnet.com.br, sinala que os exercicios son “un retroceso que confunde a política internacional do Brasil”. O autor recorda que “até o de hoxe, non eran aceptados militares estranxeiros no Centro de Instrución de Guerra na Selva (CIGS). Agora xa temos norteamericanos, europeos e ata chineses”. Conclúe en sintonía coas voces críticas: “Brasil debe preservar seus segredos”. As Forzas Armadas temen que a base multinacional temporal que se vai establecer en Tabatinga, poida converterse en permanente, como sucedeu en Hungría en 2015.
En segundo lugar, AmazonLog 2017 revela un cambio nas relacións militares entre Brasil e Estados Unidos. En 1952 asinárase un tratado militar entre Brasil e EUA, rubricado polos presidentes Harry Truman e Getulio Vargas, para o intercambio de armamento por minerais estratéxicos como uranio. Era un momento de fortes presións de Washington sobre Brasilia para impedir o desenvolvemento de tecnoloxía nuclear propia.
O 11 de marzo de 1977 o presidente militar Ernesto Geisel denunciou o tratado, xa que o Goberno de Jimmy Carter interferiu nos asuntos internos co argumento da defensa dos dereitos humanos. En 1989, a distancia entre os dous paises incrementouse.
Joao Roberto Martins Filho, ex-presidente da Asociación Brasileira de Estudos da Defensa, sinala que “dende o fin da guerra fría Brasil distanciouse de EUA, que era un aliado estratéxico e de súpeto comezou a actuar como superpotencia única. Iso provocou unha reacción de hiper-defensa da Amazonia”.
Coa chegada de Donald Trump e de Michel Temer á presidencia de EEUU e Brasil, as relacións están cambiando. Os exercicios conxuntos de novembro son só a parte máis visibel dun achegamento na área de defensa. En marzo, o xefe do Comando Sur, Clarence K. K. Chinn, foi condecorado en Brasilia coa Medalla ao Mérito Militar e visitou as instalacións do Comando Militar da Amazonia onde se realizarán as manobras AmazonLog.
A principal empresa brasileira de defensa, Embraer, pechou un trato en abril coa estadounidense Rockwell Collins sobre fabricación de material aeroespacial e dirección xeral de Enxeñeria Desenvolvemento e Investigación do Exército dos EUA abriu unha oficina en Sao Paulo, para profundar nas relacións de investigación e anovamento de tecnoloxías de defensa. O 3 de abril, a CNN informo de o Ministerio de Defensa de Brasil estr comprometido nun “proxecto de defensa” conxunto cos EUA, segundo informou CNN.
Retrocede o proceso de integración rexional. No marco da UNASUR, espazo sudamericano no que non participa EUA, creárasse en 2008 o Consello de Defensa Suramericano (CDS) co obxectivo de consolidar unha zona de paz continental, construír unha visión común da defensa e construir acordos rexionais en foros multilaterais.
O CDS procuraba a autonomía rexional en materia de defensa e consolidaba a ruptura co Tratado Interamericano de Asistencia Recíproca (TIAR) creado en 1947, que reflicte a dominación continental de EUA. A Guerra das Malvinas (1982) foi o fin do TIAR xa que Washington apoiou a Inglaterra. Cos anos, varios países abandonaron o TIAR: Perú, México, Bolivia, Cuba, Venezuela, Nicaragua e Ecuador.
Arestora, o novo Goberno de Brasil invita as manobras AmazonLog tanto ao CDS como á Xunta Interamericana de Defensa que pertence á OEA. Deste xeito e lexitima os espazos nos que participa o Pentágono e eslúe os perfis da América de Bolívar e Martí. Un xogo sen rodeios en momentos críticos nos que a rexión precisa pórlle os marcos a Washington e defender a súa indentidade.