Redacción – Terra Sen Amos
O Premio Lenin deste ano foi para Raúl Castro, por unha vida consagrada a inzar as razóns do socialismo e polo seu labor concreto para o avance socialista na América Latina, segundo un anuncio do Partido Comunista de Rusia (PCR) Dando a coñecer a resolución, o líder do PCR Guenadi Ziugánov dixo que “o pobo irmán de Cuba é un exemplo”. Iván Mélnikov, membro do Comité Central do partido, viaxará a Cuba para entregar a distinción a Raúl, durante as festividades do 1 de Maio. Raúl, Heroe da República de Cuba, é no de hoxe Primeiro Secretario do Partido Comunista e foi presidente do pais dende 24 de febreiro de 2008 até 18 de abril de 2018, ainda que desempeñara o cargo interinamente dende 2006.
O Premio Lenin mantén a súa sona para alén da desaparición da Unión Soviética, e o PCR conserva a tradición de facer público a concesión en 22 de abril, data de nacimento do lider da Revolución de Outubro que vira ao mundo en Uliánosk hai 149 anos. A distinción nacera en 1925, no cabodano do fundador do Estado soviético, co obxectivo de honrar contribucións capitais para o socialismo e o progreso da ciencia, a literatura, a artes, a arquitectura e a tecnoloxía.
Hai dúas décadas, Cuba e Rusia restableceron uns niveis de colaboración política, económica e comercial que entraran en debalo coa liquidación do Estado Soviético. A alianza de Rusia cos paises anti-imperialistas de América, é hoxe un elemento central na longa batalla do continente pola independencia.