Agustín Laxe Davila – La Pupila Insomne
En dous procesos paralelos e complementarios, estamos a vivir, como actores e notarios, a transformacións do modelo económico cubano, o aumento da autonomía operativa das empresas estatais e a proliferación de pequenas e medianas empresas, tanto estatais como privadas. Acompaña estes cambios un aumento dosde investimentos estranxeiros, aínda nos comezos. Ao tempo, a función da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación están cada día máis presentes no proxecto social cubano. Esforzámonos por identificar os cambios en marcha e por predicir cara a onde poden levarnos de continuar as tendencias actuais; pero é moito máis difícil predicir a que velocidades eses procesos ocorrerán. Desas velocidades relativas depende todo.
En senso contrario continúa un proceso de deterioración da infraestrutura industrial, tal como puidemos ver nos recentes problemas de xeración eléctrica e de erosión do capital humano, ao cabo de décadas de bloqueo económico contra Cuba. Cal desas dinámicas acabará determinando o resultado conxunto? Non sabemos. A resposta depende en gran medida de nós mesmos. As economías, e en sentido máis amplo, as sociedades humanas, son sistemas complexos que responden a presión de moitísimos factores, non poucos deles con efectos non-lineais. De seguro sabemos en que sentido temos que traballar os revolucionarios cubanos e os camiños que debemos seguir.
Ese equilibrio de velocidades, que pode decidir todo, apréciase como un exemplo máis na proliferación de pequenas e medianas empresas que estamos a vivir. Aparecen a eito, e iso é bo, pero dentro destas, as pemes estatais e de alta tecnoloxía son aínda poucas, e iso xa non é tan positivo. As iniciativas de menor risco relativo e limitado valor engadido, suceden espontaneamente a partir de actores privados. Moitos deles xa existían baixo a forma de traballo por conta propia con traballadores contratados; as empresas de base tecnolóxica, especialmente con tecnoloxías novas e complexas, contén incertezas e maiores prazos de recuperación, e deben ser guiadas por actores estatais.
Grupos de traballo que hoxe operan no sector académico público, son quen poden asumir o reto de crear pemes estatais de alta tecnoloxía, e ese podería ser un proceso determinante na transformación das nosas forzas produtivas. Para iso debemos contar con que o prazo de execución se dea nun prazo axeitado.
O socialismo require de forzas produtivas desenvolvidas, e estas teñen que xurdir da ciencia e o capital humano sementados por décadas de construción social revolucionaria en Cuba, a condición de non esquecer que falamos dun proceso de desenvolvemento que debe competir con outros procesos de signo regresivo. Nun discurso pronunciado en 1967, ao abordar a dinámica que nos impón a necesidade dun desenvolvemento acelerado, Fidel Castro definíase con esta expresión:“…milito no bando dos impacientes, e milito no bando dos apurados, dos que non viven até non dar cabo as tarefas e dos que tentan sempre facer máis do que se pode”.
Unha revolución é sempre un esforzo colosal por ensanchar a tempo o espazo do posíbel.
A definición de Fidel era válida en 1967 e tamén o é agora, porque na complexidade das sociedades humanas sempre coexisten procesos de diferente signo, e o avance ou o retroceso dependen das velocidades relativas. Os científicos cubanos temos que asumir unha responsabilidade nesta competencia de velocidades, coa mesma resolución e audacia coa que nos enfrontamos coa pandemia.
E seguir participando na defensa da Soberanía Nacional, pois só sobre esa base poderemos construír a nosa alternativa social e económica. A nación soberana pode facer realidade unha economía baseada no coñecemento, que poida inserirse con éxito no intercambio mundial de bens e servizos de alta tecnoloxía, e de coñecemento; que alimente cara ao interior, a expansión continua do noso capital humano e o perfeccionamento da igualdade e a xustiza social.
Por moito que os ideólogos imperialistas defendan agora o concepto de soberanía limitada, as funcións históricas do Estado-Nación soberano non están esgotadas para o Século XXI. Pola contra, as funcións do Estado-Nación son hoxe máis necesarias ca nunca, porque na conxuntura da desaparición do campo socialista europeo, seguida do esgotamento do modelo de globalización neoliberal capitalista, son precisas alternativas que combinen o desenvolvemento económico baseado no coñecemento a sustentabilidade e a xustiza social; alternativas que deben ser á vez localmente diversas e globalmente conectadas.
Construímos noso modelo a man, día a día, en todos os recantos da nosa sociedade. Cadaquén ten unha tarefa no desenvolvemento socioeconómico dos territorios, o aumento e diversificación das nosas exportacións e do seu contido en produtos e servizos de alto valor engadido, o aumento da produción de alimentos, o cambio na matriz enerxética cara a fontes renovábeis ou o perfeccionamento continuo do noso sistema educativo. Contamos coas conexións eficientes entre os nosos centros científicos e as nosas empresas para mellorar o enorme potencial dos Centros Universitarios Municipais, a produtividade do traballo e a rapidez e eficiencia dos investimentos.
A partir do contexto xurídico do 2021 contamos con Pequenas e Medianas Empresas de alta tecnoloxía, estatais e exportadoras. Non serán empresas grandes, mais é evidente o seu carácter estratéxico para o desenvolvemento económico e social do país. A nova Constitución establece que deben ser “propiedade socialista de todo o pobo”. As empresas estatais de alta tecnoloxía, deben ser programadas como catalizador do desenvolvemento e compoñente central do esforzo económico.
Compre sementar confianza nesta obra e considerar, con moito realismo, que non temos todo o tempo do mundo para irmos avanzando no proxecto. A dinámica relativa deses procesos pode definir o nosofuturo.
E todos somos responsabeis de que prevalezan, nas súas velocidades, os procesos de signo positivo que reforzan a nosa soberanía e o noso socialismo.
Sigamos militando, con Fidel, “no bando dos apurados”.
Artigo, publicado en TSA, que Richard Levins, biólogo norteamericano autor de As Influéncias da Bioloxía e The Dialectical Biologist (con Richard Lewontin) dedicara a Agustín Laxe na revista Monthly Review . https://terrasenamos.org/agustin-laxe-atopa-na-ciencia-solucions-para-un-pais-pequeno-bloqueado-e-sen-recursos/