Marga Lemos – Redación de TSA
Unha carga de 900 mil doses da vacina Abdala arribou a Venezuela como parte do programa de colaboración entre Cuba e a República Bolivariana, na común loita de Latinoamérica contra a actual pandemia de Covid-19 que os laboratorios do imperialismo desertaron. O Centro de Enxeñaría Xenética e Biotecnoloxía (CIGB) de Cuba está a enviar a todo o mundo os seus probados específicos contra a pandemia. Na véspera deste último despacho, a Autoridade de Regulación Sanitaria do Ministerio de Saúde de Nicaragua certificou o uso das das vacinas de Cuba Soberana e Abdala. De aparecer o máis leve efecto nocivo nas vacinas producidas por Cuba socialista, o réxime do Bloqueo tería inzado os telexornais do planeta de alarmas en defensa da saúde pública. Como tal non sucedeu, o silenzo da información sobre as vacinas cubanas é notábel, mesmo entre os que arestora fan por revivir a hispanidade colonial.
No entanto, a gallarda intervención das multinacionais de farmacia do imperialismo contra a Covid-19 e as súas variantes, non se había librar dunha guerra de denuncias sobre reaccións non previstas nas vacinas das grandes marcas dos EUA e o UK. Para o capital, o escape dunha miserábel guerra de Europa contra os EUA, tería sido inventar riscos nos específicos dos paises bloqueados mais isto non puido cumpirse contra as vacinas cubanas, logo presentadas pola OMS coma exemplo de rigor estatístico e distribución solidária. Trump respostou bloquendo decontado a aportación dos EUA a OMS o que significaba unha letal ameaza contra o sistema de certificación farmacéutica do planeta en plena pandemia, mais China frustrou a ofensiva criminal de Washington ao aportar unha cota especial que defendía a referencia médica da OMS.
Mentres pousaba o avión coas vacinas cubanas en Venezuela, a autoridade regulatoria nicaraguana fixo público que as vacinas Soberana 02 e Abdala, son de aplicación terapéutica segura para diminuír a transmisibilidad da Covid-19, producida polo virus SARS-Cov-2′.
Para unha vacina ser declarada de utilidade, a Organización Mundial da Saúde OMS esixe dos específicos anti-Covid-19 unha eficacia superior ao 50 por cento. Abdala, xa recibiu a autorización de uso de emerxencia no país, do mesmo xeito que Soberana 02 para a poboación pediátrica.
Deseñada polo Centro de Enxeñaría Xenética e Biotecnoloxía (CIGB), Abdala primeira vacina de América Latina, mostrou un 92,28 por cento de eficacia no seu esquema de tres inxeccións.
A Soberana 02, do Instituto Finlay de Vacinas (IFV) dei na análise final do tratamento, con dúas inxeccións, unha eficacia do 65,6 por cento. O IFV anunciou tamén o 91,2 por cento de cobertura ao cabo de dúas doses de Soberana 02 máis unha terceira dose da vacina Soberana Plus.
Os inmunóxenos cubanos mencionados complementan coa Mambisa e a Soberana 01. A Mambisa, tamén producida polo CIGB, única para aplicación mediante pulverizador nasal, acadou permiso das autoridades sanitarias locais para iniciar a fase II de ensaios clínicos.