Adela Roade – Terra Sen Amos
Os diarios sen memoria están condenados a desaparecer. Subido ao convoi do Bloqueo Total contra Cuba, decretado polo goberno dos EUA, o diario de referencia do Partido Popular en Madrid desafía a aclamación anual da Asemblea da ONU contra o bloqueo económico e político máis longo que se recorda e acusa ao medio Cubainformación -expresión da solidariedade de todo o Estado con Cuba e do sobranceiro compromiso de entidades e particulares de Euskadi- de agredir posicións políticas comprometidas co bloqueo definitivo da illa, representadas pola ONG instituida na capital de España co nome de Prisoners Defenders.
Euskadi-Cuba e Cubainformación ven na campaña non só unha rabecha contra 32 anos de labor solidaria e de cooperación coa illa, senón tamén o propósito de acabaren co labor informativo sobre Cuba, construido co traballo voluntario das asociación de amizade integradas no Movimento Estatal de Solidariedade con Cuba MESC. A propaganda hostil tenta atinxir ás instituciones públicas bascas (Goberno basco, deputacións e concellos) aos que están acusando de non velar polo control dos seus fondos de cooperación.
A ONG Prisoners Defenders, da que non se coñece nin mención dos presos de Guantánamo nin da rede de cadeas da CIA en todo o , planeta, acusa a Euskadi-Cuba de levar adiante 18 proxectos que dotaron ás cooperativas agrícolas cubanas con sistemas de rego, invernadoiros, aveños de horta, tractores e maquinaria forestal que ten mellorado as condicións de vida de comarcas enteiras de Cuba. Todas estas intervencións responden a iniciativas cubanas inspiradas na estratexia de soberanía alimentar con enfoque de xénero. Os nomes dalgúns destes proxectos son expresivos: Empoderamiento de las mujeres en el programa de frutales para enfrentar el cambio climático en ecosistemas frágiles de Baracoa, Desarrollo agroforestal sostenible: una opción para el empoderamiento de la mujer en Guantánamo ou Mujeres protagonistas en el movimiento de la agricultura urbana ecológica en La Habana.
Do reaccionario sistema de información que desata esta violenta campaña contra a solidariedade internacionalista, era ben recordar que está ben recordar que na súa visita de Estado a Cuba en 2014, García Margallo, ministro de Asuntos Exteriores do governo Rajoy, solicitara o regreso urxente a Cuba dos 115 presos e dos seus 650 familiares, invitados en 2010 a Madrid por mediación do governo do PP respondendo a unha campaña non diferente da que agora encirra Prisoners Defenders. Por volta de catro anos, os exiliados ergueran un campamento de protesta as portas do ministerio de Asuntos Exteriores en Madrid para denunciaren abandono por parte do governo Español e urxir a repatriación. O diario que agora defende a posición da ONG Prisoner Defenders, celebrara en 2010 na súa portada a chegada dos exiliados baixo o títular La Cuba libre llega a España.
Euskadi-Cuba agradece todas as expresións de solidariedade recibidas dende asociacións, ONG, institucións do internacionalismo e partidos e renova seu compromiso de denuncia permanente do bloqueo de EUA, verdadeira violación masiva dos dereitos humanos de 11,2 millóns de cubanas e cubanos, condenada en 29 ocasións pola Asemblea Xeral da ONU.