As delegacións internacionais nos comicios de Venezuela felicitan ao pobo e ao presidente Maduro reelecto

DECLARACIÓN DE OBSERVADORES INTERNACIONALES SOBRE EL PROCESO DE ELECCIONES DE VENEZUELA 2024.

Observadores internacionais asistentes ás eleccións presidenciais da República Bolivariana de Venezuela, en representación de 107 países, declaramos á comunidade internacional o seguinte:

1. Damos parabéns  ao pobo venezolano pola realización deste proceso democrático electoral, verdadeiro exemplo de participación, civismo e transparencia.

2. Recoñecemos o mérito do Consello Nacional Electoral da República que co seu prezado traballo garantiu a realización de eleccións en todo o territorio venezolano a través dun mecanismo electoral cos máis altos índices de transparencia e contraste efectivo que fan deles un dos mellores do mundo.

3. Recoñecemos a alta eficiencia e rigor do Consello Nacional Electoral na entrega dos resultados que despexaron o intento de vulneración do proceso a través dun ataque cibernético realizado co propósito de xerar incerteza.

4. Felicitamos ao presidente Nicolás Maduro Moros e ao Gran Polo Patriótico por esta resoante vitoria pola paz, o futuro e a felicidade do pobo venezolano.

5. Chamamos á comunidade internacional a apoiar o proceso democrático venezolano e condenar os intentos de desestabilización e violencia xerado pola extrema dereita venezolana, internacional e imperial.

Pola Paz, a dignidade e a soberanía dos pobos.

Ciudad de Caracas, Venezuela, 29.07.2024

Asinantes:

1. Coordenadora Mexicana de Solidaridad con Venezuela

2. Instituto Nacional de Formación Política de MORENA

3. Defensem Cuba, de Catalunya.

4. Assemblea Bolivariana de Catalunya

5. UNTE-SN PY

6. Agrupación Nacional POPULISMO K

7. Podemos, Estado Español.

8. Red de Cubanos Residentes en América Latina y el Caribe

9. LaKanaya, Costa Rica

10. Red Europea de Solidaridade cn la Revolución Bolivariana

11. Consello Nacional e Internacional da Comunicación Popular – CONAICOP

Medios

12. Candidatura d’Unitat Popular (CUP), Països Catalans

13. Movímiento Democrático de Mujeres (FDIM-España)

14. Izquierda Unida (IU)

15. Partido Comunista de España (PCE)

16. Juventud Comunista de España (UJCE)

17. IPA (International People’s Assembly)

18. Partido Popular Tekojoja de Py

19. ALBA Suiza

20. Movimento Nacional de Luta pela Moradia (MNLM) do Brasil

21. Asociación Americana de Juristas.

22. Central Continental de Trabajadoras y Trabajadores de la Educación

23. Comite de Solidaridad con Venezuela – Costa Rica

24. Red Latinoamericana por Justicia Económica y Social LATINDADD

25. CPGB-ML (Communist Party of Great Britain- Marxist-Leninist)

26. Partido del Progreso y Socialismo-PPS- Marruecos

27. Frente Patria Grande – Argentina

28. Partido Vanguardia Popular, Costa Rica

29. Movímiento Democrático de Mujeres (FDIM-España)

30. FMLN-El Salvador

31. Comité Internacional Paz Justicia y Dignidad a los Pueblos

32. Frente Transversal Nacional y Popular, Argentina

33. Vocesenlucha – Comunicación Popular (Castilla – Estado español)

34. Rete dei Comunisti Italia

35. Partido Comunista – Federación Juvenil Comunista Argentina

36. Red Latinoamericana y Caribeña de Solidaridad con Cuba y las Causas Justas

37. Partido Comunista, Argentina

38. Frente Socialista, Puerto Rico

39. Comite de Solidaridad con Cuba de Puerto Rico

40. Partido Vanguardia Popular, Costa Rica.

41. Red de Solidaridad con Palestina y Venezuela en Puerto Rico.

42. Red de Bibliotecas populares Hugo Chávez Frías- Paraguay

43. Concejo de Organizaciones Sociales y Populares del Paraguay

44. Movimiento Paraguayo de Solidaridad con la Revolución Bolivariana

Chavista

45. Nuevo País (México)

46. Intal (Bélgica)

47. Movimiento Evita y partido La Patria de los Comunes – Argentina

48. Movimiento de los trabajadores Rurales Sin Tierra de Brasil (MST)

49. Partido Convergencia Socialista. Paraguay.

50. Comité Antifacista 4T

51. Asamblea del Poder Popular del Guayas – Ecuador

52. Partido Vanguardia Popular, Costa Rica.

53. Colectivo de Solidaridad Chile -Venezuela. Salvador Allende

54. La Simón Bolívar – Argentina

55. Colectivo Jornada por la Paz de Guayaquil – Ecuador

56. Partido Popular Tekojoja

57. Asamblea Popular del Guayas – Ecuador y colectivo Jornada por la Paz de Guayaquil

58. Potere al Popolo – Italia

59. Partido Comunista Peruano

60. ALBA Movimientos

61. MTL ARGENTINA

62. CONAICOP MÉXICO

63. Partido Popular Socialista de México

64. Jóvenes Por el Socialismo

65. Red Voces Paraguay

66. Foro de Intelectuales y Académicos Progresistas del Paraguay

67. Asociación de Mujeres Campesinas y Populares del Paraguay

68. Red Continental de Solidaridad con Cuba y las Causas Justas

69. Comunistes de Catalunya

70. Esquerra Unida i Alternativa

71. Observatorio del Sur Global – Argentina

72. Frente Unidad Para Vencer, de Ecuador

73. Corriente Peronista Descamisados de Argentina

74. CONAICOP Pueblos Originarios

75. Asamblea Nacional Ciudadana de Ecuador

76. Federación Rural – Movimiento Popular Nuestramerica – Argentina

77. Ítaca, Organització Internacionalista dels Països Catalans

78. MPE- Movimiento de Participación Estudiantil

79. Partido Comunes (Colombia)

80. RedH Capitulo Uruguay, y Mate Amargo

81. Partido político Perú libre, Perú

82. Bloque de Resistencia y Rebeldía Popular – El Salvador

83. Juventud CTA- T Argentina

84. La Neurona Rebelde, Argentina

85. Movimiento de Izquierda Revolucionaria – MIR de Chile

86. CEB del Ecuador

87. PATRIA Y FUTURO de Argentina

88. Asamblea Nacional Ciudadana de Ecuador

89. ATE Capital (Argentina)

90. Corriente Nuestra Patria, de Argentina

91. Centro Latinoamericano de Análisis Estratégico (CLAE)

92. Agencia de Noticias de América Latina y el Caribe (NODAL)

93. Encuentro Patriótico – Argentina

94. Confederación Intersindical Galega (CIG), Galiza

95. La Cámpora – Argentina

Recordo vivo do Moncada á beira de Martí en Vigo

Celia López Amoedo – Terra Sen Amos

Vinteseis de Xullo e como ven sendo tradicional, a Asociacion de Amizada Galego- Cubana Francisco Villamil, convocou, aos pes da estatua de Jose Martí nos xardins de Uxío Montero Rios,  á cidadania viguesa e aos sectores sindicais socias, politicos e veciñais activos na cidade para celebrar o 71 aniversario dos asaltos ao cuartel de Moncada en Santiago de Cuba e ao de Carlos Manuel de Céspedes en Bayamo, que marcaron o arranque do proceso armado que levaria ao remate da ditadura de Batista e ao abrente do triunfo revolucionario.

Ingrid Izquierdo, Cónsul de Cuba en Galiza, recorda en Vigo a longa traza da irmandade galego-cubana na altura do 71 aniversario do Moncada (foto Luis Borines)

O acto, dirixido por Luisa Cuevas, comezou coa intervención de Erea del Rio, presidenta da Villamil, quen deu paso á consul de Cuba  Ingrid Izquierdo. Tanto a xove diplomática cubana como a presidenta da Villamil, salientaron o crime de lesa humanidade e contra os DDHH que representa o criminal bloqueo que padece a  illa dende hai mais de 60 anos de parte da administracion estadounidense e lembraron os estreitos lazos que unen a Galiza con Cuba dende os tempos en que non poucos galegos ( entre eles Francisco Villamil) asumiran a defensa de Cuba a prol da súa independencia do reino de España. Ingrid Izquierdo recordou a emocionada cita de Fidel sobre o “cento de galegos” voluntarios no Moncada.

Logo da lectura dun manifesto de apoio ao proceso revolucionario cubano, as irmans Laura e Marina Quintillan interpretaron o Himno Galego ao violino coma colofón do acto.

Na véspera da cita do 26 en Vigo, Sexta feira, a Francisco Villamil acompañou a convocatoria do Dia da Patria nas rúas de Compostela e nos programas do Festigal, coa denuncia do infame bloqueo e o recordo vivo de galegas e galegos que tomaran parte na longa guerra da independencia de Cuba.  Nunha choupana aberta toda a xornada, libros e información sobre a actualidade de Cuba pasaron de man acompañados de café e azucre cubanos para recordar que o mundo solidario realiza dereitos que a prensa venal denigra a diario.

Unha nova sentenza confirma o pleno dereito de “Cubainformación” a críticar aos medios que defenden o ilegal bloqueo  

TSA – Axencias

A Audiencia confirmou a plena absolución do diretor de Cubainformación  (CI) José Manzaneda e da representación legal da Asociación Euskadi-Cuba, emitida febreiro pasado polo Xulgado do Penal 31 de Madrid, e volve condenar Javier Larrondo, presidente da entidade  Prisoners Defenders (PD), organización que teima en denigrar o Estado Socialista cubano e os seus programas de solidariedade en todo o mundo. Larrondo demandaba a revisar a setenza absolutoria de Manzaneda e aplicarlle seis anos de cadea e o pago de 100 mil euros de indemnización e multas polo que coidaba inxurias, calumnias e incitación ao odio, nun artigo en defensa da cooperación médica cubana.

O servizo de limpeza dos prootores do bloqueo de Cuba subvenciona as denuncias contra os medios críticos.

Logo da primeira sentenza absolutoria que cargaba ao querelante ao pago parcial de costas e cualificaba de temeridade  acusar Euskadi-Cuba de inxurias e calumnias, cando unha persoa xurídica non pode legalmente cometer tales delitos, Larrondo apelóu en demanda de prisión e pago económico contra o autor do artigo e o mdio e Manzaneda solicitou o pago total de costas polo querelante.

A sentenza de apelación confirma o primeiro fallo, e reitera os elementos esenciais da argumentación do xuíz. CI denunciaba o papel de Prisoners Defenders como colaborador directo da política do Goberno dos EUA contra dos programas de cooperación médica cubana en 70 paises. O artigo de José Manzaneda, cualificaba Larrondo, Donald Trump e Marco Rubio (senador de ultradereita polo estado de Florida) de “criminais de guerra”. O xornalista explicara no xuizo que a expresión facía referencia á “guerra contra a cooperación médica”, unha guerra non convencional contra o pobo cubano, parte do bloqueo económico que impón ilegalmente a Cuba o goberno dos EUA para bloquear os ingresos para a saúde pública.

A primeira sentenza establecera que a cualificación de “criminal de guerra” podía entenderse coma hipérbole no contexto dun artigo de prensa, con propósito crítico, de recriminación ou censura política dentro dos límites da liberdade de expresión. A segunda sentenza confirma que a expresión obxecto de demanda é coherente no contexto e recorda que o mesmo querelante usa a cualificación de escravitude para o traballo das brigadas cubanas no extranxeiro.  

Manzaneda recordou a utilización mediática do xuízo por parte de Larrondo e Prisoners Defenders coa colaboración de medios do poder económico que acusaron ao Goberno Basco  de estragar fondos europeos “para minar Europa e as súas institucións” ou asegurar que o obxectivo da Asociación Euskadi-Cuba é desestabilizar Europa e España”.

O diretor de Cubainformación renovou seu compromiso de denunciar o bloqueo dos EUA contra o pobo cubano como unha das maiores violacións masivas e sistemáticas de dereitos humanos que existen hoxe no mundo.

“Denuncia dun Crime”: crónica do xuizo do bloqueo no tribunal internacional constituido en Bruxelas

Prensa Latina – TSA

“Denuncia dun Crime” é o título do libro que ven de editar a editorial Ocean Sur coa aportación do Instituto Cubano de Amizade cos Pobos (ICAP)  que contén o dietario integral das deliberacións do Tribunal Internacional contra o Bloqueo a Cuba, reunidoen Bruxelas, fins de 2023.  O rexisto reúne alegacións fiscais, testemuños, probas, argumentos de especialistas e a sentenza do xuicio celebrado 16 e 17 de novembro último en Bruxelas, Bélxica, coa participación de maxistrados de prestixio internacional e de integrantes de organizacións de xuristas de Europa e os EUA.

Presentación de “Ocean Sur” na Habana, coa presencia do director do ICAP, técnicas da sanidade e xuristas participantes no xuizo de Bruxelas (Foto de Prensa Latina)

O presidente do ICAP, Fernando González, encomia  o alto valor xurídico do texto que o converte en ferramenta útil para o estudo, difusión e reclamación fundada e rigurosa contra a criminal política de asfixia económica, coa que os EUA buscan subverter o proceso revolucionario de Cuba.

Para González Laxe, heroe da República e presidente do ICAP, as páxinas do libro condensan as razóns expresadas en todo o arco político europeo en oposición ao bloqueo de Cuba que ven de superar os 60 anos e establece unha marca inigualada na historia contemporánea de agresión contra o dereito básico, garantido polo dereito interncional e refrendado anualmente por aclamación na Asemblea Xeral da ONU. A poboación da illa renega do cerco dos EUA e confirma a ilegalidade e natureza criminal desas medidas de bloqueo, acrecentadas con outras como a inclusión da nación caribeña no ilegal rexistro de países que foran considerados promotores do terrorismo, por decreto do goberno de Washington

Presentando o libro, o presidente da Unión Nacional de Xuristas de Cuba, Alexis Guinarte, salientou que o fallo condenatorio do Tribunal denuncia o atentado que representa o bloqueo contra a vida, a liberdade e os dereitos e a dignidade das persoas, circunstancias que sirven de base ao xurado para a cualificación de crime contra a humanidade e para reclamar a súa abolición inmediata con indemnización ao Estado cubano.

A directora de Inmunología Tumoral do Centro de Inmunología Molecular de Cuba, Belinda Sánchez, resumiu na presentación do libro aspectos da súa intervención no xuizo onde expuxo o impacto do cerco estadounidense sobre o traballo diario dos científicos da illa. Dixo que a persecución de Washington atranca, encarece e impide a adquisición de equipa e materiais e a provisión de gastos precisos para investigar e producir medicamentos;  asemade dificulta o acceso a documentación e aos necesarios intercambios de saberes e experiencias, con efecto negativo para o intercambio científico.

O carácter criminal das interferencias dos EUA quedou ben a vista  durante a loita contra a pandemia da Covid-19 ao subir de escala o bloqueo contra os esforzos de Cuba por adquirir equipamento e materias primas para o desenvolvemento das súas vacinas.

O libro Denuncia dun Crime. Memorias do Tribunal Internacional contra o Bloqueo a Cuba, Bruxelas 2023 é de libre acceso en español e inglés, na páxina de Ocean Sur: HTTPS://www.oceansur.com.npg/evm

Repaso anual do heroismo anti-cubano nas redes, pagado por Washington

José A. Amesty – TRAMAS (R. Arxentina)

As redes das Organizacións non Gubernamentais (ONG) baixo guía e salario da Axencia dos Estados Unidos para o Desenvolvemento Internacional (USAID) a Fundación Nacional para a Democracia (NED) o Instituto Republicano Internacional (IRI) e o Instituto Democrático Nacional (NDI) son intermediarios de contratos con empresas e actores radicados fóra e dentro de Cuba. Os obxectivos e programas destas ONG son fomentar aparencia falsamente desinteresada e dar prestixio a actores sociais presuntamente voluntarios para, de feito, favoreceren un cambio de sistema político en Cuba, fin último da política de Biden e dos poderes económicos que a súa presidencia representa.

Un mural de Bos Aires, alude a guerra do goberno de Washington contra Cuba, á que a Revolución responde con inventiva dixital.

Unha destas ONG millonarias, con fachada de defensora de dereitos humanos, é a citada NED  ou Fundación Nacional para a Democracia. Esta entidade adoita emitir en Maio un informe anual coa relación de entidades que gozan do respaldo dos EUA e consideran comprometidas na defensa da política internacional de Washington. Todas as organizacións que recibiron fondos entre 2021 e 2023 para levar adiante programas que afirman defenderen dereitos humanos e democracia en Cuba, figuran nesta lista.

Que o traballo atribuido a estas ONG corresponda e verdade, é outro cantar.  Deste xeito, podemos ver as tradicionais fundacións, organizacións e ONG que fagocitan orzamentos outorgados en transferencias anuais como  Diario de Cuba, Cibercuba, People in Need (PIN), Article 19 ou o Observatorio Cubano dos Dereitos Humanos (OCDH)

Dous proxectos menos coñecidos, foron creados para renovar o ataque mediático contra o goberno de Cuba, mais están a perderen credibilidade, frescura e a escasa influencia que lograran cun estilo de prensa marela. Un deles pode ser El Toque, anunciado nas redes sociais, o novo escenario de noticias falsas, e que foi relanzado con orzamento da embaixada dos EUA en Cuba, co fin de potenciar a guerra contra o Peso Cubano, coa vista posta na súa depreciación e no aumento conseguinte da inflación.

PAGADOS POLA NED  

Os que fan El Toque, evitan recoñeceren que están  pagados pola NED , mais por causa da guerra na Ucraína algunhas iniciativas europeas coma a Fundación Colectivo Más Voces, rexistrada en Polonia reclamaron máis atención o que reduciu o asignado a iniciativas coma a deste sitio da illa dirixido por José Jasan Nieves. Ben entendido que El Toque cos cartos da NED , e ,a maiores, cos  pagos da Axencia de Medios Globais (USAGM)  a través da empresa Media Plus Experience INC, axencia que branquea os pagos destas plataformas e dos seus colaboradores anónimos na illa.

A El Toque tanto lle ten o branqueo dos fondos que recibe; non fai caso do refrán da avoa: fuxe da ocasión e non terás desazón. Que llo pregunten se non a Shakira, Lionel Messi, Cristiano Ronaldo,  demandados por evasión fiscal e branqueo de fondos. Se cadra, non tardará o remate xudicial deste relato coa NED , El Toque e Cuba Siglo XXI.

É curioso que El Toque, non teña dado ese paso, como si que o fixo no seu momento Cubanet. De feito, é significativo que ignore o trámite legal, pois do mesmo xeito que Cuba Siglo XXI, corre o risco dun  proceso por evasión fiscal, contra o sitio e os seus colaboradores radicados en España.

Escasean os seguidores de Cuba Siglo XXI outro proxecto anti-cubano, menos coñecido, que salienta polos seus esforzos por despuntar e polo eco xordo que acolle seus comentarios. Tanto que se cadra non vai obter recoñecemento público da NED . Juan Antonio Blanco Gil, seu director, non convenceu coa súa intervención no seminario “O impacto da guerra en Ucraína”, celebrado en Madrid, malia que a NED  conserva seu sitio na lista e finanza as súas viaxes aos EUA. para reunións privadas con funcionarios.

O resto dos proxectos anti-cubanos, que dependen dos salarios da NED , continúan sen novidade: Diario de Cuba, o seu director, Pablo Díaz Espi, leva anos inventando iniciativas a eito contra a illa. A súa paixón polo ciclismo levouno a alternar as súas actividades privadas co proxecto Cubadata e encontros con diplomáticos checos en España para encetar estratexias de denuncias sobre a situación dos dereitos humanos en Cuba.

O xornalista Carlos Cabrera Pérez, expulsado de Cuba Próxima por ter filtrado acordos internos, foi acollido por Cibercuba para publicar artigos sobre presuntas conspiracións de membros do Ministerio do Interior da República de Cuba (Minint) e as Forzas Armadas Revolucionarias de Cuba (FAR) contra o Estado cubano. Esta interpretación procede da académica Laura Tedesco, profesora do College Saint Louis University en Madrid.

People in Need (PIN), segue na trela de organizar eventos académicos, reunións e viaxes de mercenarios internos a Europa e América Latina, baixo tutela da súa oficina rexional en Costa Rica.

Article 19, a través das funcionarias Claudia Ordóñez Víquez e Mikaelah Drullard, trasladou recomendacións ao Goberno nas sesións do exame periódico universal (EPU) e do Comité para a Eliminación de todas as Formas da Discriminación contra a Muller (CEDAW)

Como acostuma facer en proxectos de dubidosa actividade, a NED  manterá oculto o pago de actividades acometidas polo Observatorio Cubano dos Dereitos Humanos (OCDH)  que na última etapa centrou seu labor na confección de informes sobre presuntas violacións e detencións arbitrarias. Con todo, o que, si quedou claro foi que Elena Larrinaga, expresidenta de OCDH, deu desprazado Alejandro González Raga do seu cargo de presidente, en substitución da súa irmá Teresa Larrinaga.

No marco da Eurocopa 2024, é case posíbel que, dende a NED , fagan uso dunha estratexia similar a de Alemania e presenten de centro-dianteiros a Cuba Siglo XXI e El Toque coma propostas finais para cambio de Goberno e sistema político en Cuba.

A falsa democracia promovida polo goberno de Biden para América Latina, permanece no arquivo das falcatruadas famosas, coa súa proposta de golpe brando e a confianza na guerra non convencional contra Cuba.

A Casa Branca, gobernada polo Estado Profundo, recusa as medidas de apertura e despreza ao crecente sector privado en Cuba, con as súas reiteradas demandas de apertura. Arrían o pano democrático, aumentan os fondos e compromisos en proxectos que denigren os dereitos humanos en Cuba; deitan atrancos contra o sector estatal; inventan líderes de opinión para fabricaren unha sociedade á súa medida, comprometida cos seus intereses, para finalmente impulsaren un retroceso político radical na illa revolucionaria.

Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"

Visit Us On TwitterVisit Us On Facebook