QUE  É O QUE PASA CON VENEZUELA?

Farruco Sesto – NósDiario

A superabundancia do tema Venezuela en tódolos medios de comunicación, así como a constante referencia a ela por parte dunha chea de políticos convencionais que a utilizan para resaltar a súa propia estupidez, pon sobre a mesa unha pregunta que vén ao caso: Que é o que pasa con Venezuela?

O que pasa é que Nicolás Maduro gañou as eleccións para a presidencia da República

En verdade, poucos pensarían que un país de tamaño medio en canto a poboación, ao redor de 35 millóns, fóra un parteaugas tan importante da xeopolítica, como o é desde hai algúns anos.

Hai dúas razóns esenciais para que iso sexa así. Unha razón material: a do petróleo. E outra intanxible:  a do exemplo. A primeira delas adoita citarse moito máis que a outra, pero ao noso xuízo, as dúas teñen un peconsiderable. 

O que aparece en primeiro lugar é, pois, a existencia no territorio venezolano das maiores reservas petroleiras do mundo, ao mesmo tempo que a presenza doutras materias primas esenciais, tales como gas, ouro, ferro, aluminio, coltán, por citar algunhas. E tamén auga e biodiversidade. É evidente que, coa vista posta nelas, o infernal desexo de posesión destas materias primas, non lles permite conciliar o soño aos países occidentais de espírito imperial e neocolonial, particularmente aos EEUU. Necesitan endiañadamente poñer esa riqueza ao seu servizo.

Esta circunstancia de país con grandes riquezas naturais, é a que pon sen dúbida a Venezuela no mapa das tensións xeopolíticas, pois o petróleo, á fin e ao cabo, dígase o que se diga, é hoxe aínda unha fonte de enerxía imprescindible e o será por longo tempo, ata que as acaben as súas existencias.

A segunda razón, que tensa os ánimos nun sentido ou outro, é a do exemplo, vale dicir, a referencia como modelo dun país que, xustamente nos inicios do século XXI, logrou romper os seus tradicionais lazos dependentes, para transitar un camiño de plena soberanía, co apoio da gran maioría do pobo.

Brillante paradigma para uns, a dunha Venezuela independente, pero non para outros, que ven no exemplo da revolución bolivariana unha ameaza para os seus intereses.  De alí o seu protagonismo como tema constante na guerra cultural que se fai presente nos medios hexemónicos e nos espazos das redes. 

Para os medios do autodenominado Occidente, que cantan ao unísono con música paga, non valen argumentos  nin valen feitos. Non contan os mapas sempre dinámicos da realidade, senón os debuxos manipulados dunha xeografía inventada, onde Venezuela é un réxime oprobioso, que cada día atopa unha nova maneira de violar os dereitos humanos. Visións que se transforman en posicións predeterminadas na gran partida internacional de xadrez que se xoga no mundo de hoxe.

De maneira que non hai misterio algún. Estas son as razóns, a do petróleo e a do exemplo, polas que Venezuela é unha  invitada crónica e recorrente nos titulares de prensa, nos noticiarios de televisión e nas declaracións políticas para a galería.

 Unha revolución dentro da revolución

Pero mentres tanto, ante o barullo dos imbéciles, xorde unha pregunta inevitable: que é o que realmente está a ocorrer no país bolivariano?  Ou dunha maneira máis directa: Que é o que pasa en Venezuela?

A resposta neste caso é moi sinxela.

O que pasa é que Nicolás Maduro gañou as eleccións para a presidencia da República. E coa vitoria de Maduro, reafirmouse a vontade do pobo venezolano de seguir construíndo o socialismo. 

Coa economía enrumbada, a pesar de todas as agresións e bloqueos comerciais e financeiros, ata o punto de ser este ano o país latinoamericano con maior crecemento económico, Venezuela prepárase para impulsar con forza o seu Plan das Sete Transformacións.

Xustamente nestes días, o presidente deste país indomable,  chamou, a unha revolución dentro da revolución, para avanzar no goberno directo da xente, fortalecendo o estado comunal.

Mentres que na Asemblea Nacional trabállase no deseño e aprobación dunha lei contra o fascismo e o neofascismo, para consolidar a paz que o país necesita.

Dentro dese mesmo espírito, nestes días de setembro está a ter lugar en Venezuela un Congreso internacional contra o fascismo, con invitados de todos os continentes.

E para a primeira semana de outubro, está convocado o Congreso Nacional do Bloque Histórico Bolivariano, Popular, Chavista e Socialista de Venezuela para o Século XXI, que permitirá debater a visión programática, estratéxica e xeopolítica dos próximos 30 anos. De maneira que Venezuela, tranquila, sosegada e con nervios de aceiro, constrúe o seu futuro mentres croan as ras fastidiosas no estanque do xardín de Borrell.…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *