O goberno de Biden admite ter censurado Internet a Cuba mália súa constante crítica do atraso da Rede na illa

Rosa Miriam Elizalde – La Jornada

Só unha vez, que saibamos, o goberno dos EUA admitiu publicamente ter boicotado o acceso de Cuba a Internet. Novembro de 2022, o Departamento de Xustiza recomendou á Comisión Federal de Comunicacións a negativa dun permiso para a illa conectar ao cabo oceánico que comunica aos países do Caribe co continente americano. O argumento foi cómico. Alegou o risco de Cuba poder interconectar con China ou Rusia para estes usar a illa de pasarela para interferir a Rede estadounidense. A Rede Arcos-1, que pasa a 32 quilómetros da Habana, e leva máis de dúas décadas activa, conecta a 24 puntos de ancoraxe a Internet de 15 países do continente, a maioría con relacións fluídas e prolongadas cos adversarios estranxeiros que tiran o sono a Washington.

O Estado Cubano promove sinal aberto de internet mentres os EUA inclúen Internet no Bloqueo.

Só con responsos non che hai conexión a Internet. Son precisas alomenos tres condicións: una rede de telecomunicación, as computadoras ou equipos electrónicos que dialogarán cos seus pares no mundo e unha cultura de uso destas tecnoloxías. Se se vive nunha illa, necesítase máis que en calquera outro lugar de cabo submarino para conectar coas redes continentais. De feito, o 99 por cento do tránsito de datos en todo o mundo, terra firme ou non, navega por medio de cabos oceánisco, nos máis dos casos de fibra óptica, que suman máis dun millón de quilómetros.

Internet foi pensada como unha rede onde a información transita por camiños alternativos, para garantir a circulación de datos. Naceu dun decreto da presidencia de Kennedy en1962 depois de a Crise de Outubro ou Crise dos Mísiles evidenciar a vulnerabilidade dos sistemas de mando e control unidireccionais en caso de ataque nuclear. Con todo, a redundancia da rede ten hoxe máis limitacións que cando xurdiu Internet, porque case todos os cabos de fibra óptica conducen a EUA onde se atopa a columna vertebral da rede de redes.

Esta estrutura desigual dos cabos do Internet, fai que calquera información que se transmita dende América Latina cara a Europa, mesmo se é enviada dende un servizo na Patagonia a medio de servidores locais, pase case sempre polo NAP das Américas, situado en Miami. Por riba, os grandes cabos de fibra óptica que cruzan os océanos son propiedade dun feixe de empresas ligadas aos servizos de espionaxe, como explicara o ex axente estadounidense Edward Snowden.

Cuba, con unha extensa e ben documentada tradición de interferencias externas nas súas comunicacións, non é protagonista de intromisión ningunha. Sen ir máis lonxe, un informe de investigación conxunta publicado en setembro de 2023 polo Centro Nacional de Resposta a Emerxencias de Virus Informáticos de China e a compañía de seguridade da internet Qihoo 360 Technology, acusa á Axencia de Seguridade Nacional de Estados Unidos de dirixir máis de 10 mil ataques cibernéticos contra China, coa substracción de 140 gigabites de datos de importancia.

É imposible demostrar que Cuba sexa ameaza da ciberseguridade nestas condicións. Importa suliar que é a primeira vez que o Departamento de Xustiza admite, mediante unha recomendación burocrática, que Washington impide a conexión ao cabo submarino: Se cadra algún día recoñezan que entre os seus moitos bloqueos á illa está o de impedirlle adquirir tecnoloxía informática, amais de enormes dificultades para que poida acceder a servizos dixitais.

UNHA DÉCADA DE CENSURA

Repasando os principais fitos da guerra dixital de Estados Unidos contra Cuba, enténdese ben esta trapalleira historia. Mentres Europa e a maioría dos países de América Latina accederan a Internet a mediados dos anos 80 do século pasado,  a Cuba impuxéranlle unha década de censura da National Science Foundation (NCF) que impedia aos EUA chamar ou recibir sinal dende a illa.

Durante o Período Especial -a crise que sobreveu tras o derrube dos procesos socialistas en Europa do Leste a inicios dos anos 90 do século pasado-, a situación experimentou un cambiou considerábel. Os EUA coidaron que o socialismo en Cuba tiña os días contados e apostaron por unha glasnost dixital (transparencia dixital) para introducir propaganda estadounidense a eito e acelerar o desexado cambio de réxime en Cuba polo que aposta Washington dende hai máis de 60 anos.

A partir de 1996 e ao abeiro dunha normativa coñecida co noome de  Lei Torricelli ou Lei para a Democracia de Cuba, foi posibel a conexión da illa a Internet, pero só para acceder a contidos informativos, porque os límites ás prestacións que pode gozar un usuario cubano son ferreos. Administracións demócratas e republicanas mantiveron en pé estas políticas, aínda que Donald Trump aplicou unha estratexia de máxima presión  para asfixiar a economía cubana que foi continuada por Joseph Biden. Ambosdous presidentes incitaron a ultradereita cubana dos EUA a participaren activamente na creación de grupos privados e públicos en Facebook, a plataforma máis visitada da illa, co obxectivo de intoxicar a axenda pública nacional.

Hai evidenciaas de estes grupos teren incirrado as protestas de xullo de 2021 en Cuba, as da máis alta participación recordadas no país caribeño. O investigador estadounidense Alan Macleod infiltrouse nun destes grupos e demostrou que residen na Florida os principais incitadores dos disturbios en San Antonio dos Baños, a cidade na que comezaran as revoltas. “A participación de cidadáns estranxeiros nos asuntos internos de Cuba está nun nivel que dificilmente podería darse nos EUA”, escribiu Macleod en MintPress News, outubro de 2021.

Calquera investigador ten a man probas abondas do protagonismo do goberno dos EUA na campaña #SOSCuba, que xerou miles de contra-chíos (retweets) nos días previos e durante as protestas do 11 de xullo de 2021. Axentes das organizacións que reciben financiamiento do Goberno Federal, sementáronas e traballaron para inzalas a eito. Dende xaneiro do 2017 até setembro de 2021, documentouse que polo menos 54 grupos que operaron programas en Cuba, hai ben probasde teren recibido finanzamento do Departamento de Estado, a Axencia Internacional de Desenvolvemento de Estados Unidos (USAID) ou a National Endowment for Democracy (NED). Programas que duran dun a tres anos con finanzamento que ai de medio millón a 16 millóns de dólares.  A Casa Branca gabase do seu labor sen descanzo por identificar, recrutar, formar, finanzar e promover  persoas e organizacións determminadas a inzar o cambio político dentro da Illa.

Hoxe 7,5 millóns de cubanos (máis do 70 por cento da poboación) están conectados a Internet, mais non lles permiten en orixe ver Google Earth, usar o sistema de videoconferencia Zoom, nin descargaren sistemas informáticos abertos de Microsoft, nin comprar en Amazon, nin adquiriren dominios internacionais que poidan favorecer o turismo cara á illa, por mencionar algúns dos máis de 200 servizos e aplicacións bloqueados. Cando os provedores da internet detectan un acceso dende Cuba, estas empresas, estean en California, Madrid, París ou Toronto, aplican censura e advirten que o usuario se conecta dede un “país prohibido”.

Como parte da súa política para o cambio de réxime en Cuba, o goberno dos EUA, en pleno aliñamento bipartidista, intensifica nestes anos últimos o uso de técnicas de manipulación informativa en correspondencia co vertixinoso inzado do novo paradigma comunicacional, o dominio que exerce sobre as plataformas algorítmicas globais e a identificación de oportunidades e debilidades na sociedade cubana no proceso de transición cara ao escenario dixital.

Ergueu a asignación de recursos financeiros, tecnolóxicos e humanos con fins subversivos e adoptou medidas na estrutura normativa do bloqueo para facilitar o contaxio comunicacional na guerra non convencional contra Cuba, todo o cal reforza cada vez máis os instrumentos característicos da guerra cognitiva, segundo a denominación conceptual elaborada por sectores académicos, militares e políticos.

O Estado e a admiinistración de Cuba no entanto, adquiriron o conciencia do colosal reto que representa este novo escenario para a seguridade e defensa nacional, polo que elevaron o niivel de communicacións interna, de mobilización política e comunicacional e de acción cohesionada do Estado e de todo o pobo para contrarrestalo.

Xa que logo, case hai que lle dar as grazas ao Departamento de Xustiza dos EUA que afirma a cara lavada que é o seu goberno o que impide a conexión da illa á rede Arcos-1 que enlaza aos países caribeños. Se cadra por este camiño, Washington dará asumido que foi e segue a ser o inimigo número uno do acceso dos cubanos a Internet.

Versión en Galego para TSA de Áurea Couto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *