Cuba denuncia na OIEA o bloqueo que lle nega o uso pacífico da enerxía nuclear

TSA – Axencias

Cuba condena o agravamento da política de bloqueo que dende hai máis de 60 anos lle impón ilegalmente o goberno de Washington. Denunciouno en Viena José Fidel Santana Núñez, viceministro primeiro de Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente (Citma) con condena precisa da agresión extraterritorial que atenta contra o desenvolvemento da nación e o benestar dos seus cidadáns, viola a Lei Internacional e veda o uso da enerxía nuclear con fins pacíficos. A intervención de Santana tivo lugar na 68 Reunión Plenaria da Conferencia Xeral do Organismo Internacional da Enerxía Atómica (OIEA)  á que asistiu acompañado da súa equipa cubana.

A equipa de Cuba na asemblea xeral da OIEA en Viena

A Rede de Comunicadores Nucleares de Cuba reproduciu a protesta de Santana contra as medidas coercitivas unilaterais que afectan o desenvolvemento e os dereitos soberanos dos Estados. Manifestou seu agradecemento a OIEA pola súa contribución ao desenvolvemento de capacidades nacionais mediante a cooperación técnica e dixo que deberían perseverar na procura de novas formas de xestión que permitan a satisfacción das necesidades crecentes dos Estados Membros.

A OIEA eloxia o labor de Cuba na preparación de planes integrados e coordinados de emerxencia nuclear e radiolóxica e a estreita cooperación coas autoridades reguladoras en materia de seguridade e protección. Cuba é un pais con limitados recursos enerxéticos e os EUA impidenlle o uso de xeneración nuclear.

O viceminismo dixo que Cuba, consecuente coa súa tradición solidaria, brinda a todos os países, en especial aos países en desenvolvemento, os seus recursos humanos e capacidades adquiridas nestes anos de cooperación exitosa coa OIEA para contribuir ao uso das tecnoloxías nucleares en función da paz e o desenvolvemento sostíbel.

Describiu un contexto global nada alentador, no que o cambio climático ameaza con máis pobreza e fame mentres países e consorcios poderosos derivan seus recursos a tarefas menos nobres que a paliar esta situación. O estrago de incalculabeis recursos no desenvolvemento e modernización das armas nucleares, deixa en plena evidencia a desatención dos compromisos de axuda para o desenvolvemento.

O representante de Cuba asegurou que a universalización do Tratado sobre a Prohibición das Armas Nucleares só poderá atinxirse a medio do compromiso co multilateralismo e o desarmame nuclear de forma transparente, verificabel e irreversibel.

Reparou por fin na eficiencia da  xestión da División para América Latina e o Caribe da OIEA, na que Cuba foi dos países beneficiados con oportunidades de cooperación con alto cumprimento dos seus compromisos en proxectos nacionais e rexionais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *