Pasado 23 de xuño falecía na Habana, a consecuencia dun problema pulmonar que arrastraba desde había un ano, o revolucionario galego Óscar Fernández Mel, guerrilleiro na Sierra Maestra, compañeiro do Che no Congo e alcalde da cidade da Habana durante máis dunha década. Aínda que nado en Matanzas, Cuba, en 1931, con só un ano regresou a Galiza en compañía da súa nai e catro irmáns, residindo en Bretoña, a terra natal dos seus país até 1937, momento no que a familia decide regresar á illa do Caribe a consecuencia do levantamento franquista. Como lembraría o propio Fernández Mel anos máis tarde, “entre Bretoña e Mondoñedo vivimos sete ou oito anos e estudamos os primeiros graos da escola. Naqueles anos eu era moi inquedo e a ensinanza neses momentos era moi dura. As fins de semana e en vacacións iamos a Bretoña, onde o pasabamos moi ben, xogando ao aire libre ou acompañando os maiores na recollida das patacas”.
Mel, á esquerda do Che
Retornado a Cuba, remata os estudos medios en Matanzas, ingresando na
facultade de medicina da Habana, onde após licenciarse, pasa a incorporarse á
loita clandestina, subindo a Sierra Maestra, onde participaría como médico e
combatente na columna número 8 do exército rebelde mandado por Ernesto Guevara.
A vitoria revolucionaria levarao a ocupar diversas responsabilidades no goberno
cubano, primeiro como responsábel médico das forzas armadas revolucionarias e
posteriormente mandando tropas durante a invasión mercenaria de Praia Girón,
participacións que lle valerían importantes condecoracións pola súa valentía.
Unido por unha forte amizade ao Che Guevara, até o punto de vivir na súa
casa tras o trunfo da revolución, acompañaríao no continxente
internacionalista cubano que acudiu ao Congo para apoiar o proceso
revolucionario, sendo nomeado xefe do estado maior dos voluntarios cubanos,
atopándose a carón de Guevara en Kibamba, perto do lago Tanganika, cando o
arxentino recibiu a nova de que Fidel dera lectura á súa carta de despedida na
constitución do novo Partido Comunista en outubro de 1965. Fernández Mel
sinalaría tempo despois que non acompañou ao Che a Bolivia: “por atoparme aínda
en África, decidiuse que ficase conxunturalmente no porto de Tanzania como
responsábel de organizar a saída dos cubanos atrapados no Congo mentres el se
desprazaba, con xente máis nova e que non tivese queimada, a Bolivia”.
Os anos seguintes, Mel ocuparía diversas responsabilidades no goberno cubano. Vicexefe do estado maior das forzas armadas revolucionarios, fundador do Exército xuvenil do traballo, onde formou na unión da columna xuvenil do centenario e sobre todo na alcaldía da Habana, responsabilidade na que se mantivo entre 1976 e 1986, impulsando centos de proxectos que deixaron forte pegada na cidade. Unha das súas grandes preocupacións, xunto coa preservación e posta en valor do patrimonio do casco vello, será buscar unha solución para os problemas de mobilidade e transporte na cidade, proxectando a construción dunha liña de metro, cuxo deseño correspondeu a técnicos soviéticos e que finalmente non puido levarse adiante polos problemas xurdidos na illa trala caída do bloque socialista.
As últimas responsabilidades do revolucionario de Bretoña cinguíranse á area diplomática. Embaixador en diversos lugares do mundo, ocupou a delegación cubana en Inglaterra ou Finlandia durante os anos oitenta, mantendo até os seus últimos días un compromiso inquebrantábel cos ideais que o levaron á Sierra Maestra. Nestes últimos anos visitaría Galiza en diversas ocasións, as máis delas por cuestións persoais ligadas á súa familia galega, chegando a ser nomeado en 2009 fillo ilustre da Pastoriza, concello orixinario dos seus pais e onde residiu nos seus primeiros anos. Atendendo ao disposto por Fernández Mel, o seu corpo será incinerado e as súas cinzas serán enterradas en Santa Clara, a carón das do Che Guevara
Miguel Diaz-Canel di que Cuba enfronta un bloqueo xenocida e ao mesmo tempo vive unha loita contra outro bloqueo interior, expresado na mentalidade importadora, inimiga da creatividade, o endebedamento excesivo, os atrancos na xestión, a corrupción e ilegalidades como o roubo de combustibel, que declara incompatibeis cunha nación recoñecida en todo o mundo polo seu nivel de educación e a súa cultura política. Falando na Asemblea da Asociación Nacional de Economistas e Contadores de Cuba, ratificóu o anuncio de Alejandro Gil, ministro de Economía e Planificación, de que sexan os traballadores e traballadoras da empresa pública quen no prazo dun ano elaboren os programas de produción propios. O presidente chamou a superar formas de administrar burocráticas que favorecen a corrupción e frean a efectiva solución dos agudos problemas causados polo Bloqueo e invocou o exemplo da Xeración Histórica fronte os desafios do Periodo Especial.
Diaz-Canel intervén na Asemblea dos economistas de Cuba, celebrada 14 de xuño na Habana.
Recordou o Presidente que sendo a defensa a tarefa primeira da Revolución, a seguir en importáncia está a economía. “Vai a máis o Bloqueo, cruel, inmoral, xenocida, que compre enfrontar cunha creatividade á altura da profesionalidade do pais” . En palabras de Diaz-Canel, Cuba non vai renunciar á prosperidade e sostibilidade, mália ter unha economía pequena e cercada dende hai 60 anos. Falando na Asemblea anual da Asociación Nacional de Economistas e Contadores de Cuba, presidente ratificóu o anuncio de Alejandro Gil, ministro de Economía e Planificación, de a partir do ano vindeiro o Goberno propiciar que traballadores e traballadoras elaboren os programas de produción das súas empresas.
Para pór en prática o novo sistema de direción, o presidente concordou con Alejandro Gil en que compriría un cambio de mentalidad para facer efectiva a medida, demandada de vello polos traballadores. “Unha medida nova para un tempo novo, e unha decisión que non chega dende arriba; unha medida ousada e revolucionaria que, como dixo o ministro, esixe obxetividade, realismo e conciencia”.
COMO REPARTIR O QUE FALTA
Apelando a colaboración das economistas, dixo que compartia o malestar de quen quer honradamente apurar solución para os problemas principais e leva sempre conta de algunhas avaliacións superficiais que descualifican duramente todas as decisións do Goberno. Recordou que para poderen facer realidade esas ideas, compriría dispor duns recursos que ainda non existen e garantir asemade a xustiza social conquistada. “Pensamos en todas e todos ao enfrontar o dia a dia e tomar decisións sobre onde e cómo situar os recursos financeiros que o solimán do Boqueo non nos dá roubado. O dilema de cada día é como empregar mellor o que temos que, a diario, é quince ou vinte veces menor ca o demandado. Neses momentos penso particularmente naqueles que aparentando ter unha solución rápida para cada problema, deberian poder dicirnos como repartir todo o que nos falta.”
Reparou o Presidente na obviedade do argumento, no lugar no que estaba a pronuncialo. “Na América Latina temos exemplos abondo de partidários de desentendérense das responsabilidades do Estado con toda a sociedade e deixar as solucións ao mercado. Mais o noso non é un Estado calquera, é un Estado Socialista de Dereito, comprometido con garantir os dereitos fundamentais a todo o pobo. Esta segue a ser unha Revolución dos humildes, cos humildes, para os humildes.”
Dixo que non estaba en mans do Goberno decretar o fin do Bloqueo, atranco fundamental para o progreso do país, ferozmente agravado pola actual administración dos EUA que busca asfixiar a economía cubana por todos os medios. “Debemos concentrarnos, xa que logo, no que si depende de nós: a intelixencia, a creatividade, o esforzo. Como recoñecen os expertos, a xestión do coñecemento xa non é un factor máis na contribución ao desenvolvemento, senón que pasou a converterse no factor principal e determinante da productividade. De feito, as economías máis adiantadas están baseadas no coñecemento. Por iso insistimos tanto no vínculo vivo das Universidades coa economía e a sociedade. Ese vínculo faranos avanzar tan axiña como nolo permita unha das nosas maiores fortalezas: o coñecemento.”
O Presidente dixo que os 79.000 membros da Asociación Nacional de Economistas de Cuba (ANEC) eran unha peza básica na guerra contra os problemas que, por causa do Bloqueo ou de erros propios, comprometen o obxectivo de facer próspera e sostibel a economía. “En primeiro lugar, está ese perverso e cada vez máis numeroso conxunto de problemas que xera o Bloqueo, é dicir, perseguizón financeira, contracción do crédito por presións da administración dos EUA, porta pechada do mercado máis a man, ataque inclemente ás fontes de ingresos e ameazas con sancións ou as sancións mesmas contra todos os que teñan mentes de comerciaren con Cuba”.
“SI, PÓDESE2
Cuba revólvese farta contra o renovado cerco imperial, e o Presidente recorda que a Xeración Histórica fora quen de enfrontar creativamente a guerra económica durante 60 anos e abrir vias onde o inimigo chantaba atrancos.”Nas duras circunstancias do Período Especial, o Xeneral de Exército Raúl Castro Ruz, Primeiro Secretario do Comité Central do Partido Comunista de Cuba, convocáranos ao si, pódese, e si se puido, e desta tamén se poderá. Erguéranse deste xeito formidabeis solucións que agora permitennos enfrontar a nova xeira da mesma guerra en condicións melloradas. Cando dicimos Somos Cuba, Somos Continuidade, non expresamos unha consigna baleira”.
O compromiso que propón Diaz-Canel consiste en buscar, desenvolver e aplicar iniciativas xeradas polo pobo de Cuba para facer imposibel o regreso de necesidades e apuros, tan agudos coma os que houberan de enfrontar nos noventa e, deporparte, identificar e destrabar os atrancos do que algúns adoitan chamar o bloqueo interno. “Revisando as principais actividades económicas, percorrendo o país, intercambiando con dirixentes e traballadores, profesores e estudantes, investigadores e creadores, manexamos un listado de problemas económicos principais no que salientan un alto nível de endebedamento, insuficientes ingresos por exportacións, débedas por cobrar e o predominio dunha mentalidade importadora letal para a iniciativa e a creatividade; corrupción e ilegalidades que propician delictos coma o roubo de combustibel e, tamén, un ruin nível de aforro, inaceptabel nunha nación que o mundo recoñece polo seu nivel educacional e a súa cultura política. A batalla económica consiste, xa que logo, en xerar unha actitude máis resolta, intelixente e concreta dos dirixentes, convocados a pular por solucións seguras e concretas, a reforzar estruturas e equipos de dirección e xestión económica e non a sementar atrancos e demoras”.
Obxectivos como a mellora da empresa estatal, a sinerxia produtiva co investimento estranxeiro, as empresas mixtas, o turismo, o resto da economía nacional e o sector non estatal, foron tamén abordados na intervención. “Queremos pór orde na actividade do sector privado, mais evitando trabar ou frear seu desempeño; cómpre favorecer as mellores práticas até lograrmos a erradicación da ilegalidade, a sub-declaración e outras malas práticas. O reto é integrar a todos os actores, formas de propiedade e de xestión presentes na contorna económica e social nacional, incrementar as fontes renovabeis de enerxía, facer máis eficientes os procesos de investimento, fomentar un ambiente de confianza e seguridade en quen apostan por Cuba asumindo riscos e ameazas”.
Dentro do longo memorando de asuntos por resolver, Diaz-Canel establece prioridades “De certo, resulta vital incrementar as exportacións e a sustitución de importacións, cortar impagos, fortalecer nosa capacidade negociadora, modernizar o sistema bancario, impedir pagos superfluos na actividade administrativa e lograr real control dos escasos recursos. É comprida a lista do que debemos e podemos resolver para que medre a produción nacional, mellore a calidade dos servizos, aproveitemos todas as oportunidades de ingresos e fagamos crecer a economía dende a raíz, potenciando o desenvolvemento local. Citei só unha parte do extraordinario desafío, revolto por conflitos comerciais, intervencionismo, prepotencia dos poderosos, abuso de poder, crise ética, desprezo do Dereito Internacional, é dicir, unha Helms-Burton global que se propón implantar a lei do máis forte con desprezo absoluto pola supervivencia da especie humana. Mais como dixemos máis dunha vez, ningunha ameaza vai distraernos do noso deber de defender e soster a invulnerabilidad da Revolución Cubana”.
SOMOS CONTINUIDADE
O presidente recordou a Asemblea un discurso de Fidel de 1988: “Os nosos inimigos – dicia o Líder Histórico- asexan nosas verdades, e contra esa obra de todo un pobo calumnian por todos os medios posibeis, intrigan e tratan de subvertir e matar a esperanza, de sementar o pesimismo. Para que queren senón ese indecente bloqueo? Para crebar a moral do noso pobo que, con carácter case exclusivo no mundo, está sufrindo afago, guerra económica e non económica tamén, guerra política e ideolóxica da máis poderosa potencia que existiu xamais na historia; e, por primeira vez, unha potencia hegemónica a nivel mundial (…) O Imperio ten seus teóricos e ideólogos formados en universidades, aínda que xusto é dicir que alí tamén hai persoas intelixentes e sensibeis, non todos pensan exactamente igual; persoas que non comparten os métodos do Imperio, nin as políticas do Imperio ou o criminal procedemento de bloquear un país pequeno, de facer por rendelo por fame e por enfermidade. O Imperio ten seus teóricos e seus medios de divulgar o que pensan, e os pobos dominados por ese imperio global, deben ter tamén teóricos que han saír das filas dos intelectuais; en primeiro lugar, dos economistas. Dos economistas cun sentido político, non economistas para servir ás transnacionais, ou economistas para exerceren o simple papel de asesores. Economistas que desenvolvan ideas e as transmitan ao seu pobo a partir de fundamentos profundamente científicos, a partir da ciencia e da experiencia humana acumulada durante tanto tempo; economistas do pobo, que deben ser economistas políticos. E os políticos que non entendan, ou non queiran entender, ou que non devezan por aprenderen economía, non son dignos de exercer funcións políticas”.
Rematando a súa intervención, o Presidente dixo que a beleza do aporte e das realizacións, está en relación co tamaño dos desafíos que nos impoñen os peores momentos.”Traballemos no sentido de instalar a eficiencia e a cultura do detalle como prácticas de vida que nos libren da inercia, a preguiza, as trabas, a burocracia, a falla de sensibilidade e inquietude revolucionarias, a chafallada e a demora nas repostas e a acción; venzamos a inercia dos cansos e contaxiemos de entusiasmo aos comprometidos. Espérannos tempos de loita, pero tamén de esperanzas e de conquistas, de vitorias, porque: Somos Cuba! Somos Continuidade!”
Compre organización eficiente e suma de esforzos para o Movemento de Solidariedade con Cuba poder colaborar de feito na defensa da Revolución contra o acrecentado cerco imperialista, logo de 60 anos de Bloqueo. Eis o obxectivo proposto pola asemblea do XV Encontro de Solidariedade con Cuba do Estado español, celebrado do 7 ao 9 de xuño, na localidade madrileña de Rivas-Vaciamadrid, con máis de 200 delegadas e delegados, entre eles Erea del Rio Iglesias, presidenta da Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil e o ex-presidente Ramón Fernández Leal.
Douscentos delegados e delegadas porfiaron pola mellor defensa da Revolución contra o cerco imperialista. (Foto de Cubainformación
Sexta
7, Fernando González LLort, presidente do Instituto
Cubano de Amizade cos Pobos (ICAP) e Heroe da República de Cuba, definiu as
propostas desta institución ao Movemento de Solidariedade; Enrique Ubieta,
director de revísta Cuba Socialista, falou
de “Revolución Cubana: presente, pasado e futuro”.
Sábado
8, realizáronse cinco palestras simultáneas: “Fidel: a ética revolucionaria”,
“Cuba solidaria: solidariedade internacionalista e antiimperialista. O
Mundo solidario con Cuba”, “Agresións contra a Revolución cubana:
bloqueo, soberanía territorial”, “Revolución cubana e Estado
socialista” e “Medios de comunicación”.
José
Luís Rodríguez García, asesor do Centro de Investigacións da Economía Mundial
de Cuba e exministro de Economía e Planificación, presentou dúas ponencias:
“Economía: do Periodo especial á nova Constitución” e “Bloqueo á
economía cubana”.
Yailín
Orta, deputada do Poder Popular e directora do diario Granma, falou de “Cambios nos medios de Comunicación en Cuba,
retos e transformacións”, nunha mesa xunto ao coordinador de
Cubainformación José Manzaneda, que presentou o libro Cuba: verdades e mentiras.
Domingo
9, Luís Suárez Salazar disertou sobre “O ALBA e a ofensiva imperialista en
América Latina”, e Claudia Camba, presidenta de Fundación arxentina Un Mundo Mellor é Posibel (FUMMEP) e
coordinadora da cooperación cubana en Arxentina, tratou de “O
internacionalismo cubano ameazado”.
Sexta
feira, o grupo musical Juanjo Anaya y Los
Incrédulos, xunto a Arita Mitteen, realizaron un concerto de homenaxe ao
trovador Quintín Cabrera. Sábado, tocaron Orlis Pineda, Ismael da Torre, Mala Praxis e Repercusión.
Como nos últimos encontros, realizouse a entrega do premio ao medio máis mentireiro contra Cuba, que neste ano foi para a canle televisiva La Sexta.
No
plano de acción, as organizacións comprometéronse, entre outros aspectos, a
realizar unha campaña unitaria contra o Bloqueo e a Lei Helms-Burton, e a
profundar na aplicación do Plan de Medios de Comunicación do Movemento de
Solidariedade, aprobado no anterior XIV Encontro, realizado en Bilbao. Neste
Plan, Cubainformación considérase
ferramenta estratéxica fronte á guerra mediática.
O
Embaixador de Cuba en Madrid, Gustavo Machín Gómez, pronunciou as palabras de
despedida do evento.
Reportaxe sobre o XV Encontro, realizado pola Equipa de Cubainformación TV en Madrid: Ana Gil, Esther Jávega, Lázaro Oramas e José Manzaneda:
O presidente do Instituto Cubano de Amistad con los Pueblos (ICAP) Fernando González Llort pediu a solidariedade con Cuba en Galiza para acrecer a denuncia do Bloqueo e do esperpento xurídico da lei Helms-Burton, cuxo fin “non é tanto sancionar a investidores actuais, canto disuadir investimentos futuros e levar a economía de Cuba a un entalo; o que procuran é afogar a nosa economía mediante a asfixia total. Porén, resistiremos”.
Fernando González compartiu en Compostela cunha representación da solidariedade Galega con Cuba e chamou a incrementar a denuncia contra o Bloqueo e a Helms-Burton e a defender Venezuela.
Representantes de colectivos e partidos da Galiza, directiva e integrantes da Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil, e equipa do Consulado Xeral de Cuba en Galiza, compartiron en Compostela con Fernando González Llort, presidente Instituto Cubano de Amistad con los Pueblos (ICAP) e un dos Cinco Héroes Cubanos que estiveron 17 anos presos nos EUA. González chegou a súa cita coa solidariedade, acompañado por Yahima Martínez Millán, Cónsul Xeral de Cuba en Galiza, e por Joaquin Lacke, funcionario da sección de Europa do ICAP.
“¿Qué vai ser do mundo se os EUA saen adiante na súa na guerra contra Venezuela?”, pregunta González. “O imperio impón sen vergoña un mundo sen regras, a lei do abuso e da forza bruta en política internacional, na que o Dereito e a Soberanía parezan desertados. Para o Heroe cubano, na agresión a América Latina -Venezuela, Nicaragua, e Bolivia retentando, o morango da torta é Cuba, a Revolución cubana, a máis radical do continente, e levamos 60 anos. Trump di que somos unhaameaza, e leva razón, pero no somos unha amenaza militar nin de seguridade: a nosa ameaza é o exemplo e dóelles porque somos unha alternativa”
O presidente del ICAP referiuse con orgullo ao proceso de participación democrática que sancionara a nova Constitución de Cuba:“Se nos EUA realizaran un proceso coma o de Cuba, con todo o pobo mobilizado en proceso constituinte, Trump non duraría cinco días”.
Comentou González a súa impresión de visitar Láncara
precisamente na data do aniversario da creación do Ministerio do Interior, que tanto significa para el. “A historia de
Cuba tería sido outra de non ter emigrado Anxo Castro a Cuba”.
Logo de oferecer seus parabéns á Francisco Villamil por ter cumprido 35 anos de traballo solidario
con Cuba, González salientou que a opinión contraria ao Bloqueo refórzase en
todo o mundo o que encirra a actual administración ianqui que fai por desmantelar
todo o que se conseguira durante o goberno de Barack Obama, que non sendo
moito, deitaba alicerces para unha relación normal.”Trump leva agora a guerra
económica á extremos que mesmo Reagan non ousara atinxir”.
Cualificou de absurdo o título III da lei Helms-Burton que pretende revisar ás expropiacións, máis que xustificadas no caso de Batista e a súa familia e axentes. Francia, Gran Bretaña, Canadá, entre outros, aceptaran compensacións do Goberno Cubano que so EUA recusou de plano. “A Lei Helms-Burton é tan absurda que mesmo establece as cadras do que debe suceder en Cuba para cesar o Bloqueo, na hipótese de ser derrocada a Revolución. “Na súa visión colonial, non lles abondaría con implantar un goberno á súa imaxe e semellanza para arriar por fin o bloqueo, tanto é o odio que teñen á Cuba. Antes precisaría liquidar forzas armadas, CDRs, pioneiros, partido,etc. Algo que o pobo non o permitirá, coa solidariedade dos amigos de Cuba”.
González Llort reclamou
solidariedade para Venezuela poder resistir a guerra que se lle está facendo ao
goberno lexitimamente electo nunhas eleccións de transparencia incomparábel,
segundo James Earl Carter. “Os EUA desprezan
a consulta e defenden o protagonismo dun seu axente, só pola cobiza do petróleo
e por afogar o pensamento bolivariano”.
Tamén condenou en nome do ICAP os ataques do Imperio contra
Nicaragua, o encarceramento de Lula, co propósito de frustrar o proxecto do PT que
librara da miseria a tantos brasileiros; a perseguizón de líderes populares de
América Latina ou, xa fóra do Continente, o desprezo de Trump polo pobo
palestiniano ao mover a embaixada dos EUA en Israel a Xerusalem.
A Helms-Burton que o goberno de Trump emprega coma un ariete contra Cuba, non cumpre as garantias procesais básicas do sistema xurídico que a produce nin o dereito internacional. Trátase dun instrumento de agresión específica contra Cuba, dirixida a pór de xeonllos un pobo digno e acabar cunha revolución que conmove ao mundo pola súa valentía ao tempo que representa universalmente unha opción certa para defender a soberanía e pechar o paso ao imperialismo. A Helms-Burton fala de propiedades confiscadas e de bens confiscados e non de nacionalización, pola que un Estado, seguindo un proceso legal, pode dispor razoadamente de propiedades privadas precisas para o ben público.
Martirena, en Granma.
Mediante
diálogo e respecto a igualdade soberana dos Estados, o Goberno cubano abordara
un procedemento para indemnizar as propiedades nacionalizadas, segundo ficou
patente o 24 de decembro de 1996, ao aprobar a Lei 80 de Reafirmación da
Dignidade e Soberanía Cubanas. Logo de declarar a Helms-Burton extemporánea, allea, ilícita e inaplicabel
e sen valor nin efecto xurídico algún en Cuba, a Lei 80 establece aspectos de
especial significación, como son: considerar nula toda reclamación formulada en
virtudes da Helms –Burton, con independencia da cidadanía de quen a faga; reafirmar
a disposición do Goberno da República de Cuba a unha xusta compensación dos
bens expropiados ás persoas naturais ou xurídicas que nese momento ostentaban a
cidadanía dos EUA; considerar a indemnización por propiedades nacionalizadas a
estadounidenses como parte dun proceso negociador entre os gobernos de Cuba e
dos EUA; establecer unha comisión bilateral para examinar as compensacións a
que o Estado e pobo cubanos teñen dereito,para resarciren danos e prexuízos
causados polo bloqueo e agresións de toda caste, cuxa responsabilidade
corresponde ao Goberno os EUA.
Nestas
negociacións non poderá intervir calquera persoa, natural ou xurídica dos EUA
que se acolla aos procedementos establecidos na Lei Helms-Burton, ou trate de
empregalos en prexuízo de terceiros.
De porparte,
a Lei Helms-Burton recoñece o dereito a establecer demandas, ao amparo nos seus
tribunais, a persoas que no momento da nacionalización non eran cidadáns dos
EUA e adquiriron esta condición con posterioridade.
Chama
a atención outra reserva legal da Helms-Burtos, que no Apartado 6 da súa
Sección 302, prevé que «ningún tribunal dos EUA poida invocar intereses de
Estado para absterse de pronunciar unha sentenza sobre o fondo dunha acción
emprendida. Onde ficará a independencia xudicial dese país perante tan
rechamante intromisión do lexislativo nos ámbitos de competencia do poder
xudicial en detrimento da súa independencia de actuación. Estamos diante dunha violación palmaria da
orde constitucional e do complexo sistema de salvagardas
e contra-medidas
que garante a separación de poderes e a súa independencia.
James Madison, un dos pais fundadores dos EUA
e da súa Constitución, preguntaba que outro recurso poderia existir para manter
na práctica a separación necesaria dos poderes prevista na Constitución. A
vista do rematado fracaso todas as cautelas, Madison avisaba que non habia mais
remedio que armar unha estrutura interior do goberno, na que as distintas pezas
contasen coa garantía dun regulamento relacional que defendese as súas
funcións.
A
Helms-Burton desafia o mesmo acervo establecido polos tribunais de casación dos
EUA, unha doutrina que se converte en precedente de xustiza dende a sentenza de
1946 (o caso Underhill-Hernández) que deixou sentado que todo Estado soberano
está obrigado a respectar a independencia dos demais Estados soberanos, e que os
tribunais dun país non poden reunirse en sesión para xulgar os actos de goberno
doutro país realizados dentro das fronteiras de seu, de xeito que a reparación
de agravios por mor deses actos debe procura polos medios de que poden facer
uso os poderes soberanos nas súas relacións entre si.
O
Tribunal Supremo dos EUA, ditara en 23 de marzo de 1964 sentenza sobre a
apelación de Sabbatino contra o Banco Nacional de Cuba coa argumentación de que
mellor se serve tanto ao interese nacional como ao progreso do Dereito
Internacional entre as nacións, mantendo intacta a doutrina do acto de poder
soberano.
Detrás
da lei Helms-Burton, é tan dominante a intención de destruir a Revolución
Cubana que non respecta o propio ordenamento legal dos EUA nin a legalidade internacional,
entre outros casos, cando despreza as Resolucións 2625 (XXV) e 1803 das Nacións
Unidas, aplicadas ás nacionalizacións do
Goberno cubano en base a utilidade pública, seguridade e interese nacional, previstos
no texto como argumentos superiores. As
indemnizacións leváranse a cabo conforme ao Dereito Internacional e as normas
en vigor no Estado, que debe resolver en exercicio da súa soberanía, coa guarda
de solventar litixios conseguintes na xurisdicción
nacional do Estado que adopte esas medidas ou por arbitraxe xudicial
internacional.
A
pretensión do goberno dos EUA de limitar o proceso de investimento de capital
estranxeiro é outra vulneración da orde legal internacional, recoñecida como
recurso para o desenvolvemento dos pobos, quer polas Nacións Unidas quer na Organización
Mundial do Comercio.
Asociación de Amizade Galego-Cubana “Francisco Villamil"